Quantcast
Channel: A ÍNSUA DO ÍNSUA
Viewing all 101 articles
Browse latest View live

NO PRIMEIRO CENTENARIO DE JOSÉ ÍNSUA LÓPEZ, PEPE DA MOTA (II)

$
0
0

1
Cargadoiro da mina da Silvarosa, na ría de Viveiro, ca. 1910.  Foto de Pepe da Mota

1. Perfil da “Sociedad de Obreros”.

Ademais de rexentar en arrendo a Casa-Teatro de Viveiro no período de entre séculos, como xa explicamos na anterior entrega, Juan Antonio Ínsua Dorado, o pai de Pepe da Mota, exerceu durante algún tempo a presidencia da “Sociedad de Obreros”, unha entidade sobre cuxa historia queremos agora dar algunhas pinceladas, aínda que iso ralentice unha miga o noso relato sobre as raíces familiares e a traxectoria do noso devanceiro.

Fundada en decembro de 1888 a imitación da “Sociedad de Obreros” de Mondoñedo (1881) e ao abeiro do disposto na Lei de Asociacións promulgada o 30 de xuño do ano anterior[1], a “Sociedad de Obreros” de Viveiro tiña un carácter estritamente mutualista[2], orientado a paliar as intemperancias a que ostraballadores se puidesen ver sometidos (incapacidade, enfermidade, vellez…),a diferenza de entidades posteriores de signo ou ben simplemente corporativo, como a sociedade “Honradez y Laboriosidad”, que agrupou por breve tempo en 1903 o gremio dos xastres[3], ou ben máis reivindicativo e combativo que aparecerían na vila do Landrove nos primeiros compases da vixésima centuria, como a sociedade de carpinteiros “La Prosperidad” (1902), a “Agrupación Socialista” (1903) e, algo máis tarde, a “Sociedad de Obreros del Ramo de la Construcción” (1918)[4].  A constitución efectiva da “Sociedad de Obreros” viveirense foi notificada ao público lector de prensa por El Regional de Lugo nestes termos:

Se ha inaugurado en dicha localidad la Sociedad de Obreros, con numerosísima concurrencia. Pronunció un extenso discurso don Pedro M. Trobo [alcalde], á quien siguieron en el uso de la palabra los señores García Lamas, Lorenzo, Cordido, [Vicente] Leal y [Tomás] Galdo; leyendo una composición poética D. Camilo Arias, resumiendo el señor alcalde. Durante el acto, la banda municipal ejecutó algunos números de su repertorio[5].

O confesionalismo da nova entidade era explícito e foron continuas as mostras de proximidade ao espectro ideolóxico e organizativo do chamado “catolicismo social”, unha corrente que bebeu doutrinariamente as súas orientacións principais dos contidos da encíclica Rerum Novarum (1891) do Papa León XIII. Por iso mesmo, a “Sociedade de Obreros” de Viveiro colocouse desde o comezo baixo o padroado simbólico de San Francisco de Asís; nomeou en 1894 presidente de honra ao bispo de Mondoñedo[6], que lle fixo entrega de diversas axudas[7]; colaborou estreitamente coa “Juventud Católica” da localidade[8]; fixo parte do comité de recepción do Nuncio papal monseñor Ragonessi na súa visita á vila do Landrove en agosto de 1915; ofreceu reiteradamente a súa tribuna para a celebración de conferencias por parte de clérigos da zona; participou co seu estandarte e representación directiva en todo tipo de eventos e desfiles litúrxicos; concorreu aos actos do primeiro centenario do nacemento do fundador da Adoración Nocturna, o viveirense Luís Trelles Noguerol; etc., etc.

Con todo e con iso, a “Sociedad de Obreros” viveirense resistiu os intentos de control absoluto por parte das autoridades eclesiásticas da diocese de Mondoñedo e nunca se converteu strictu sensu, como algúns sectores non obstante pretenderon, nun verdadeiro “Círculo Católico” ao estilo dos existentes nesa época noutras moitas localidades. O propio bispo mindoniense, Manuel Fernández de Castro, tras cursar visita pastoral a Viveiro en xuño 1891 e asistir persoalmente a unha das xuntanzas da entidade, anotaría o seguinte comentario, ben elocuente:

Hay además un Círculo o Sociedad de Obreros, que tiene por patrón a San Francisco, como el de Mondoñedo tiene a San José, pero nada más. Asistí a una de sus reuniones y les di una plática. No entran por constituirse con Reglamento de Círculo Católico[9].

Tampouco se librou a entidade viveirense das inxerencias e efectos da loita de bandos “turnistas” da política a nivel municipal, recibindo apoio ou agravio alternativamente en función da simpatía ou antipatía que polas súas orientacións, o seu labor ou a composición das súas directivas sentisen os sucesivos “alcaldes por real orden”, fosen estes da corda liberal ou da conservadora. Nesta orde de cousas, parécenos ben reveladora a seguinte anécdota, que relatou El Regional de Lugo en xullo de 1911:

Varios socios de la agrupación obrera de Vivero escriben á un colega regional una extensa carta justificando la no concurrencia de aquella colectividad á los actos celebrados allí estos días con motivo de las fiestas de la Eucaristía. La Sociedad había sido previamente invitada para asistir á la procesión, y, con efecto, concurrió en colectividad al acto. Parece que por cuestiones de etiqueta, de señalamiento de puestos, hubo un ligero incidente, y esto determinó que la Sociedad de Obreros de Vivero no tuviese en la comitiva la representación adecuada. Lo sucedido produjo la natural molestia á los obreros, que se han sentido preteridos, imputando lo ocurrido á minucias de orden político, ajenas por completo al acto religioso que se celebraba. En Vivero ha sido comentadísimo[10].

2. Á procura dunha “harmonía social” que resultou quimérica

Tamén é verdade que, a pesar do que poida dar a entender aparentemente a súa propia denominación de “Sociedad de Obreros”, foi sempre unha sociedade “mixta”, non “de clase”. No seu seo, efectivamente, ao lado dunha masa ampla de asociados de orixes artesanais e proletarias, atopamos non poucos propietarios, elementos da burguesía comercial local e membros do clero das parroquias viveirenses. Neste sentido, un dos seus protectores máis destacados, pois cedeulle gratuitamente o local de que dispuxo e sostivo economicamente tanto as súas clases nocturnas como o seu, así chamado, “Comedor de Caridad”, foi o indiano filántropo Melitón Cortiñas Rodríguez (Galdo, 1848-Viveiro, 1933), designado presidente honorario da entidade en 1919 e obxecto de explícitas homenaxes por ese motivo como a que relatou o xornal católico La Integridad:

VIVERO.- Revistió gran solemnidad el acto de descubrir en esta villa una lápida costeada por la Sociedad de Obreros a la memoria de su benefactor D. Melitón Cortiñas Rodríguez, y fijada en la fachada de la casa social por éste regalada a la misma sociedad. Al acto concurrieron las autoridades, todos los obreros y muchas otras significadas personas, pronunciándose discursos alusivos por los distinguidos jóvenes D. Alfonso Quintana, alumno de la Facultad de Derecho; D. Fernando Pérez Barreiro, abogado y D. Manuel Antonio Méndez, obrero. Las bandas de música de Ribadavia y Vivero, ejecutaron unidas el himno nacional[11].

Este sector non operario nin artesanal presente na “Sociedad de Obreros” (auto)adxudicábase nela un rol orientador, “protector” e financeiro, velando, claro está, por impedir calquera signo de solidariedade no seu seo con folgas e manifestacións obreiristas contestatarias[12]e mobilizando a masa asociada, chegado o caso, para amparar as súas propias reivindicacións, como é o caso da construción do ferrocarril da Costa[13]. A cambio desa “protección”, os membros dese sector figuraban frecuentemente nos postos directivos e honoríficos da entidade e recibían por iso mesmo certa auréola social filantrópica.

Neste sentido, cómpre engadir que a “Sociedad de Obreros” contou en non poucas ocasións con axudas e subvencións oficiais para o cumprimento dos seus fins[14], máxime cando acabou por se erixir nunha especie de alternativa “moderada” e “de orde” na que intentar integrar unha parte do elemento popular fronte ao societarismo proletario máis combativo e ideoloxizado que arraigou na comarca da man das mobilizacións mineiras da Silvarosa entre 1901-1906 e que cobrou auxe a partir dos anos 20 da pasada centuria, fose de signo anarquista, fose socialista, nun contexto presidido polas desigualdades sociais moi marcadas, a ausencia de organismos oficiais de prevención e protección, a mínima rede sanitaria e educativa pública existente e unhas condicións de traballo diríamos hoxe terceiromundistas: xornadas laborais de doce ou máis horas diarias, traballo infantil e feminino en condicións infrahumanas, pagamento de salarios misérrimos, etc.

Moi relevante foi, en concreto, o rol desempeñado pola “Sociedad de Obreros” na grave crise de subsistencias que se viviu, en Viveiro como no resto de Galiza e de España, durante 1917/1918. O Diario de Galicia compostelán informaba, nesa perspectiva, que 

La “Sociedad de Obreros” de Vivero, vista la imposibilidad de adquirir trigo en la Coruña para venderlo a sus asociados a precio remunerador, ha comprado una partida de 50 sacos de harina que conducirá el vapor “Landro” en el próximo viaje.
E1 gobernador de la Coruña, con quien se avistó un representante de dicha sociedad, ha manifestado que él no puede autorizar la salida del trigo de los almacenistas coruñeses, ínterin estos nieguen existencias; pero que autorizaría e1 embarque del trigo que adquiriere la “Sociedad de Obreros” siempre que el grano fuese comprado fuera del radio de la Coruña.
La “Sociedad de Obreros” ha escrito a Betanzos y a Avilés, con el fin de poder conseguir una partida de trigo[15].

En recompensa ao seu papel decisivo na xestión social desa crise, pois despregou varias iniciativas que paliaron os efectos da carestía ou ausencia de produtos de primeira necesidade entre as clases menos favorecidas, a entidade mutualista viveirense elixiu como novo presidente en 1918, en substitución de Francisco Fernández Regal[16], ao tipógrafo de orixes ferrolás e traballador da imprenta do Heraldo de Vivero Esteban Fernández Temprano[17], home de militancia socialista que deu novo pulo á “Sociedad de Obreros”, como testemuñan a reforma do seu regulamento levada a cabo en setembro de 1918 para que os socios enfermos cobrasen 1’50 pesetas diarias de socorro e para que en rexime de cooperativa a entidade puidese adquirir partidas de fariña, xabón, aceite e outros produtos básicos, actuando así como economato; as obras emprendidas no local da entidade[18] ou un intento (finalmente desbaratado, iso si) de contar como conferenciante nela ao líder da U.G.T. Francisco Largo Caballero o día 5 de xuño de 1921, para escándalo de determinados sectores da masa societaria, dos que se fixo eco o xornal católico coruñés El Ideal Gallego mediante un solto asinado por “Un obrero vivariense”[19].

Con todo, Esteban F. Temprano veríase duramente golpeado no plano familiar polo infortunio, ao perder sucesivamente varias fillas na flor da vida, e por esa e outras razóns, acabaría afastándose da primeira liña de acción societaria, de maneira que a propia “Sociedad de Obreros” volveu ao seu tradicional rego doutrinario e ideolóxico e os sectores máis afíns ao estamento clerical volveron exercer sobre ela decisiva influencia. Non é casualidade, visto desde esta perspectiva, que o seu presidente, Tomás Galdo López, fose un dos individuos chamados polas autoridades militares, unha vez implantada a ditadura de Primo de Rivera, para constituír a nova Corporación municipal viveirense[20]ou que nas directivas de 1928 e 1931 figurasen persoas de claro perfil pío e ideoloxicamente conservador[21].Certo é que durante ese período ditatorial, a despeito de aparentes sintonías nas concepcións sociais e doutrinarias, non faltaron os problemas na relación entre a “Sociedade” e as autoridades locais, como se deduce deste texto publicado en El Pueblo Gallego:

Vivero.- Subvención.- Merece plácemes - y por ello le felicitamos cordialmente - la gestión del nuevo concejal de este Ayuntamiento D. Rafael Pérez, al conseguir que la corporación municipal otorgase, como era de justicia, a la Sociedad de Obreros la subvención de 500 pesetas anuales, que había sido suprimida anteriormente. A cada uno lo suyo; y por tanto un voto de gracias. […][22].



[1] Nesa Lei especificábase, no artigo 4º, que os promotores tiñan que presentar “dos ejemplares firmados de los Estatutos, Reglamentos, contratos o acuerdos por los cuales haya de regirse, expresando claramente en ellos la denominación y objeto de la asociación, su domicilio, la forma de su administración o gobierno, los recursos con que cuente o con los que se proponga atender a sus gastos y la aplicación que haya de darse a los fondos o haberes sociales, caso de disolución”. Polo artigo 10º, obrigábase tamén a que “toda asociación llevará y exhibirá a la autoridad cuando ésta lo exija registro de los nombres, apellidos, profesión y domicilios de todos los asociados, con expresión de los individuos que ejerzan en ella cargo de administración, gobierno o representación. Del nombramiento o elección de éstos deberá darse conocimiento por escrito al Gobernador de la provincia”. Contemplaba no artigo 12, por último, que “la autoridad gubernativa podrá penetrar en cualquier momento en el domicilio de una asociación y en el lugar en que celebre sus reuniones y mandará suspender en el acto toda sesión o reunión en que se cometa o acuerde cometer algunos de los delitos definidos en el Código penal”.

[2] Xa o diario católico vespertino El Lucense (núm. 1.214, 29.10.1888, p. 3), dando conta dos prolegómenos para a constitución desta entidade viveirense, sinalaba: “Según El Eco de  Vivero se trata de crear en aquella villa una sociedad de obreros, en la que tendrán cabida todos los que se dediquen á oficios mecánicos, y que perseguirá estos dos nobles y humanitarios fines: instrucción y auxilio”.

[3] Lemos sobre esta entidade no diario lugués El Regional (núm. 6.921, 21.1.1903): Honradez y Laboriosidad. -Aprobado por el Gobierno civil el Reglamento por que habrá de regirse la sociedad de sastres que con este título se ha constituido en Vivero, procedieron los socios al nombramiento de la siguiente Junta directiva: Presidente, D. Antonio Soto. Vice-Presidente, D. Francisco Yáñez. Tesorero, D. Antonio Méndez. Contador, D. Eduardo Paz. Secretario, D. Ramón Bermúdez. Vocales, D. Cándido lnsua y D. Miguel González”.

[4]Vide sobre o tema NUEVO CAL, C.: “O movemento obreiro en Viveiro”, en PEREIRA, Dionisio (coord.) (1992): Os Conquistadores Modernos, Vigo: Eds. A Nosa Terra, pp. 123-150.

[5] Cf. El Regional, Lugo, núm. 1.576, 09.1.1889, p. 2.

[6] Informaba nesta orde de cousas o diario lugués El Regional(núm. 4.330, 21.7.1894, p. 2): “El señor presidente de la Sociedad de Obreros y el director de El Diario de Mondoñedo, cumpliendo un honroso encargo de la de igual nombre de Vivero, entregaron el martes al Ilmo. y Rvmo. Señor Obispo de aquella diócesis, el Título de Presidente honorario ad vitam de los obreros de Vivero, dando con ello una prueba de cultura y buen gobierno y religiosidad”.

[7]En 1891, o Prelado entregáralle á sociedade un óbolo de 125 pesetas e en 1892 fixéralle unha doazón dun lote de libros para a Biblioteca, entre os que se atopaban un exemplar do Quixotecervantino e varias obras do Padre Coloma (El Eco de Galicia, Lugo, núm. 1.717, 03.2.1892, p. 3).

[8] Lemos no diario católico lugués La Voz de la Verdad (núm. 1.302, 10.11.1914, p. 1): “De Vivero.- […] Los profesores de la Juventud Católica comenzaron sus tareas de la enseñanza en los salones de la Sociedad de Obreros. Son muchísimos los alumnos que a estas escuelas asisten. El día de difuntos repartió dicha sociedad 150 libras de pan entre los pobres más necesitados”.

[9]Citamos por CAL PARDO, E. (2003): Episcopologio Mindoniense, Santiago: CSIC/Instituto Padre Sarmiento, Anexo XXVIII C.E.G., páx. 1.026.

[10] Cf. El Regional, Lugo, núm. 9.212, 6.7.1911, p. 3. Non é tampouco irrelevante o feito de que a entidade viveirense enviase en 1898 a súa adhesión á chamada “Comisión de Defensa de los Contribuyentes y los Gremios”, de Madrid, entidade presidida por Núñez Samper e que se caracterizou pola súa hostilidade cara á política económica do goberno liberal (Cf. El Liberal, Madrid, 12.12.1898).
[11]Cf. La Integridad, Tui, núm. 9.118, 4.9.1920, p. 2.

[12] A primeira das folgas operarias en Viveiro das que hai constancia verificouse en novembro de 1899, impulsada polos mineiros da Silvarosa e con ela solidarizaríase un aínda mozo Antón Villar Ponte desde as páxinas do xornal republicano Nueva Brisa.
[13] Lemos en El Correo de Galicia, Santiago, núm. 4.848, 13.1.1917: “Desde Vivero comunican detalles del mitin celebrado al domingo último en dicha ciudad, para recabar de los Poderes públicos que sea aprobado en las Cortes el voto particular formulado al presupuesto extraordinario de Fomento, por el representante en Cortes de aquel distrito don José Soto Reguera y otros diputados, miembros de la comisión de Presupuestos. Al acto asistieron más de siete mil personas, que llenaban por completo la anchurosa plaza de la Constitución, donde se celebró, concurriendo representaciones nutridísimas de los ayuntamientos de Cervo, Jove, Muras, Orol y Riobarba, que componen el partido judicial. Todas las corporaciones y sociedades de dicha ciudad asistieron asimismo al acto, así como la totalidad de concejales que componen el Ayuntamiento. Hablaron el alcalde D. José Marqués, el delegado de la Sociedad «Vivero y su comarca» don Justo Taladrid, el presidente de la Juventud Católica D. Fernando Pérez Barreiro, el señor Grela en representación de la Sociedad de Obreros y los señores Usero y Pérez é Insua Santos, de la Comisión Permanente ferrolana”.

[14] Como mutualidade obreira que tiña estabelecida asistencia médico-farmacéutica, recibiu en 1924, por exemplo, do Ministerio de Traballo, as cantidades sucesivas de 160’50 pesetas (Cf. El Progreso, Lugo, 28.3.1924, p. 3) e 500 pesetas (Cf. El Regional, Lugo, núm. 14.323, 25.11.1924, p. 3), mentres que en 1926 a subvención viuse reducida a 59’55 pesetas (Cf. Boletín Oficial de la Provincia de León, núm. 196, 27.10.1926) e en 1931 foi de 100 pesetas (Cf. El Pueblo Gallego, Vigo, Ano VIII, núm. 2.117, 16.1.1931, p. 8).

[15] Cf. Diario de Galicia, Santiago, núm. 3.012, 16.3.1918, p. 2.

[16] A directiva encabezada por este estaba composta por Alejo Corral (vicepresidente), Pedro Pérez Alonso (tesoureiro), Vicente Balseiro Colosía (contador), Ramón Canosa Suárez (secretario), Eduardo López (bibliotecario) e os vocais Bonifacio López Carro, Manuel Cora Rey, Jenaro Bartolomé e Modesto Fontenla (Cf. Heraldo de Vivero, núm. 297, 21.10.1917).

[17] Cf. El Correo Gallego, Ferrol, núm. 14.839, 24.1.1919, p. 2. Acompañaron a Fernández Temprano na directiva Eugenio del Valle Lodeiro (vicepresidente), Francisco Tojo Rodríguez (secretario), Eugenio González Martínez (tesoureiro), Rosendo Ladra (contador), Jesús García Albo (bibliotecario) e os vocais Manuel Díaz Basanta, Antonio Paleo Cal, Francisco García Parapar e Vicente Pérez Bouza (cf. Heraldo de Vivero, núm. 344, 15.9.1918). Nese intre a “Sociedad de Obreros” contaba 290 socios e 25 protectores.

[18]Adelantan las obras que vienen realizándose por la sociedad de obreros en su local social, de Vivero. Se construirán amplios salones para dedicarlos a la enseñanza y a fiestas” (Cf. El Eco de Galicia, Bos Aires, núm. 1.020, 10.2.1920, p. 6).

[19] Cf. “Largo Caballero en Vivero”, El Ideal Gallego, A Coruña, núm. 1.287, 16.6.1921, p. 6.

[20] Cf. El Regional, Lugo, núm. 14.047, 21.1.1924, p. 2.

[21] No diario vigués El Pueblo Gallego(núm. 1.224, 7.1.1928, p. 13), indícase que en “la última sesión celebrada por esta Sociedad resultó elegida la siguiente Junta directiva para el corriente año de 1928: presidente, D. José Núñez Rodríguez; vice, D. Miguel González Cordido; tesorero, D. Salvador Rego Taladrid; contador, D. Manuel Tojo Rodríguez; secretario, D. Luis Tiagonce; vice, D. Manuel Díaz Amado; bibliotecario, D. Francisco García Gómez; y vocales, D. José Prieto Fernández, D. José Fernández Cortiñas, D. Rafael Salgado Gómez y D. Vicente Lage Cora”, mentras na revista viguesa Vida Gallega (número 473, 20.1.1931, p. 50) infórmase que “El gobierno de la Iltma. Sociedad de Obreros de Vivero, para el año corriente será gestionado por la siguiente junta: Presidente, don Luis Tiagonce Caballero; Vice, don Victoriano Rivera Cervo; Tesorero, don José Villar Rivera; Contador, don Manuel Tojo Rodríguez; Secretario, don Julián Hernández Hernández; Vice, don Álvaro Franco Sierra; Bibliotecario, don Rogelio Pena Rivera; Vocales: don Juan Prieto Chao; don Francisco Soto; don José Pérez López y don Antonio Pedreira López”.


[22] Cf. El Pueblo Gallego, Vigo, Ano V, núm. 1.224, 7.1.1928, p. 13.

NO PRIMEIRO CENTENARIO DE JOSÉ ÍNSUA LÓPEZ, PEPE DA MOTA (III)

$
0
0


Fotografía de Pepe da Mota, ca. 1907
1. Labores da “Sociedad de Obreros” viveirense.


Alén da súa vertente propiamente mutualista e asistencial, resumida na tríade “auxilio, médico e enterro”, a “Sociedad de Obreros” de Viveiro que presidira nos seus primeiros compases o noso tataravó Juan Antonio Ínsua Dorado despregou unha faceta recreativa, educativa e cultural moi relevante no contexto social desa época, da que cómpre falar.

Ademais de crear, coa inestimábel axuda do entón ministro Manuel Becerra[1], a súa propia biblioteca (da que o propio Pepe da Mota sería encargado nalgúns momentos) e de ofrecer aos seus asociados a lectura gratuíta de prensa periódica, a “Sociedad” animou numerosas veladas e bailes no seu local social, fomentou a formación de comparsas de Antroido e a celebración do “Enterro da Sardiña”, constituíu diversos agrupamentos musicais e teatrais amateurs (un Orfeón dirixido por Juan Latorre[2], outro posterior tutelado por Pedro Marco, o grupo musical “Brisas del Landro”, un cadro de declamación animado por Pepe da Mota do que falaremos máis adiante, etc.) e chegou a promover a partir de 1909, en colaboración co Concello, unha Academia de Música tamén dirixida polo mestre Latorre[3].

Así mesmo, a “Sociedad de Obreros” ofertou conferencias dominicais divulgativas, como a que impartiu Emilio Tapia Rivas en 1889 sobre “Consumo personal, El ahorro”[4], as que ofreceron a finais de 1898 varios sacerdotes da bisbarra[5]e a que ditou nese mesmo ano do Desastreo subdiácono e xornalista Jesús Noya González[6].

Con este despregue de iniciativas, a “Sociedad de Obreros” gañou rapidamente a querenza e o respecto de amplos sectores e puido presentar moi axiña balances positivos en todas as ordes, como testemuña a prensa da época:

Dice El Reparador, de Mondoñedo, acerca de la naciente Sociedad de Obreros creada en Vivero: “Hemos recibido carta de un amigo de Vivero, en la que nos participa el floreciente estado de aquella Sociedad de Obreros, cuyos beneficios empezaron ya a notarse.
Dicha sociedad, cuya subsistencia depende de suscripción popular, háse encargado ya de la asistencia de algunos obreros enfermos, y no pocos de los socios que no sabían leer ni escribir adquirieron dentro de la misma lo que por abandono u otras causas no habían aprendido en los primeros años de su vida.
Leen y escriben perfectamente, á pesar de no contar la benéfica sociedad un año de existencia.
Lamenta en su carta el amigo que nos escribió, que el ayuntamiento haya negado en absoluto toda protección á la Sociedad de Obreros, lo que ocasionó general disgusto en la vecina villa[7].

Ao pouco de constituída, sumaba máis dun cento de socios de número e case outros tantos socios e socias protectores[8]e pechaba o seu primeiro exercicio contábel “con un remanente de 570 pesetas, después de cubrir todas las atenciones, incluso el pago de los alquileres de la casa en que está instalada”[9].

Agora ben, talvez a súa iniciativa de máis ambicioso empeño fose a posta en marcha xa no curso 1888/89 de clases nocturnas para a alfabetización do elemento proletario, da que se beneficiaron non poucos socios, incluídos os seus fillos de entre 8 e 15 anos de idade:

Cada día reina más animación en las escuelas de la Sociedad de Obreros de Vivero. Todas las noches concurre gran número de socios á recibir la instrucción elemental que, desde 1º del mes pasado, les facilita aquel importantísimo centro[10].

No curso 1890/91 continuaron as clases nocturnas de primeiro ensino a cargo dos mestres Gerónimo Mosquera e Amador Fernández[11], mais a insuficiencia de espazo do local do antigo convento de San Francisco usado a tal fin para atender toda a demanda de prazas existente fixo que os directivos da entidade se dirixisen ás autoridades municipais nos seguintes termos:

La sociedad de obreros de Vivero, ha dirigido al ayuntamiento de aquel pueblo una solicitud en la que, con razones poderosas, pide la traslación de la Escuela nocturna de adultos, del local de San Francisco en donde está instalada la Escuela pública de niños, al edificio de la Sociedad, á cuyo efecto ofrece su amplio salón de actos[12].

Con altibaixos, esa oferta educativa dirixida ás clases traballadoras alargouse durante os lustros seguintes (en 1916 o mestre encargado de impartilas era Alejo Corral González, mentres en 1917 impartía nocións de debuxo o presbítero Manuel Fernández Mosteiro) e na colección do xornal galaico-arxentino El Correo de Galicia puidemos ler emotivas crónicas como a seguinte, de 1928, pola que desfila entre moitos outros o nome dun dos factótumsimprescindíbeis durante moitos anos do propio semanario El Heraldo de Vivero que acolleu orixinariamente estas humildes liñas, Luís Neira Río:

Vivero. En la Sociedad de Obreros.
Acto muy simpático y alentador fué el celebrado en la casa social de la benemérita “Sociedad de Obreros” vivariense como terminación del curso de clases nocturnas costeadas por el constante protector de las clases desvalidas, señor don Melitón Cortiñas Rodríguez, en favor de los niños pobres de la localidad. Dichas clases estuvieron siempre concurridísimas, pues los profesores D. Ángel Chao Ledo, virtuoso e ilustre presbítero, y D. Prudencio Bermúdez Rego, de ya probada competencia, supieron atraerse los pequeños alumnos, haciéndoles grata su asistencia a la Escuela de la Sociedad. Y no olvidando el filántropo señor Cortinas, atender al cuerpo al mismo tiempo que al espíritu, todos los sábados, por cuenta de aquél, eran obsequiados los niños con bollos que les sabían a gloria después de dos horas de aplicación.
Los exámenes a que aludimos constituyeron, no sólo un acto muy simpático y muy alentador, como al principio decimos, sino también un honroso éxito para los señores profesores que en laudable interés se consagraron a la instrucción de sus alumnos y a secundar puntualmente las excelentes intenciones del creador y sostenedor de dicha Escuela y de la Ilma. “Sociedad de Obreros”.
Con medalla y diploma de Sobresaliente fueron galardonadas José Otero González, Juan Salgado Rodríguez, Faustino Eiroá Labandeira y Luis Timiraos Cervo. Con diploma y calificación de Notable: Manuel Fernández Cerco, Jesús Ríos, Antonio Grandío Polo y José Rego Fernández. Con diploma y nota de Aprobado: Juan Rodríguez Cociña, Juan Pasarón Pena, Luis Neira Ríos [sic] y Antonio Suazo. Y con mención honorífica, los demás alumnos hasta setenta y cinco. Tanto los diplomas como las medallas eran de verdadero gusto artístico, siendo obsequio de la “'Sociedad da Obreros”.
Constituyeron el Jurado y tribunal de exámenes, además de los señores don José Núñez Rodríguez, presidente de la sociedad, D. Manuel Tojo Rodríguez, contador, don Manuel Díaz Amado, secretario, y D. Julián Hernández, vicesecretario, los señores D. Jesús Antas Díaz, inteligente oficial primero habilitado del Registro de la Propiedad y ex concejal corporativo por la indicada sociedad y el secretario del Ayuntamiento  D. José Antonio Pernas Peón.
Después de una brillante disertación al alcance de los niños pronunciada por el profesor D. Ángel Chao Ledo dándoles sanos consejos para la vida y para conseguir la felicidad postrera, todos los alumnos fueron espléndidamente obsequiados con dulces y licores, costeados por los señores Antas Díaz y Pernas Peón, y con bollos e higos a la salida, costeados por la sociedad. El presbítero profesor D. Ángel Chao obsequió también á sus discípulos con hermosas estampitas religiosas como recuerdo de su convivencia escolar. […][13]
  
2. Logros e amarguras de Ínsua Dorado á fronte da “Sociedad de Obreros”



Durante o seu mandato presidencial da “Sociedad de Obreros”, alén de representar a entidade no acto de colocación da primeira pedra do monumento a Pastor Díaz na Praza Maior, o 16 de xullo de 1890, e de promover nesas mesmas datas a celebración dunha velada músico-literario-teatral no Caixón dos figos en honra do autor da “Alborada”, o noso tataravó Juan Antonio Ínsua Dorado veuse envolto nalgún episodio desagradábel que desembocou na expulsión dalgún asociado e na celebración dun acto de conciliación no xulgado, do que deu conta así El Vivariense:

El viernes próximo pasado, se celebró acto de conciliación entre D. Juan A. Insua Dorado presidente de la Sociedad de Obreros, y D. Vicente Leal ex-socio de la misma, por creer este Sr. que la junta general no tenía bastantes facultades para expulsarle.
¡Pobre Rafael, entre que manos te veo metido![14]

Deitan algunha luz sobre a índole dos problemas que levaron a esa situación anotada algúns soltos inseridos polo propio semanario liberal días máis tarde. Nun deles aclara:

Se acercaron á nuestra redacción varios individuos de la Sociedad de Obreros lamentándose de que la autoridad local tenga que intervenir, por disposición del Sr. Gobernador, en asuntos de orden interior de la misma.
Parece que algunos socios que fueron expulsados de ella por justos motivos, acudieron á dicha Superioridad, á fin de conseguir el reingreso; y lo cierto es que desde que dejaron de serlo, se goza allí de tranquilidad completa.
Hay que dar cuenta de tales individuos; porque el fin que se proponen es trastornarlo todo, ya que no les sea posible monopolizar en provecho suyo los intereses de la sociedad[15].

Noutro “solto” posterior, o mesmo semanario reflicte o clima de animadversión dos socios obxecto de expulsión contra o presidente da entidade mutualista e arrendatario do teatro viveirense, animadversión que se traduciu polo que parece nunha “campaña de desprestixio” arredor do presunto mal estado do citado edificio teatral:

Hay quien dice si la poca concurrencia al teatro, será debida á la calumnia que propalaron ciertos individuos, de que el estado de este edificio es ruinoso.
A depender de esto, los actores de tan linda azaña [sic] merecerían un grillete[16].

Nun terceiro texto relacionado co asunto, El Vivariense relata:

No nos ocupamos del alboroto que tuvo lugar el día 21 en el teatro de esta villa, porque consideramos que el infeliz ajumaoque le provocó, obraría quizás sugerido por los que le pusieron en aquel estado, y además por la compasión que nos causó el ver que se había lastimado en la cara aunque con eso se cumpliese el adagio gallego que dice “Quen ten a lengua dura que teña a costela dura”.
Si la Guardia Civil viera el escándalo que aquel desgraciado promovió, tenemos la seguridad que no le dejaría continuar tanto tiempo, siendo objeto de la atención general, sinó que lo echaría del local ó le conduciría á la cárcel[17].

E aínda nun cuarto comentario, o semanario desvela algunhas claves máis para comprendermos as desavinzas que estaban no fondo desa “campaña” que colocara Ínsua Dorado en canto presidente da “Sociedad de Obreros” no centro do furacán:

Copia; y comenta muy bien nuestro estimado colega El Reparador de Mondoñedo:
“Nuestro apreciable colega El Eco de Vivero quiere y no quiere que el hermoso teatro construido en aquella villa reúna condiciones de seguridad.
El salón, dice nuestro colega, “hoy por hoy reúne garantías de seguridad, pero, por vía de precaución sería conveniente asegurar con tirantes de hierro las tigeras que sostienen la techumbre”.
¿El que construyó el teatro de Vivero es presidente de la Sociedad de Obreros vivariense?
Comprendemos el tira y afloja de El Eco y también el hoy por hoy de la seguridad.
Si es, ó no es mentira
Lo debemos comprender
Pues el afloja y tira
De El Eco nos hace ver
La intención en que se inspira[18].

Fotografía de Pepe da Mota, ca. 1910
No proceso de elección de nova directiva vivido na entidade o 31 de decembro de 1890, Juan Antonio Ínsua Dorado deixou paso na presidencia a Rafael Galdo, que rexentaba un comercio de xastrería. Así e todo, algún tempo despois, na renovación efectuada pola “Sociedad" o día 5 de xaneiro de 1894, o pai de Pepe da Mota volveu a formar parte do elenco directivo, desta voz en calidade de vicepresidente. Acompañábano Celso Varela Arizaga (presidente), Antonio Martínez (contador), José Mª Quelle (tesoureiro), Francisco Fernández Regal (secretario), José González (bibliotecario) e os vocais Francisco Canosa Leal, Epifanio Ferro, Benigno Vázquez e José Casal Cora[19].

Finalmente, o día 2 de xaneiro de 1895, Ínsua Dorado cesaría no desempeño desa responsabilidade, asumida a partir de entón polo tamén carpinteiro de oficio Juan Eiroá, co futuro alcalde José Marqués González como presidente; José Rodríguez Teijeiro como contador; Esteban Alonso como tesoureiro; Andrés Vázquez Guerrero como secretario; Román Alonso como bibliotecario; José Sampedro, Vicente Fernández Chao, José González e Ramón Alonso como vocais e Francisco Antas, Francisco Peláez, Rosendo Ladra e Manuel Gómez como suplentes. No balance de contas presentado pola directiva saínte, o remanente favorábel á entidade elevábase á notoria cantidade de 2.161,25 pesetas[20].

Entre os proxectos desa nova directiva figurou a organización para agosto dese mesmo ano de 1895 dun magno Certame Artístico[21]e chegou a constituírse unha amplísima comisión organizadora, baixo a presidencia honoraria de Vicente Martínez Bande, Ramón Rebellón Zubiri, Urbano de Bedia, Emilio Collazo, José A. Parga Sanjurjo, José María Pillado e Amando Osorio Bolaño, con Pedro Manuel Trobo como presidente efectivo e o concurso doutros destacados membros da oligocracia funcionaria, empresarial, financeira e comercial do Viveiro desa época[22]. Ata onde sabemos, porén, tal evento non chegou a realizarse. O subdiácono e redactor de El Eco de Vivero Jesús Noya responsabilizaría directamente a “Sociedade de Obreros” dese fracaso, pois, ao seu ver, “por lo visto consumió su actividad en la organización de entierros de la sardina[23].

3. Outras facetas salientables do pai de Pepe da Mota

Non ficaría completo o sintético retrato do popular Tío Novenas que viñemos ofrecendo se non aludísemos, canda o seu rol directivo na “Sociedad de Obreros” e a súa xerencia da Casa-Teatro, a algunhas outras facetas que desenvolveu no Viveiro do seu tempo.

Foi, sen irmos máis lonxe, un dos promotores principais da célebre comparsa antroideira e festiva dos “Armantes”, impulsada entre 1872 e 1882 canda Vicente Sergio López Carril, Joaquín Ávila Acebedo (Quinco), Manuel Sampedro López, Francisco Fernández Suárez (Paquillo), Víctor Donapetry Iribarnegaray, Romualdo Real, José Acebedo Caballero, Juan Basanta (a) Xabán, Manuel Vicente Castañer e Francisco Terrón (a) Beiser. As iniciativas e alburgadas deste agrupamento foron glosadas polo cronista Juan Donapetry no Libro-Programa das festas patronais de 1955 e noutro fermoso artigo en 1992 polo noso chorado amigo o doutor Fausto Galdo Fernández[24]. Foi sona no Viveiro de finais do século XIX, como sinala o autor da Historia de Vivero y su Concejo, que

No hubo diversión, no hubo fiesta, no hubo acontecimiento en Vivero en que los Armantes no desempeñaran el principal papel; organizaron manifestaciones patrióticas y comparsas carnavalescas, dieron serenatas, actuaron en representaciones teatrales, pronunciaron discursos, leyeron poesías, formaron una orquesta para dar mayor esplendor a varios actos religiosos y profanos […] y celebraron animados banquetes.

Tamén figurou Ínsua Dorado, canda o impresor Botino, o ebanista Manuel Taboleteiro e o escribán Sergio López Carril, por exemplo, entre os asiduos, pouco frugais e nada abstemios visitantes da caseta de Cipriano García, pai do poeta Alfredo García Dóriga, coñecida co nome de “O Bosque”. Segundo relatou co seu habitual sentido do humor Ramón Canosa, aconteceu que en certa ocasión o dono desa caseta, en sinal de agradecemento pola axuda emprestada á goleta británica Storm, recibiu un lote de bebidas. Entón

se nombró depositario sin fianza a José [sic] Antonio Insua y como nadie había de distinguir lo que eran arakés, marrasquinos, suaps, vespetros ni pérsicos, se acordó someter la partida a una simplista clasificación. A un lado, bajo la titulación de “con palleiro”, las botellas que traían cubierta de paja, y al otro, bajo la enseña, “sin palleiro”, las que venían desnudas. Los efectos de las primeras debieron ser tan enérgicos que en el vocabulario popular quedó una frase para indicar que una persona se excedió en sus libaciones, pues aún hoy se oye decir:“Leva un palleiro que non se lambe”[25].

En setembro de 1894, o Tío Novenas resultou elixido membro do xurado popular, polo sector de “cabezas de familia”, que tivo que intervir na Audiencia Provincial de Lugo na causa instruída contra o ex alcalde de Viveiro José Sánchez Marroquín por delitos de “cohecho y malversación”[26]. Volvería ter que desempeñar ese papel no 1900, para intervir na mesma Audiencia antecitada nas causas instruídas contra José García, por falsidade, e José Cortiñas Gato, por homicidio[27].

En xullo de 1895, Ínsua Dorado aparece como un dos numerosísimos doantes na colecta que se organizou en Viveiro para “aliviar la desgraciada suerte de las familias de los náufragos que perecieron en esta ría el día 18 de Junio último”[28].

Na sesión municipal do 15 de abril de 1896, convocada para tratar da elección de medios para facer efectivo o encabezamento do distrito con Facenda (ou sexa, a recadación de consumos) nomeouse unha xunta de asociados, que estivo composta, entre outros, polo noso tataravó[29].

Non podemos concretar en que ano deixou o Tío Novenaso arrendo do “Caixón dos figos”, aínda que imaxinamos que debeu de ser máis ou menos pola mesma época en que o seu fillo José trasladou o gabinete fotográfico para a Avenida de Cervantes. Cónstanos, iso si, que o célebre coliseo continuou sendo arrendado polo Concello durante algún tempo máis, se ben convertido xa na práctica nunha sala de proxeccións cinematográficas, principalmente[30]. En setembro de 1915, o alcalde José Marqués adxudicou o arrendo da Casa-Teatro a Manuel Rivera Vázquez pola cantidade de 1.812 pesetas anuais, en detrimento das ofertas presentadas por outros aspirantes[31].

O noso tataravó faleceu finalmente o 7 de xuño de 1917, dentro dun ciclo de desgrazas familiares verdadeiramente tráxico que envolveu a súa estirpe nos meses seguintes, como logo veremos. O semanario El Heraldo de Vivero fíxose eco da triste nova[32]e Pro-Neutralidad dedicou ao finado estas liñas necrolóxicas:

El día 7 del actual, tras breve enfermedad, dejó de existir nuestro estimado convecino D. Juan Antonio Insua Dorado.
Era el finado persona a quien todos estimaban por las condiciones de su carácter afectuoso y bueno.
Fué maestro de obras, y de él se dijo que había sido el más competente de su tiempo.
Presidió la “Sociedad de Obreros”, de la que fuera uno de los fundadores, y a pesar de que le tocó a regentarla en una época de disidencias y revueltas, supo con su carácter e inteligencia pacificarla y elevarla a buena altura.
Actualmente era hermano discreto de la V.O.T. […]
Murió como buen cristiano, rodeado de sus hijos y nietos […][33].

       4. Un talento feminino que ficou escurecido: Celia Ínsua López

Entre os varios irmaos e irmás que tivo Pepe da Mota(Carmen, Lola, Rosario,….) cabe que singularicemos especialmente dous, tanto pola vea artística que amosaron como pola influencia grande e directa que, sen dúbida, exerceron sobre o seu talento e a súa propia personalidade: Celia e Laureano.

Celia Ínsua López (1875-1907) representa, sen lugar a dúbidas, un dos nomes femininos máis relevantes na historia da fotografía galega e desde logo a máxima celebridade a nivel local nese campo, mais, como aconteceu tantas veces ata épocas ben recentes cos méritos e valía das mulleres, ficou un tanto oculta no seu brillo pola maior atención emprestada aos elementos masculinos da súa familia e pola súa propia morte en agraz, cando apenas superara a trintena de anos[34].

Fotografía de Pepe da Mota, ca. 1910
Resúltanos plausíbel pensar, neste sentido, que unha parte da boa sona artística que acadaron seus irmaos Laureano, primeiro, e José, despois, estea relacionada moi directamente co talento e bo facer como profesional de Celia na arte fotográfica, nomeadamente como retratista de persoas e grupos. É indiscutíbel que foi ela quen pouco tempo despois da morte tamén precoz de Laureano en 1891, e con tan só dezaoito anos feitos, se fixo cargo por enteiro e con pericia contrastada do obradoiro fotográfico familiar na Casa-Teatro da Porta da Vila e quen, desde entón e ata o seu temperán pasamento en 1907, formou no día a día o espléndido saber facer de seu irmao Pepe da Mota, dous anos máis novo ca ela.

Morto Laureano, foi Celia, efectivamente, quen se lanzou á aventura de intentar manter o taller e negocio fotográfico inaugurado por aquel. Para iso non dubidou en marchar á Coruña durante algunhas tempadas, concretamente en 1892 e logo en 1895, para acabar de formarse e aprender novas técnicas. Da primeira vez que regresou dese período formativo na cidade herculina, en novembro de 1892, inseriu en El Vivariense o seguinte reclamo publicitario, que, lido a contrario, deixa abesullar os dous problemas básicos de reticencias na hipotética clientela que as persoas dedicadas á fotografía coma ela debían entón vencer, isto é, a pouca calidade habitual dos produtos ofrecidos e o seu prezo aínda bastante prohibitivo para a humilde economía de moitas familias:

Gabinete fotográfico de Celia Insua López
Casa-Teatro. Vivero.
Después de pasar en la Coruña una gran temporada para perfeccionar se en el arte que profesa, con uno de los mejores fotógrafos, ofrece al ilustrado público de Vivero sus servicios, con la convicción de que quedará satisfecho, tanto del esmero con que lleva á cabo sus obras, como de la equidad de los precios.

O citado semanario amosou sistematicamente na súa derradeira plana, en todos os exemplares correspondentes aos anos 1894, 1895, 1896 e 1897, o seguinte anuncio, que, dentro dos parámetros publicitarios daquel tempo, ben máis ampulosos e retóricos que os de agora, desde logo, compendia moi ben os atractivos (baratura, calidade, modernidade…) que Celia desexaba imprimir ao seu labor:

Gabinete fotográfico de Celia Insua López
Casa-Teatro. Vivero.
Esta distinguida artista, tan conocida por el mérito de sus trabajos, participa á sus favorecedores que en adelante serán más perfectos aún, gracias á las modificaciones importantes que ha hecho en su gabinete. Al manifestarlo así, tiene la seguridad de que cuantos se retraten saldrán muy complacidos, pues á la esmerada fotografía seguirá unida la baratura.

Por entremedias, Celia volveu en 1895 á Coruña para ampliar os seus coñecementos técnicos na arte fotográfica da man de Enrique Ferreiro Bello, antigo militante do republicanismo federal herculino que roldaba nesa altura os cincuenta anos de idade e tiña o seu gabinete no número 19 da rúa do Orzán. Esa estadía, ponderaba o semanario El Vivariense, era “circunstancia que, entre otras ventajas, le reporta la de poder ofrecer á su numerosa clientela una gran rebaja en los precios”[35].

Cando Celia fixo esta segunda estadía formativa na cidade herculina, debía de ter xa como axudante na galería a seu irmao José, que pouco a pouco foi adquirindo habilidades moi importantes na técnica do fotografado. O certo é que en aplicación da lóxica patriarcal ou machista tan arraigada naquel tempo ou porque a saúde de Celia pronto se vise afectada polo mal que acabou por levala á tumba, ou por ambas razóns ao mesmo tempo, Pepe da Motacomezou a intercambiar os roles coa súa irmá no seo do negocio. Así, mentres nun comezo el atendía o mostrador da tenda entanto Celia retrataba e revelaba, despois el facía saídas e mesmo se desprazaba a outras localidades limítrofes a Viveiro para ofrecer os seus servizos en festas, feiras e efemérides de todo tipo, ficando Celia ao coidado da tenda e do laboratorio.

Un intento de Pepe da Mota de ingresar na burocracia municipal, do que temos testemuño datado en 1898, en tempos da guerra de Cuba[36], resultou abocado ao fracaso por motivos que se nos escapan, de maneira que o mozo acabou por ter claro que o seu futuro económico e profesional pasaba polo exercicio da arte na que lle abriran camiño os seus irmaos Laureano e Celia. E así o fixo. Por volta do ano 1900, Celia deixou de traballar a fotografía e o seu local pasou a propiedade dunha nova sociedade fotográfica participada por seu irmao José Ínsua e polo fotógrafo ferrolán Saavedra, que imprimiu en maio de 1901 unha folla voandeira na que, chufando os seus “modernos aparatos”, ponderando a baratura dos seus prezos e prometendo poder facer “toda clase de retratos, ampliaciones, reproducciones y fotominiaturas en papeles brillantes ó de bonitos mates”, animaba ao público viveirense “¡A retratarse bien y barato!”.

Remataremos esta aproximación, que ben sabemos resulta a todas luces escasa e insuficiente, á figura da fotógrafa viveirense Celia Ínsua López dicindo que sen chegar a adquirir o protagonismo do seu irmao Pepe na vida social e lúdica viveirense de entre séculos, non deixou de poñer o seu pequeno grao de area no devir comunal da época, con actitudes solidarias como contribuír economicamente á colecta realizada en favor das familias de catro mariñeiros perecidos nun naufraxio na nosa ría[37] o 21 de outubro de 1897.
 
      5. Unha carreira artística truncada en agraz: Laureano Ínsua López

Doutro irmao de Pepe da Mota que tamén brillou no eido das belas artes, Laureano, escribe Juan Donapetry na súa imprescindíbel Historia de Vivero y su Concejo (1953: 477):

Vió la luz primera el año 1863 y fueron sus padres el laborioso maestro carpintero don Juan Antonio Insua Dorado y doña Antonia López [Ponte].
Aprendió el oficio que ejercía su progenitor y desde la niñez mostró gran afición al dibujo y a la pintura. Emigró a la República Argentina, en donde estableció un estudio, dedicándose a la pintura y decorado; pero, a causa de una enfermedad que lo llevó al sepulcro, regresó a Vivero, donde continuó cultivando su arte y la fotografía.
Se deben a este malogrado artista varios retratos al óleo, entre ellos uno de Ramón Díaz Freijo, y las obras de decorado del antiguo Teatro de Vivero, con sus decoraciones, el telón de boca y los medallones que representaban a ilustres dramaturgos y a Pastor Díaz.
Expiró el 30 de Agosto de 1891.

Pola súa vez, na súa Historia de Vivero (1988: 284), Chao Espina anota:

Su talento y disposiciones para el dibujo, la pintura, la decoración y la fotografía le hicieron un experto. Emigrado a la Argentina, pronto enfermó y tuvo que regresar a Vivero, donde dejó algo de su obra.

E o doutor Fausto Galdo, no seu imprescindíbel Pintura y pintores de Viveiro (1992: 33), compendia:

El teatro viejo fue decorado por el joven pintor Laureano Ínsua López, hijo del empresario, con unos artísticos medallones con las efigies de Pastor Díaz, Zorrilla, Lope de Vega, Calderón de la Barca, López de Ayala y Quevedo, también este año le hizo un retrato al célebre médico Díaz Freijo que se expuso a la curiosidad pública en un comercio de la “calle de abajo” con notable éxito, decoró el “Círculo de Vivero” con motivos arabescos, decoró la capilla del Hospital y el Oratorio de los inevitables López Vilar en su casa de la plaza, emigró a la Argentina, tuvo un estudio de pintura, al parecer con fortuna pero se vio obligado a regresar por causa de la Tuberculosis que le llevó á la tumba al año siguiente, fue el primer fotógrafo que se estableció en Vivero según Carlos Nuevo. Al fallecer en 1891 contaba 28 años.

Laureano Ínsua aprendeu as primeiras letras na escola pública viveirense, “distinguiéndose por su aplicación y afabilidad”, segundo deixou testemuñado o seu grande amigo e redactor de El Vivariense José Antonio García Meitín, mais as humildes condicións económicas familiares impedíronlle continuar estudos, aínda que non por iso afogou a súa vocación artística, máis ben ao contrario. En palabras do citado García Meitín:

Deseaban sus padres dedicarle á una carrera científica, al ver su mucha aplicación y privilegiada inteligencia; pero, la numerosa prole con que contaban y la escasez de recursos, les hizo desistir de su propósito, y determinaron que aprendiese el oficio de carpintero que ejercía el autor de sus días.
No era mucho del agrado del niño Laureano el labrar madera, ni manejar la sierra y la garlopa, gustándole más gastar los lápices del taller en dibujar las paredes que en el uso á que estaban destinados; ni las riñas, ni los ligeros castigos que le imponían fueron suficientes para corregirle de su desmedida afición, empleando el escasísimo dinero que podía agenciarse en pinceles y pinturas, los que guardaba como si fueran un gran tesoro[38].

En moi pouco tempo, Laureano superou en pericia artística a seu propio pai á hora de encargarse das decoracións, frisos e elección de cores nas obras de construción, carpintería e estucado en que participaban. Ao cumprir os 20 anos, albergou a esperanza de poder marchar a algunha cidade española de primeira orde “y estudiar los grandes modelos, ya que nunca lograría reunir lo suficiente para pagar buenos maestros”, mais os seus afáns víronse frustrados e de aí naceu a súa decisión de emigrar á Arxentina. Conta García Meitín, neste senso, que

la suerte le fué adversa en todo cuanto emprendió; harto de pelear con toda clase de obstáculos, y minada su salud con tantos trabajos y contratiempos decidió marcharse á la República Argentina, á la que llegó exhausto de recursos, pero no de deseos y ambición de gloria. Allí tuvo que luchar nuevamente con todo género de adversidades […][39].

Ao pouco de chegar a Bos Aires, o pintor viveirense integrouse como aprendiz nos círculos de artistas da colonia italiana e un ano despois logrou abrir o seu propio estudio, na compaña doutro mozo galego, “encargándose a la vez de retratar al óleo y decorar habitaciones”. No entanto, enfermou de tise e veuse obrigado a regresar a Viveiro, onde despregou unha intensa actividade artística, que o seu amigo García Meitín refire nestes termos:

Ansioso de curarse regresó á su patria, y en vez de atender á reponer su quebrantada salud, se dedicó con una actividad febril al desempeño de su profesión.
El decorado del teatro, llama la atención á todo el que le visita; el salón de baile del Círculo de Vivero es un bello modelo de estilo árabe, las Capillas del Hospital de la Caridad, la de los López Vilar y otras muchas casas particulares, acreditan su buen gusto y rica fantasía para la combinación de colores.
No descuidaba por eso los retratos al óleo y lápiz, robando las horas al descanso para leer las obras de los autores más afamados con el objeto de ilustrarse y progresar en el divino arte[40].

No verao de 1890, efectivamente, un ano antes do seu falecemento, Laureano Ínsua afrontou os traballos de decoración do “Caixón dos figos”. O semanario liberal El Vivariense gababa da seguinte maneira o resultado final deses labores artísticos:

Varios jóvenes de esta localidad han determinado dar un baile el día de hoy en el salón del Teatro de esta villa, que se halla decorado con elegancia y exquisito gusto; habiendo el hijo del empresario recuadrado el palco principal, luciendo en los entrepaños los bustos pintados al óleo del eminente estadista y poeta hijo de este pueblo D. Nicomedes Pastor Díaz, del laureado Cantor de Granada, D. José Zorrilla, del autor del Hombre de estado y del Tejado de vidrio don Abelardo López de Ayala, del egregio y fecundo autor dramático don José Echegaray, del gran dramaturgo español Calderón de la Barca, del fenis [sic] de los ingenios españoles López [sic] de Vega y el del popular y satírico Quevedo.
No elogiamos la corrección y exactitud y colorido de estos retratos, porque el público puede juzgar por si mismo su belleza que excede á cuanto podíamos aguardar del picel de un aficionado, que tanto promete.
Todo esto nos hace esperar que el baile de la noche esté concurridísimo, honrándole con su presencia las bellas forasteras, en obsequio de las cuales se celebra[41].

Na posterior crónica que fixo dese baile, Jorge Casia(=José Antonio García Meitín), ademais de enumerar as forasteiras concorrentes e describir con detalle as súas indumentarias, achegou esta nova avaliación do traballo do artista viveirense, bo amigo seu:

Penetramos en el salón, que presentaba un magnífico aspecto, no por hallarse cuajado de terciopelo y joyas de rico valor, pero si por las medias tintas que le decoran resaltando el granate de los antepechos y los bustos que se destacan en los entrepaños, pareciendo que quieren abandonar sus dorados marcos, haciendo resaltar las bugías la belleza de las alegorías pintadas sobre el escenario, causando estrañeza que tan novel pintor, como es D. Laureano Insua, hallase en su paleta colores capaces de producir tan fantásticos efectos[42].

Que a saúde do artista xa non era boa nesa altura pono de manifesto o feito de que marchase en setembro dese ano de 1890 a tomar as augas ao balneario de Las Caldas, preto de Uvieu[43]. Aínda así, ao seu regreso, confeccionou e expuxo unha das súas obras máis famosas, como testemuña El Vivariensedeste xeito:

El pintor D. Laureano Insua expuso en el escaparate del comercio de Dª Carmen Quintana un retrato al óleo de nuestro amigo D. Ramón Díaz Freijo, el que al decir de los inteligentes es una obra acabada del arte, llamando mucho la atención por el módico precio que exige por su trabajo el autor[44].

Cando se produza o pasamento de Laureano, vítima da tuberculose, á idade de 28 anos, El Vivariense dará así a infausta nova:

D.E.P. A las tres y media de la madrugada de hoy pasó á mejor vida nuestro querido amigo D. Laureano Insua López. Con su muerte se ha malogrado un gran artista, un buen amigo y un modelo de buenos hijos.
Su pérdida habrá de ser muy sentida; y nos asociamos al profundo dolor que aqueja á su cariñosa familia[45].

O daquela presidente do Comité Republicano Progresista de Viveiro, José Antonio García Meitín (Jorge Casia)[46], amigo seu desde a máis tenra infancia, dedicaralle no semanario citado, do que era redactor habitual, un sentido artigo necrolóxico co título de “¡Pobre Laureano!”[47], ao que pertencen estes fragmentos:

Últimamente cultivó con gran acierto la fotografía; casi exánime, subía todos los días á la galería para perfeccionarse en los diferentes métodos que se conocen.
¡Con qué pena le veíamos estos días caminar con pasos vacilantes, prodigándonos esas sonrisas melancólicas que presagian un pronto fin en la terrible enfermedad que padecía, y formar miles de proyectos para el porvenir!... El día mismo en que la despiadada Parca cortó el hilo de su existencia, hizo que su padre le fotografiase, burlándose aun, con su acostumbrado gracejo, de la torpeza con que manejaba los aparatos[48].

Non resulta difícil imaxinar o impacto doloroso que a perda de seu irmao máis vello debeu de ter no daquela mozo de tan só 14 anos de idade Pepe da Mota



[1] No seu exemplar de 7 de marzo de 1889 (núm. 1.633), o diario El Regional, de Lugo, informaba os seus lectores, tomando como fonte El Eco de Vivero: “El Presidente de la Sociedad de Obreros ha recibido,  por conducto del diputado provincial, Sr. D. Pedro Manuel Trobo, una comunicación de la Dirección de Instrucción pública, acompañada de un atonto B. L. M. del Excmo. Sr. Ministro de Ultramar, don Manuel Becerra, en la que se le participa que ha sido concedida á la citada sociedad una biblioteca popular. Felicitamos á la Sociedad de Obreros, por el importantísimo donativo con que ha sido agraciada; y en nombre de los Obreros de Vivero damos las gracias á los expresados señores, y á todos los que, como ellos, han gestionado eficazmente hasta obtener tan feliz éxito”.


[2] Cf. El Lucense, núm. 1.364, 30.4.1889, p. 2:“Algunos entusiastas jóvenes de esta localidad, secundados por la Junta directiva de la Sociedad de Obreros, tratan de organizar un orfeón, contando para ello con el concurso artístico del inteligente profesor D. Juan Latorre, director de la banda municipal. Celebraremos que se realice el pensamiento”. Os ensaios dese agrupamento músico-vocal comezaron na primavera de 1889 no propio local social da entidade (Cf. El Lucense, núm. 1.376, 14.5.1889, p. 2) e produciron o lóxico recoñecemento desta cara aos seus principais animadores: “En la junta general celebrada por la Sociedad de Obreros de Vivero en fin del último trimestre, fueron nombrados, por unanimidad, socios de mérito, nuestro amigo D. Juan Latorre y D. Miguel Peiró, por los importantes servicios que prestan en obsequio del Orfeón que sostiene aquella importante Sociedad” (Cf. El Regional, Lugo, núm. 1.978, 17.7.1889, p. 2).

[3]En El Regional, de Lugo (núm. 8.599, 20.1.1909, p. 2) infórmase de que “costeada por el Municipio de Vivero se abrió en el salón de la Sociedad de Obreros una Academia de música, dirigida por el veterano y competente maestro, nuestro paisano D. Juan Latorre. En ella recibirán educación musical gratuita cuantos jóvenes lo deseen, si bien será de cuenta de éstos la adquisición del material de enseñanza”.

[4] Cf. Galicia Moderna, Habana, Ano V, nº 200, 3.3.1889.

[5] Así o cura ecónomo Gervasio Lamas(Cf. El Lucense, núm. 4.145, 16.11.1898, p. 2), o cura párroco de Galdo Villar Ron, o de Chavín, Trobo, e o vigairo das monxas e ecónomo da igrexa de Santa María de Viveiro Manuel Froilán López Vilar (Cf. El Lucense, 20.12.1898, p. 2).

[6] Cf. La Idea Moderna, Lugo, núm. 2.420, 21.12.1898, p. 3.

[7] Cf. El Eco de Galicia, Lugo, núm. 1.011, 14.9.1889, p. 3.

[8] Lemos en El Regional de Lugo (núm. 1.666, 10.4.1889, p. 2): “La Sociedad de Obreros, en Junta general de 2 del corriente, ha nombrado Presidente honorario al Sr. D. Manuel Becerra, por haber conseguido del Ministerio de Fomento una biblioteca popular para la misma; y socios de mérito á los Sres. Trobo y Río Leal por sus gestiones sobre el mismo objeto, y á los encargados de la enseñanza, durante el pasado invierno, señores Rodríguez, Cordido, Álvarez Moas; así como también á D. Eusebio Lorenzo, que, como el Sr. Cordido, es médico gratuito de la Sociedad. También acordó dar las gracias á D. Francisco Paulino Moas, de Barcelona, por haber remitido, por conducto del Sr. Alcalde de esta villa y con destino al citado centro de obreros, una preciosa obra en tres tomos, ilustrada con 500 grabados y lujosamente encuadernada, que se titula El Carpintero Moderno. La Sociedad de Obreros cuenta en la actualidad coa 126 socios de número y 103 protectores, figurando entre los últimos considerable número de señoras, que desde el primer momento se asociaron á la filantrópica obra de socorrer ó instruir al obrero, exclusivos fines que persigue aquel centro”.

[9] Cf. El Regional, Lugo, núm. 1.978, 17.7.1889, p. 2.

[10]Cf. Galicia Moderna, Habana, Ano V, nº 200, 3.3.1889.

[11] Cf. El Regional, Lugo, núm. 2.362, 1.10.1890, p. 2 e El Regional, Lugo, núm. 2.368, 8.10.1890, p. 2.

[12] Cf. El Norte de Galicia, Lugo, núm. 522, 28.10.1902, p. 2.

[13] Cf. El Correo de Galicia, Bos Aires, núm. 1.160, 15.4.1928, p. 7.

[14] Cf. El Vivariense, núm. 12, 24.8.1890, p. 3. O Rafael aludido no texto é o entón presidente da entidade, o xastre Rafael Galdo.

[15]Cf. El Vivariense, núm. 13, 31.8.1890, p. 3.

[16]Cf. El Vivariense, nº 16, 21.9.1890, p. 3.

[17]Cf. El Vivariense, nº 18, 5.10.1890, p. 3.

[18]Cf. El Vivariense, nº 18, 5.10. 1890, p. 3.

[19] Cf. El Vivariense, núm. 188, 7.1.1894, p. 3. O citado Celso Varela Arizaga, (que falecería o 23 de febreiro de 1915), repetiría na presidencia da entidade en 1903, acompañado como Vicepresidente por Juan Eiroá López, Antonio Martínez Aguiar, contador, Francisco Sampedro Menéndez, tesoureiro; Francisco Fernández Regal, secretario; Cirilo Romero, Manuel Cora Rey, Andrés Vázquez Guerrero e Antonio Soto como vocais e Carlos Castrillón Correa, Francisco Rodríguez Cora, José Rodríguez Val e Francisco Antas como suplentes, reservándose o posto de Bibliotecario para Alejo Corral (Cf. El Regional, Lugo, núm. 6.921, 21.1.1903).

[20] Cf. El Regional, Lugo, núm. 4.410, 18.1.1895, p. 2.

[21] Cf. El Lucense, núm. 3.072, 29.1.1895, p. 3.

[22] Cf. El Lucense, núm. 3.123, 3.4.1895, p. 2 e El Regional, Lugo, núm. 4.4.1895, p. 2.

[23] Citado por El Lucense, núm. 3.243, 28.8.1895, p. 1.

[24]VideGALDO, Fausto (1992): “A troula dos Armantes”, en Libro-Programa das Festas Patronais de Viveiro.

[25]Vide CANOSA, Ramón (1952): “Las casetas”, Libro-Programa. Vivero. Fiestas. Agosto de 1952.

[26]Cf. El Vivariense, núm. 223, 16.9.1894, p. 2.

[27]Cf. El Correo de Lugo, núm. 136, 16.1.1900, p. 2.

[28]Cf. El Vivariense, núm.264, 7.7.1895, p. 3.

[29]Cf. El Vivariense, núm. 305, 19.4.1896, p. 2-3.

[30] A partir de 1915, houbo programación cinematográfica máis ou menos estable e continua en Viveiro a cargo da empresa “Ideal Cinema Vivero”.

[31] Cf. Heraldo de Vivero, núm. 187, 12.9.1915, p. 2. Entre eses aspirantes estaban A. Emilio Varela, que propuxo 1.555’55 ptas., Esteban Fernández Temprano, que ofertou 1.800’80 e Benigno Fernández Regal, que ofreceu 1.701’26 ptas.

[32] Cf. Heraldo de Vivero, núm. 278, 10.6.1917.

[33] Cf. Pro-Neutralidad, Viveiro, núm. 17, 14.6.1917. O funeral e enterro do Tío Novenas tiveron lugar o día 9 de xuño. Ao día seguinte de se celebraren esas cerimonias, morrería tamén Rosa Martínez López, curmá de Pepe da Motae irmá do cura de Santa María de Cabanas, Luís Martínez López.

[34]Así e todo, Celia mereceu a atención de historiadores como Nuevo Cal, co seu traballo “Achegas para unha historia da fotografía en Viveiro” (2004), publicado dentro do volume Viveiro. Unha historia en fotografías, 1888-1930 (Seminario de Estudos Terra de Viveiro) e na actualidade cónstanos que está a ser investigada pola nosa amiga Fernanda Padín Ogando, que mantén na Rede a páxina www.fotografaspioneiras.com e xa se ocupou doutras fotógrafas galegas precursoras como a viguesa Cándida Otero, as mindonienses Antonia Santos e Filomena Díaz, a zaragozana de orixes familiares francesas María Cardarelly (autora de dous coñecidos retratos de Rosalía de Castro) ou Corona González Santos (reporteira gráfica para a revista viguesaVida Gallega e moi relacionada con Ribadeo, por ser terra do seu home).

[35] Cf. El Vivariense, núm. 267, 28.7.1895.

[36]Cf. El Lucense, núm. 3.919, 26.1.1898, p. 3: “De El Eco de Vivero: El pasado viernes tomaron posesión: Del cargo de Depositario de fondos municipales, D. Maximiliano Barreiro Casal. Del de Secretario del Ayuntamiento, D. Jesús González Villalba. De oficiales de la misma dependencia municipal, D. José Insúa [sic] López y D. Moisés A. Peláez Díaz. Que sea enhorabuena.

[37]Cf. El Vivariense, núm. 385, 31.10.1897, p. 2. As persoas destinatarias das 510 pesetas recadadas en total nesa ocasión foron a viúva de Juan Antonio Leal Rodríguez, a de Juan Michoso e os pais de José Mª e Jesús Carrillo González, Jesús Carrillo Taibo e Saturnina González.

[38]Cf. El Vivariense, núm. 66, 6.9.1891, p. 2.

[39]Cf. El Vivariense, núm. 66, 6.9.1891, p. 2.

[40]  Cf. El Vivariense, núm. 66, 6.9.1891, p. 2.

[41] Cf. El Vivariense, núm. 12, 24.8.1890, pp. 2-3.

[42]Cf. El Vivariense, núm. 13, 31.8.1890, p. 2.

[43]Cf. El Vivariense, núm. 16, 21.9.1890, p. 3 e El Vivariense, núm. 19, 12.10.1890, p. 3.

[44]Cf. El Vivariense, núm. 22, 2.11.1890, p. 3. O comercio aludido, que estaba dedicado aos tecidos, á pasamanería e á mercería, estaba situado no número 7 da Praza Maior.

[45]Cf. El Vivariense, núm. 65, 30.8.1891, p. 2. O mesmo rotativo informaba aos seus lectores: “Los numerosos amigos del Sr. Díaz Freijo acordaron trasladar para mañana los festejos que habían de celebrarse hoy, en señal de luto por el malogrado joven D. Laureano Insua”. Posteriormente, acollía a seguinte nota: “Se nos ruega por D. Juán A. Insua [Dorado] que demos las gracias en su nombre á todos los que han contribuído á honrar la memoria de su malogrado hijo Laureano. Con muchísimo gusto cumplimos los deseos del desconsolado padre del que fué nuestro amigo” (cf. El Vivariense, núm. 66, 6.9.1891, p. 3).

[46]Seu irmao Eladio Vicente era entón médico do Hospital da Caridade, en cuxa capela o propio Laureano Ínsua fixo algúns traballos de decoración.

[47]Cf. El Vivariense, núm. 66, 6.9.1891.

[48]O propio José Antonio García Meitín morrería pouco tempo despois, con tan só 26 anos de idade, concretamente o 21 de decembro de 1892. Ao día seguinte do enterro, que tivo lugar o día 22, morría tamén, en tráxica sucesión, seu irmao o médico Eladio Vicente.

Na morte de Celso (Sito) Parada

$
0
0


Outra vez o mal prematuro e a morte cruel leva de onda nós un dos imprescindíbeis brechtianos.

Como non hai moito por Luís Rei, por Roca, por Narf, por Paco Souto, por Isidro Novo, por Gustavo Pernas, por..., énchesenos o corazón de loito pola perda, tan grande.

Mais o "lume que alampea xamais o veredes morto".

Está vivo no Teatro Principal de Pontevedra, corre o ano 1992, gozando da maxistral interpretación do "Misterio cómico" de Darío Fo (e unha compañeira "profe" do instituto abandonando indignada a sala, seica por tanta "irreverencia antirrelixiosa" - como lle proe a liberdade e o espírito crítico ao fanatismo!-).

Está vivo no humilde salón de actos do IES de Vilalonga - asistencia voluntaria para o alumnado - a mediados da década de 90, aonde me empeñei en levar a Sito estirando ata o limite os cartos do departamento de Lingua para vermos e gozarmos o seu Os patios da memoria.

Está vivo nunha das máis honestas e dignas versións de Os vellos non deben de namorarse que se teñan feito, prescindido adrede do epílogo para que o pranto de Pimpinela deixase en carne viva a mensaxe crítica co poder do diñeiro e a comenencia social que a peza encerra, cunha mensaxe tan actual e universal que fende radicalmente o tópico da literatura galega como literatura costumista e "rexional".

Está vivo no aplauso fervente do público que ve a Sito representar Morte accidental dun anarquista, esa lúcida advertencia de que sempre o Poder vence usando trampas e abusando.

Está vivo na retranqueira desenvoltura de Dobermán de Antón Reixa, peza representada canda outro feixe de luz no escenario coa lingua de noso como bandeira, Carlos Blanco.

Está vivo no colega e amigo músico que a todos nos gustaría ter de A lingua das bolboretas e, sobre todo, no tenro e entrañábel xigante boxeador republicano "Ghengis" de O lapis do carpinteiro, que non quería ser derrotado dúas veces e que soñou para todos nós un xantar delicioso baixo a hipnose do Doutor Da Barca.

Adeus para sempre, caro Sito!

Mentres cae o pano, o aplauso do público prolongarase sen final.

Libros no tambuche (V)

$
0
0



La Emigración a las Américas por el Puerto de Vilagarcía de Arousa, de Víctor Viana



Son xa unha referencia inescusábel para a historia local de Vilagarcía de Arousa, en particular, e da comarca do Salnés, en xeral, os traballos do investigador Víctor Viana Martínez. Citaremos entre eles, a título indicativo, Periódicos y periodistas de Villagarcía(1988); El Cementerio Inglés de Vilagarcía (1999); Cien años del alumbrado eléctrico en Vilagarcía de Arousa (1899-1999)(2001); Diccionario biográfico de la comarca de O Salnés (2001), escrito en colaboración con Xosé Lois Vila Fariña; Conflicto en O Salnés: la segregación de las cuatro parroquias de Vilanova de Arousa y su anexión a Vilagarcía (1935-1945) (2013); Bazán de Mendoza, un afrancesado gallego(2014) e Los Consulados de Vilagarcía(2015).A esta nutrida colección de traballos vén engadirse agora o volumeLa Emigración a las Américas por el Puerto de Vilagarcía de Arousa (Imprenta Fidalgo, Cambados, 2017), que se divide nun total de once capítulos.



No primeiro deles, “La época de los veleros”, o citado autor documenta con referencias hemerográficas e arquivísticas variadas, aínda que un pouco deslabazadas na exposición ao noso humilde entender, os inicios do fenómeno migratorio galego cara a América desde o porto de Carril, que adquirirá dimensións masivas a finais do século XIX. Durante os primeiros anos a travesía, realizada a bordo de quechemaríns, goletas e polacras como “Restaurador”, “Adolfo”, “Nicandro”, “Recreo” e “Hortelano”, implicaba necesariamente facer unha primeira escala en Cádiz, á procura de reembarco en buques de maior porte. Desde mediados da centuria decimonónica, serán cada vez máis os veleiros que zarparán xa directamente desde a ría arousá cara América, como é o caso do bergantín “Centinela”, do que era armador José Benito de Abalo e capitán Miguel Guisande, o dos bergantíns “Juan” e “Peregrina”, propiedade ambos do consignatario carrilexo Ramón Francisco Piñeiro, ou o da corveta “Fustera”, propiedade de José Mª Santiago Cuevas del Valle, ascendente do escritor Ramón Mª del Valle Inclán.



“El inicio de las grandes compañías” é o título do segundo capítulo. A partir de 1870, os barcos a vapor xa fan competencia aos veleiros nese tráfico transoceánico desde augas arousás. En Vilagarcía e Carril irán asentando entón paulatinamente compañías como a “Sociedad General de Transportes Marítimos a Vapor”, que fai transbordos en Xibraltar, conta con buques como “La France” e ten a Salvador Buhigas Prat como consignatario; a “Pacific Steam Navigation Company”, que transborda en Cádiz, dispón de buques como o “Aconcagua”, o “Cotopaxi”, o “Potosí”, o “Liguria”, o “Oropesa” e o “Orellana” e ten como axentes sucesivos a Santiago Sierra e a Laureano Salgado; a “Empresa de Navegación a Vapor la Bética”, que transborda tamén en Cádiz e move buques como “Montañés”, “Calderón” e “Rioja”; a compañía “Vapores Correos”, da que era consignatario en Carril José García Reboredo e para a que traballaban buques como o “Covadonga” e o “Luchana”; a famosa “Mala Real Inglesa”, que dispón de barcos como o “Guadiana”, o “Ebro” e o “Nile”; desde 1886, a navieira “Lloyd Norte Alemán”, que terá como consignatario ao xa citado García Reboredo e moverá buques como o “Roland”, o “Aachen”, o “Pfalz”, o “Gotha” ou o “Villeland”; desde 1898, a “Compañía Hamburguesa Sudamericana”, con Elisardo Domínguez e a sociedade Fillos de Buhigas Prat como consignatarios e buques como “Petrópolis”, “Argentina”, “Córdoba”, “Tucumán” e “Santos”; e, por último, desde 1900, a “Compañía Trasatlántica Española”, que inicialmente facía transbordo en Cádiz e movía buques como o “Larache”, o “San Francisco”, o “Ciudad de Cádiz”, o “Cataluña” e o “Santa Isabel”, traxicamente naufragado este último fronte á illa de Sálvora en 1921.



Os capítulos terceiro e cuarto do libro de Viana están dedicados a cuantificar estatisticamente as dúas grandes xeiras migratorias desde augas arousás cara América, a primeira entre 1895-1907 e a segunda entre 1908-1936. Os rexistros oficiais falan duns 42.000 emigrantes saídos do porto vilagarcián na primeira xeira e de entre 72.000 e 78.000 na segunda, aos que habería que sumar ata un 20% máis “clandestinos”. A idade, o xénero, o lugar de procedencia e o oficio dos elementos do continxente emigrante que zarpou desde Vilagarcía cara a América (coa República Arxentina como destino moi maioritario) son aspectos abordados por Viana Martínez noutros tantos capítulos do libro.



O capítulo noveno céntrase nas “Compañías de navegación y consignatarias”, distinguindo o autor dúas grandes etapas. Na primeira, as viaxes son organizadas por negociantes de Vilagarcía, Vigo ou Compostela e fanse en veleiro, case sempre con escala e transbordo en Cádiz. Na segunda, desde finais do s. XIX, o negocio cae en mans de compañías estranxeiras que dispoñen en Vilagarcía do correspondente representante ou consignatario (os García Reboredo, Salvador Buhigas, Ricardo Urioste, Laureano Salgado, Santiago Sierra, Estanislao Durán, Pío S. Carrasco, González Garra, etc.) e que empregan barcos de vapor que fan escala en augas arousás. Dúas desas grandes compañías, a “Lloyd Norte Alemán” (os “paquetes teutóns” aos que se referiu Castelao no Sempre en Galiza) e a “Mala Real Inglesa”, acabarán por copar boa parte do negocio da emigración galega nese período.



O capítulo X, “Los barcos de la emigración”, ofrece en primeiro termo unha listaxe ordenada alfabeticamente dos buques que fixeron escala en Vilagarcía ao longo do período estudado, para na continuación achegar algunhas estatísticas e as historias particularizadas dalgúns dos barcos que se dedicaron a ese transporte.



Fecha o volume, antes da pertinente bibliografía, un apartado dedicado á problemática da emigración clandestina. Entre as páxinas 129-144 podemos visualizar, ademais, unha valiosa galería fotográfica que ilustra os principais contidos deste libro, tan abondoso en información como por veces disperso e acumulativo de máis na exposición.


   A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto



Poucos narradores galegos actuais frecuentan con tan positivo afán e entusiasmo o tema mariñeiro como o coruñés Xurxo Souto (n. 1966). Desde o volume pioneiro Fumareu (1997), pasando pola novela O retorno dos Homes Mariños (1999),os Contos da Coruña (2001), os Contos do mar de Irlanda (2014) ata chegar a este A gran travesía de Chiruca Macallás (Eds. Xerais, 2018), o vocalista no seu día do grupo musical bravú“Os Diplomáticos de Monte Alto” foi construíndo un auténtico “macrotexto” en que homes e mulleres do mar galego, coas súas vidas de traballo envoltas en salitre, ocupan un lugar central e epopeico.



Cómpre salientar o peculiar estilo deste autor, que combina no seu discurso narrativo numerosas anécdotas reais de navegación, incursións eruditas pola historia e polas lendas relativas aos océanos e referencias musicais e culturais moi diversas. O conxunto ten así balances entre a pura ficción e o ensaio antropolóxico, a divulgación histórica e a reivindicación da epopea anónima protagonizada polos tripulantes de barcos que faenan en practicamente todos os mares do mundo, o retrato en chave realista dun traballo duro onde os haxa e a reivindicación mesmo idealizada da profunda humanidade e do saber intuitivo das persoas que guían os barcos en mar aberto á procura do peixe. Non faltan na obra de Xurxo Souto, xaora, denuncias sobre a preocupante contaminación por acumulación de plástico dos océanos e protestos contra as prácticas depredadoras da riqueza dos fondos mariños que implica o emprego de determinadas artes de arrastre.



Nesta ocasión, o fío argumental básico xira arredor dunha marea no verán de 2015 do arrastreiro Macallás en augas do Rockall, entre Escocia e Islandia, no Grand Sole, coa súa sucesión de acontecementos, entre os que destacan os reiterados lances, o blackout do motor por entraren gulipantes no circuíto de refrixeración e a recalada no porto irlandés de Killybegs. O barco vai patroneado por Chiruca, unha rapaza de Peruleiro que, tras anos de traballo nunha perruquería, primeiro, e no trasatlántico Highland Chieftains II, despois, decide sacar a titulación nunha FP marítimo-pesqueira e embarcar. No transcurso da marea, Chiruca terá que afrontar os receos e caladas envexas dalgúns dos membros dunha tripulación mixta galaico-senegalesa e facer valer toda a súa pericia para sacar adiante a marea, coa inestimábel axuda da maquinista Sofía Carnota. Recibirá tamén a cordial acollida de moitos outros barcos que faenan na zona e queren ouvir as súas cancións en directo pola radiofonía, pois non en balde protagonizara unha parte da historia da música “heavy” na Galiza cos grupos “Botas de Ante Negras” e “ForzA dozZE”. Como elementos máxicos aparecen na obra un peixe-sapo falador, Lipeilipeisa, e a serea negra da Guiné, Mamí Watá. De xeito propositado, Xurxo Souto fundiu nesta novela as paisaxes e topografías de A Coruña e Vigo nunha única entidade e prescindiu da tríade que tingue frecuentemente, ata facelos caer no tópico, os relatos sobre o mundo do mar (“naufraxio, accidente, morte”).



v 
Pequena Inglaterra, de Ioanna Karistiani



Esta obra, que veu lume na nosa lingua en 2018 da man da Editorial Hugin e Munin, en tradución de Afonso Blanco, publicouse orixinariamente en grego en 1997 co título de Μικρά Αγγλία e mereceu o Premio Nacional de Literatura de Grecia en 1998. Ademais, foi levada ao cinema polo propio marido da escritora, Pantelis Voulgaris, en 2013. Nas versións ao inglés e ao italiano o título foi vertido, no entanto, como The Jasmine Isle e L’isola dei gelsomini, respectivamente.



Ioanna Karistiani, nacida no porto de Chania (Creta) en 1952, cursou en Atenas a carreira de Leis e destacou no activismo xornalístico e político de esquerdas contra a “Ditadura dos Coroneis” (1967-1974). Fixo, ademais, varios guións cinematográficos para o xa citado Voulgaris e para Costa Gavras.



A acción de Pequena Inglaterra sitúase na illa de Andros, no arquipélago das Cícladas, en pleno Mar Exeo, mais da man de moitos dos personaxes, mariños mercantes de profesión, viáxase tamén a moitos outros mares e latitudes. Partindo do devir dunha familia en concreto, a formada polo mariño Savvas Saltaferos, a súa esposa Mina e as súas fillas Orsa e Moscha, a obra retrata de xeito coral e complexo, con fortes doses de lirismo en ocasións, a vida dunha comunidade insular grega ao longo da primeira metade do século XX, coa 1ª Guerra Mundial, o crack do 29, a invasión italo-xermana do país e a propia guerra civil grega que seguiu ao final da 2ª Guerra Mundial como panos de fondo histórico.



Polas súas páxinas, magnificamente escritas e divididas en tres grandes capítulos, titulados “O Ollo de Deus”, “O cativo piso do sobrado” e “O que afoga non vive para se laiar”, respectivamente, desfilan moitos personaxes que se entrecruzan e van vivindo sucesivas desgrazas, alegrías, amores, perdas, naufraxios e travesías, nunha traxectoria comunitaria que podería perfectamente imaxinarse ou trasladarse sen moitas alteracións para moitos dos nosos portos… O motor principal da novela é o triángulo amoroso formado polo navegante Spiros Maltampes e polas dúas irmás Saltaferos: aínda que foi mozo inicialmente da máis vella, Orsa, casou coa máis nova, Moscha, para acabar morrendo finalmente a bordo do buque Μικρά Αγγλία, torpedeado como o resto do convoi mercante do que facía parte por un submarino alemán fronte ás costas irlandesas, en marzo de 1943.



Mais arredor desa historia tráxica ou melodramática principal, como adiantamos, vanse arremuiñando moitas outras, con relevante protagonismo feminino: a da mestra xubilada e viúva dun mariñeiro naufragado fronte ás costas de Uruguai Nana Bourantas Karapiperis; a da criada Annezio, que ten un fillo comunista exiliado en EE.UU.; a da vella Mouraina, que reúne as “viúvas de vivos” da illa na súa casa para contaren contos “picantes” e combateren a soidade; a de Katerina Basantis, que non quere ver o mar desde que este lle arrebatou o seu marido, tamén mariño de profesión; a da ex prostituta Angelita, que fundará familia en Buenos Aires co propio mariño Savvas Saltaferos, ao igual que fará en Chile o cociñeiro Christakis; a de Niko Vatokouzis, pequeno armador que casa con Orsa Saltaferos mais que acaba marchando con dous dos seus fillos para Nova York; a de Marios, irmán de Mina, especialista en navegar con fretes perigosos (amoníaco, nitro, nafta, vernices, piche…) e náufrago en 1923 na Canle da Mancha; a do neto de Saltaferos, que ansía desde meniño poder navegar como o avó e devora na casa patrucial cartas mariñas e tratados de navegación; etc., etc. Todo contado cunha prosa vívida, suxestiva e tinxida de emocións.


Contos mariños de Carballo, de Xabier Maceiras



Cunha emotiva dedicatoria ao poeta e percebeiro Paco Souto ábrese este volume do antigo músico dos “Diplomáticos de Monte Alto” e hoxe dinámico activista cultural Xabier Maceiras Rodríguez, que xa tiña dado ao prelo con anterioridade outros traballos divulgativos como O mar de Arteixo e os seus naufraxios (2013), De Liverpool ás Sisargas, a derradeira travesía do “Priam” (2014), en colaboración con Fernando Patricio Cortizo, e Crónica de Arteixo (2017).

Editado polo Concello de Carballo, o volume que nos ocupa reúne en 35 capítulos detalladas e ben documentadas crónicas de crebas, embarrancamentos, naufraxios, afundimentos e aterraxes forzosas acontecidas na costa carballesa, entre Malpica e Caión, nos baixos de Baldaio ou fronte ás Sisargas. Polas súas páxinas desfilan, como tráxicos protagonistas, buques como o “Solway”, o “Tunstall”, o “Priam”, o vapor “Skolt”, o “Nantes”, o “Nor”, o palangreiro “Princesa de Asturias”, a tarrafa “Abella Pereira”, o sueco “Falco”, o vapor inglés “Somersby”, o baladro noiés “España”, os pesqueiros “Albatros e “Jesusa”, o motoveleiro “Cabaleiro” ou o pesqueiro “Os Tonechos”.

Non faltan no volume, ademais, historias do corso, lendas populares, evocacións dos tempos en que se cazaban baleas, referencias ás loitas sociais contra as areeiras, relatos sobre as mareas negras que castigaron a zona, explicacións sobre proxectos frustrados de asentar un aeroporto nas marismas de Baldaio e mesmo incursións nas reviravoltas das dúas guerras mundiais do século XX, na medida en que tiveron escenario tamén fronte a ese anaco da costa galega e nas minas de wolfram espalladas polo noso país, entre elas a do monte Neme.
Maceiras reivindica no seu libro a tradición marítima e mariñeira de Carballo, un tanto opacada pola dos portos veciños, e debrúzase con amenidade sobre a riola de eventos tráxicos que se derivaron do intenso tránsito marítimo existente na zona, desde a Antigüidade ata os nosos días. As fontes arquivísticas e hemerográficas que dan sustento a moitas páxinas do libro compleméntanse con retallos da memoria popular e todo o conxunto adórnase con ilustracións de moi diversa índole: cadros de Urbano Lugrís, fotografías antigas e modernas, retallos de xornal, litografías, gravados antigos, escrituras notariais, mapas e cartas náuticas, etc.

Talvez o único aspecto discutíbel do proxecto sexa a denominación elixida para o título de “contos mariños”, pois a palabra “conto” encerra suxestións de “fantasía” e “invención” que están totalmente ausente nas historias que o volume encerra, cargadas de realismo en forma de duro traballo, solidariedade na desgraza, traxedias e morte. A epopea tantas veces anónima das xentes do mar ten neste libro, de doada e interesante lectura, un retrato fiel, aínda que por momentos tamén estarrecedor.
 


[Recensións publicadas orixinariamente na revista Nova Ardentía 11, editada por Culturmar-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial]

LIBROS NO TAMBUCHE (VI)

$
0
0


  Revista Galega de Educación, núm. 72. Monográfico sobre servizos complementarios (Nova Escola Galega)

Prosegue a andaina da xa veterana Revista Galega de Educación, editada por Nova Escola Galega e dirixida por Xesús Rodríguez, coa edición dun número 72 que presenta como tema monográfico o dos Servizos Complementarios (comedor e transporte escolar).
Ofrécense nel dous traballos sobre a evolución e a situación xeral destes servizos en Galiza e noutras dúas comunidades autónomas, outros traballos sobre dúasexperiencias de xestión de comedor escolar marcadamente distintas (Samos e Ames), un artigo sobre os criterios que deberían rexer a oferta de produtos alimentarios e o enfoque nutricional dos comedores escolares e outro máis sobre a preocupante deriva normativa que ameaza o sistema de xestión das cafetarías dos centros escolares.
A abordaxe das diversas problemáticas actuais do transporte escolar acompáñase noutro dos artigos cunha batería de propostas de racionalización. Desde “Anpas galegas” reivindícase a gratuidade deses servizos complementarios e a necesidade de que contribúan á conciliación da vida laboral, escolar e familiar.
O número achega, ademais, interesantes materiais nas súas outras seccións habituais: Editorial;  Entrevista(sobre a avaliación que docentes, familias e alumnado fai dos materiais didácticos dixitais); A Lingua (cun traballo de Silvia Raña sobre adquisición e uso de léxico galego no alumnado castelanfalante); Experiencias(“Iconografía de xénero nos váteres” do IES Pedra da Auga e “A vida no acuario”, do CEIP Plurilingüe Serra de Outes); Pensar o Ensino (“A verdade sobre o nivel da educación e dos estudantes”, de Vázquez Freire); As Outras Escolas (sobre a Aula Geológica de Robles de Laciana, León); Investigación (sobre o Proxecto ELISA - Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable -); Educación social e Escola (cun artigo de Ana M. Amigo); Xoguetainas e Brinquetainas (cun traballo de Barreiro Ínsua que percorre a historia dos encontros escolares de xogos tradicionais); Recursos do Contorno(cun artigo de Xosé M. Malheiro sobre Museos e Centros de Interpretación nas beiras do río Miño); Panoraula (co seu compendio elaborado por Antón Costa e Xosé Ramos de novas de actualidade educativa, iniciativas, encontros, xornadas, publicacións, recursos e un pequeno e por desgraza inevitábel obituario en lembranza de figuras como Benedito Villar, Elixio Villaverde, Xabier P. Docampo, Xosé M. Rodríguez Abella ou Juan Llauder); Panoraula Dixital(con novas sobre experiencias, ferramentas e páxinas da Rede de interese para a acción pedagóxica que ofrecen Denébola Álvarez-Seoane e Ana Rodríguez-Groba); Recensións (sobre aspectos da narrativa “robinsoniana” de Defoe e Tournier) e Outras lecturas (cun duplo comentario de Pilar Sampedro sobre dúas novidades editoriais vinculadas á figura da pedagoga galega Antía Cal: O arte e a súa historia e mais O libro dos nenos, esta última xa comentada pola nosa compañeira Branca Guerreiro no Aulas Libres 11).

·     Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Ed. Laiovento)

Estabelecer un corpus teórico que permita pór de manifesto a vinculación entre o feminismo e os estudos de literatura infantil e xuvenil (LIX) no contexto galego, visibilizar o papel que os grupos feministas e de mestras tiveron na procura dunha educación igualitaria e analizar como os textos literarios infanto-xuvenís do ámbito galego se viron influenciados en maior ou menor medida polo movemento feminista son os tres grandes obxectivos deste ensaio de Montse Pena Presas, que bebe directamente da súa tese de doutoramento, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Silva.

Profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na USC, a autora divide o seu ensaio en dous grandes apartados. No primeiro, baixo o título de “Movemento feminista, coeducación e crítica da literatura infantil e xuvenil”, comeza debullando algúns aspectos metodolóxicos (achegando, por exemplo, unha breve caracterización de publicacións galegas como A Saia, Festa da Palabra Silenciada, Fadamorgana e Revista Galega de Educación). Sinala, a seguir, algúns dos trazos que particularizan os feminismos en Galiza (un capítulo breve e simplificador de máis, ao noso humilde entender), achégase ao labor pioneiro de colectivos feministas e grupos de mestras a prol da coeducación (con mención expresa da Asemblea de Mulleres de SGTE, primeiro, e de STEG, despois), repasa diversas experiencias coeducadoras pioneiras entre nós e, finalmente, analiza a relación entre feminismo e determinadas instancias e individualidades que exerceron a crítica literaria de textos infanto-xuvenís: Carmen Blanco, Sabela Álvarez, Concha Báez, Rosa Santórum...

No segundo apartado do seu ensaio, Montse Pena céntrase en estudar panoramicamente o impacto concreto dos feminismos na LIX galega, distinguindo catro grandes etapas: unha inicial (1927-1980), na que predominou claramente a concepción androcéntrica nesa literatura, moi escasa por outra banda; unha etapa militante (1981-1989), na que a propia LIX en galego comezou a desenvolverse e afianzarse con claros influxos xa do feminismo en bastantes das obras publicadas, como O segredo da pedra figueira, de Mª Xosé Queizán, Anagnórise, de Mª Victoria Moreno e O rei da nada e outroscontos, de Sabela Álvarez; unha terceira etapa de xeneralización de protagonistas nenas e mulleres na LIX (1990-2005), seguindo o ronsel aberto por Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey; e, por último, unha etapa actual (2005 a hoxe), na que os feminismos conflúen en moitos dos textos para o público infantil e xuvenil con outras subxectividades nas marxes: multiculturalismo, diversidade funcional, personaxes LGTB, masculinidades alternativas, etc. Dentro desta última etapa contextualízanse obras que poden servir moi ben como lecturas recomendadas ao noso alumnado e como material de traballo, comentario e reflexión na aula: Titiritesa, de Xerardo Quintiá e A. Quarello; O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas; Nano, de Concha Blanco; 22 segundos, de Eva Mejuto; Cartas de amor, de Fran Alonso; Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros; O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala; Usha, de María Reimóndez; Makinaria e Penúltimas tendencias, de Carlos Negro; A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre; etc. 

Un traballo oportuno, clarificador e que suscita moitas reflexións sobre o rol que podemos desempeñar como educadoras e a importancia de contarmos cunha LIX feita por nós e desde nós.


Escola de Barbiana. Carta a unha mestra (Ed. Kalandraka, Biblioteca de Pedagoxía).

A sétima e oitava entregas da Biblioteca de Pedagoxía da Editorial Kalandraka, que dirixe Antón Costa, ofrecen a tradución para galego de dous clásicos da pedagoxía máis comprometida cos socialmente marxinados e desposuídos: A pedagoxía do oprimido, do brasileiro Paulo Freire, e a Carta a unha profesora, do italiano Lorenzo Milani.

Centrándomos a atención na segunda desas obras, prendémonos doadamente do seu estilo directo, sarcástico por momentos e lucidamente revelador. Trátase dun verdadeiro “panfleto”, no sentido máis positivo desta palabra, ou sexa, un texto que axita conciencias, unha ollada que desvela verdades propositadamente ocultadas. 

A súa publicación e difusión, que resultou póstuma para o propio Milani, removeu as augas pedagóxicas italianas (e non só) en vésperas do Maio do 68, cunha demoledora denuncia do clasismo e conservadorismo inherentes ao sistema educativo e unha reivindicación de métodos e actitudes que cuestionaban de cheo o burocratismo e o memorialismo na docencia. O texto denunciaba con doses de evidente indignación a desigualdade de oportunidades que a escola teimaba en consagrar, daquela coma hoxe, en moitos sentidos e o espírito castrador dunha educación que pretendía reducir a marabilla de aprender a un mero xogo de exames e notas: “Linguas, historia, ciencias, todo se converte en cualificacións e máis nada”.

Escritor e pedagogo, o sacerdote florentino Lorenzo Milani (1923-1967) animou entre 1954 e 1967 na remota aldea toscana de Barbiana, a 45 km. de Florencia, unha “scuola populare” que conmoveu os alicerces da sociedade italiana. Con formulacións ideolóxicas propias do chamado “catolicismo social”, no ambiente de achegamento ás capas sociais máis desfavorecidas desatado no seo da propia Igrexa católica por volta do Concilio Vaticano II, Milani co-escribiu co seu alumnado de orixes rurais e humildes (uns “Balbinos” como os que retratou maxistralmente o noso Neira Vilas) un manifesto de denuncia que conserva aínda hoxe, no esencial, toda a forza no seu apelo á conciencia honesta do profesorado para que non se converta nunha peza máis da engranaxe da discriminación por razóns económico-sociais.

Esta edición de Kalandraka, en tradución de Carlos Acevedo, enriquécese cun clarificador epílogo da autoría de Carmen Beti, catedrática de Historia da Educación na Universidade de Florencia e unha das grandes especialistas na pedagoxía milaniana.


·     Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, de Pepe Barro (Eds. Xerais)

A concepción da cultura galega dominante entre moitas de nós é fundamentalmente, queirámolo ou non, “literata”. A importancia histórica do feito literario na afirmación da lingua, a circunstancia de que moitas escritoras e escritores teñan constituído “símbolos” do país en diversas épocas e o relativo “retraso” e “precariedade” con que outras manifestacións culturais (poñamos por caso o cinema ou o cómic) asentaron feitas na propia lingua poden ser razóns que expliquen en parte ese predominio do libro na “visualización”, mesmo obxectual, da nosa cultura. Mais, loxicamente, hai, como indica o título da obra que comentamos, ben “máis que ver”: logos, denominacións, formas e etiquetas dos produtos empresariais (Mondariz, Sargadelos, Zeltia, Zara…), maquetas, cabezallos e tipos de letra de revistas, xornais, fundas de discos ou coleccións editoriais, bandeiras, escudos, iconas e alegorías da propia Galiza, símbolos xacobeos, deseños cerámicos, marcas mariñeiras, edificios arquitectónicos e un longo e apaixonante etcétera.

De todo iso, de motivos, historias e figuras relacionadas coa comunicación visual e o deseño (Federico Ribas, Luís Huici, Camilo Díaz Baliño, Enrique Mayer, Ventura Cores, Castelao, Luís Seoane, Carlos Maside, Uxío Souto, Reimundo Patiño, Xohán Ledo, Isaac Díaz Pardo…), ocúpase no libro que comentamos Pepe Barro (Pontedeume, 1955), el que profesionalmente falando é autor, ademais, de traballos que todas (re)coñecemos, como a camiseta da hibernada selección galega, o sitio web da Academia Galega, a etiquetaxe dos viños albariños de Terra de Asorei ou as anovadas musealizacións das Casas de Rosalía en Padrón e Manuel Antonio en Rianxo.

O volume Máis que ver reúne cen artigos, a maior parte deles publicados previamente na sección “Botar un ollo” do semanario Sermos Galiza, partindo da base de que as imaxes “constrúen un discurso tan potente ou máis que os edificados con palabras”. Unha obra escrita con rigor, paixón e amenidade para coñecermos unha parte pouco reflexionada aínda da nosa historia, para anchear a nosa visión sobre a produción cultural e simbólica do país e para “aprendermos a ver” máis e mellor. Recomendabilísima.
   
Principio de incerteza, de Pilar Ortega (Eds. Xerais)

Gañadora do Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo en 2017, esta novela de Pilar Ortega Pereira (Vigo, 1975) está protagonizada por unha docente de secundaria que está embarazada e que se ve profundamente interpelada, tanto a nivel humano como profesional, pola situación complicada e angustiosa en que vive unha das súas alumnas, inmigrante de orixes polacas. A situación espertará nela, ademais, recordos traumáticos da súa propia infancia no rural galego, coa figura dun pai abusador como sórdida sombra. 

Alén do interese argumental, destaca nesta obra un estilo narrativo propositadamente sobrio, directo, que axuda a multiplicar a forza das vivencias e das transformacións anímicas que a voz narradora vai revelándonos nun ton confidencial que a torna cálida e próxima.

      Lapis na noite, de Ramón Nicolás (Eds. Xerais)

A segunda novela do profesor, tradutor e crítico literario Ramón Nicolás (Vigo, 1966), tras O espello do mundo, revisita desde certa perspectiva galega o horror da ditadura militar arxentina (1976-1983) por medio do diario escrito por un individuo que fuxiu da guerra do 36 e que acabou perdendo logo no país de acollida a súa amada filla Iria a mans dos fascistas da Escola Mecánica da Armada.

Como é ben sabido, o secuestro, tortura e asasinato en setembro de 1976 dun grupo de estudantes que participaran activamente en diversas mobilizacións para reclamaren unha redución do prezo dos billetes de transporte é coñecido na historia arxentina como a “Noite dos Lapis” e xa deu orixe a libros como o de María Seoane e Héctor Ruíz Núñez, La noche de los lápices, e ao filme homónimo dirixido por Héctor Olivera en 1986, con guión de Daniel Kon. 

Na novela de Ramón Nicolás, alén dunha recreación conmovedora deses terríbeis feitos, hai abondo parágrafos sobre a presenza galega en Arxentina como para non sentírmonos alleas ao que aconteceu aló cando aquí a ditadura de Franco comezaba a ficar aquí pola popa… 

Unha lectura é esta, coidamos, das que poden axudar a vacinar contra algúns cantos de serea que debidamente magnificados e edulcorados por certos sectores, como antes fixeron noutras latitudes cos Trump, Salvini, Bolsonaro, etc., pretenden encher de votos nestes días no Estado español as alforxas da dereita extrema e/ou ultradereita, en calquera das súas tres actuais expresións partidarias.


[Recensións publicadas orixinariamente na revista do STEG Aulas Libres, número 12]

ARREDOR DO CONTRIBUTO POÉTICO GALEGO DE LUEIRO REY.

$
0
0



No rodicio da vida e da poesía, moitas voltas leva dado xa o mundo desde que o escritor e militante comunista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916- Ogrove, 1990) deixou de estar corporeamente entre nós. E o certo é que sobre a súa figura veñen actuando, desde entón, dúas forzas tan teimosas como contrapostas, nun singular combate silente e titánico.

Unha delas, a da desmemoria, tenta arrombar cada día que pasa o seu nome a un eco que se apaga máis e máis, a unha simple nota de rodapé dos manuais de historia literaria galega, opacado por outros nomes de aparente máis brillo ou relevancia (poñamos por caso os de Celso Emilio Ferreiro, Díaz Castro, Carvalho Calero ou Xosé Mª Álvarez Cáccamo, dentro da súa mesma “quinta”, a da chamada “xeración do 36”) ou sepultado, entre ignorancias e descoñecementos máis ou menos involuntarios, debaixo dunha etiqueta cómoda e tópica, a da “poesía social”, que se ben puido dar algún lustre e sona en tempos do que el propio denominou “Transición intransigente”, ten agora, en tempos de apoteose ideolóxica neoliberal, connotacións mesmo pouco positivas.

Outra, a da reivindicación, enarborada na acción e na palabra por grandes admiradores do escritor como, entre outros, Francisco Lores (que nos deixou en datas recentes), Xesús Alonso Montero, Antonio Chaves Cuíñas, Gustavo Luca de Tena, Modesto Hermida, Mª Xesús Vidal e Ramón Nicolás Rodríguez (“A persoa que máis ten feito, como editor e estudoso, pola obra literaria de Lueiro”, en xusta e acertada caracterización do xa citado Alonso Montero) teima felizmente en manter acesa a chama daquel lume, recompilando novos textos, publicando inéditos, ilustrando, traducindo, estudando e rememorando desde ángulos diversos as facetas plurais daquel loitador da cultura e da clase obreira que foi o Lueiro Rey, sempre amigo de chamarlle ao pan, pan e ao viño, viño en todas as vertentes da súa traxectoria.

Nós queremos contribuír humildemente a engrosar esta segunda corrente, a que reivindica o valor, interese e mérito do seu legado literario, ideolóxico e humano, proxectándoo como unha luz de faro no rudo presente adverso. E queremos facelo revisitando e reflexionando con ollada limpa sobre os versos galegos que escribiu, que foron recollidos, como é ben sabido, en tres monllos sucesivos, de aparición máis ben serodia e, no caso do derradeiro, mesmo póstuma: Escolma ferida (Eds. do Castro, Sada, 1977), Nova escolma ferida (Eds. do Castro, Sada, 1988) e Derradeira escolma ferida (Eds. Xerais, Vigo, 2003).

A primeira consideración a facer é, precisamente, a que nos leva a reivindicar que, por debaixo desa etiqueta de “poeta social” con que Lueiro Rey foi taxidermizado habitualmente xa en vida, e que parecería connotar de maneira apriorística a súa produción con determinados esquematismos temáticos e ata con presuntos desleixos formais, corre en realidade un río de poesía diversa, rica en matices e esteticamente nada descoidada, aínda que, iso si, adrede diáfana. Unha poesía que afinca en vivencias moi intensas e que, nese senso, expresa valores e verdades esenciais do ser humano, sentimentos e pulsións de carácter universal que están ben lonxe tanto da poesía concibida como “consigna” e “slogan” como, tamén, da instalada nunha baleira artificiosidade verbalista.

Lueiro Rey foi un poeta do humano, da memoria e do sufrimento, da loita e do fracaso, da carraxe indignada e do íntimo desánimo, pero non foi nunca un panfletario. Quer falase desde o “eu”, quer desde o “nós”, houbo sempre unha chama de sinceridade expresiva e de autenticidade cordial ardendo en cada verso seu. El mesmo reivindicou ese trazo libérrimo do seu estro no poema “Xa sabedes”, cando sinalou: “hei seguir cantando o que me peta, / botando fóra o que me morde o peito”.

Non por acaso o substantivo que elixiu para caracterizar o conxunto da súa produción poética na nosa lingua foi o de “ferida”: o poema, “latexar do corazón ferido”, exposto como unha radiografía que nos amosase cicatrices internas, o verso como un esconxuro íntimo lanzado ao vento contra as dores e as escoriacións da propia alma, o lirismo como un tenaz exercicio contra a desmemoria, a palabra como unha ferramenta de soerguemento e afirmación, como poñen ben de manifesto poemas seus titulados “Pumariños tenros”, “Herdanza”, “Campá do meu soño” e “Deixar amósegas no tempo”. Por iso o definiu Herminio Barreiro nalgunha ocasión, ben atinadamente, como “poeta esencial”, engadimos nós na antítese da banalidade, da superficialidade e da autocompracencia.

Unha segunda consideración lévanos a salientar a profunda influenza que sobre a súa ética e a súa estética exerceron, efectivamente, poetas e artistas profundamente admirados, comprendidos e mesmo tratados persoalmente por el: Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Arturo Cuadrado... Poetas todos eles de vida e lira marcada polos avatares do devir histórico en propia carne, que pagaron con exilio, prisión e mesmo morte a fidelidade a uns ideais dignificadores da condición humana, a coherencia entre palabra e acto, a altísima autoesixencia ética, nunha verba, o “compromiso”.

Nesta perspectiva, coidamos que na consideración da poesía de Lueiro Rey á luz do contexto histórico e estético do seu tempo terá que ocupar sempre un lugar preferente, por revelador, o poema “Cantiga do mar da Arousa”, que o seu propio fillo Geno Lueiro, Francisco López Chesqui e outros mozos de Ogrove cantaban sen medo co grupo “Ritmo Joven” a mediados da década dos 70 e que o catedrático cambadés Francisco Fernández Rei estudou ben a fondo.

Non é só que Lueiro levantase nese concreto poema acta da miseria, da fame, do medo, da intolerancia represiva e da grisallenta atmosfera social e cultural do franquismo máis mouro, senón que, asemade, rebentou empregando as súas mesmas armas expresivas e formais a estética do “neotrobadorismo”, unha proposta que nacera en tempos de preguerra do abraio diante do tesouro da nosa lírica medieval mais que, a partir do 36, ficara convertida en recurso socorrido de poetas “escapistas”, “diletantes”, “descomprometidos” ou directamente “instalados” nas poltronas culturais do réxime franquista.

Hai, en terceiro lugar, un motivo poético concreto na obra galega de Lueiro Rey que nos resulta conmovedor en extremo, o da vida truncada e estragada pola guerra e pola ditadura subseguinte, ese “saco de flores ao lombo podrecendo”, en expresión de Celso Emilio Ferreiro, co que tiveron que cargar os mozos poetas a quen o 36 colleu en pleno espertar vital e creativo, abrindo diante das súas propias traxectorias literarias e humanas un abismo longo e escuro, imposíbel de encher. O noso poeta proclamará a súa amargura: “Dende entón eu sei que me roubaron / corenta anos de tempo do meu tempo”, e, noutro poema, constatará con resignada lucidez: “Tocoume un tempo podre que vivire, / e fun mordendo a anguria do silenzo”.

Reler sen prexuízos estéticos nin ideolóxicos eses poemas “confesionais” e introspectivos de Lueiro Rey, sen lugar a dúbidas, obriga a asolagarse nun baño de dor humana auténtica que non pode deixar indiferente e que dá a medida xusta da honestidade e profundidade do noso poeta. Vibra a corda con tanto padecemento dentro que o afeite e o adorno non poderían ser interpretados aquí máis que como impostura. De aí esa dicción directa, sobria e intimista ao mesmo tempo, que se proxecta sobre a persoa lectora como unha confidencia dolorosa en voz baixa, soletreada no silencio da alta noite, máis que como un berro de rebeldía lanzado en plena rúa ou á luz do día. Neses poemas (poñamos por caso os titulados “Ausencias”, “Meio século” e “Agardando”), Lueiro Rey parece chorar desconsolado nun ombreiro imaxinario por tantas esperanzas vitais que resultaron tronzadas de súpeto, e non podemos imaxinalo entón máis lonxe de calquera espírito pueril de “propaganda” nin máis afastado de calquera tentación de maniqueísmo ou “pose”. Como anotou Basilio Losada, o autor de Manso escribiu decote “sen caer na simpleza ou na trivialidade”.

Por outra banda, a solidariedade humana (“saberse sempre ó pé dos demais homes”) é un sentimento permanente na obra de Lueiro. Unha solidariedade que se envolve en franqueza expresiva e que non está exenta, ás veces, de coloracións tristes, coma laios diante da dor, do sufrimento e da inxustiza flagrante. O Chile de Allende, de Neruda e de Jara, martirizado física e espiritualmente polos sanguinarios comandados polo xeneral Pinochet, ocupa un lugar moi relevante neste universo temático do militante internacionalista Lueiro Rey (en poemas como “Loitando, sempre loitando”, “Canto pra unha cidade triste”, “A derradeira cantiga de Víctor Jara”, “Canción pra un pobo irmán”, etc.), canda o Portugal de Abril (“Poema de urxencia pra un pobo en marcha”) e a Nicaragua sandinista (“O son da vida nova”), como tamén o ocupa, contrastivamente, a constante e irada denuncia contra todos os Caíns, os tres “irmáns siameses” (Hitler, Mussolini, Franco), os morcegos, os ratos,os alacráns e os avutres, en definitiva, esa fracción do xénero humano entregada á pérfida causa de medrar “ó lombo / dos osos da fame e da inxusticia” e perpetuar así o mal, o medo, o abuso e toda caste de infamias e ignominias.

Tamén espertará algúns versos solidarios no Lueiro Rey a epopea anónima da emigración galega (véxase o poema “Carta escrita que non ten resposta”, enderezado a Castelao), unha emigración que el propio coñecerá de primeira man durante sucesivas viaxes á Arxentina e ao Uruguai, convidado pola “Sociedad Unión Hijos del Grove”: 1968, 1972, 1978, 1985... O contacto cunha parte moi relevante do exilio republicano galego (Seoane, Varela, Cuadrado...) durante eses periplos suramericanos supuxo para el unha especie de “segundo nacemento”, que acabou traducíndose nun abrazo decidido á lingua de noso como ferramenta literaria e nunha reafirmación máis férrea, se couber, no ideario de esquerdas e na loita a prol dos “pobres do mundo”.

“Cantar a verdá do noso tempo”. Este verso seu, que escribiu no seu día como homenaxe a Antonio Machado, resume de vez a intención última coa que Lueiro Rey afrontou todo o seu quefacer como escritor. Foi a súa poesía, por iso mesmo, voz para a esperanza nun mellor porvir para as clases populares, berro de alento nas loitas xusticeiras, consolo nos inevitábeis retrocesos dunha historia concibida dialecticamente, campá de denuncia diante de innúmeras lacras antihumanistas en todas as latitudes do mundo, recriminación de incoherencias e acomodacións persoais e colectivas terxiversadoras, que tinxiron de indignada amargura e decepción os derradeiros anos vitais deste incansábel loitador.

No remate destas liñas, atrevémonos a lanzar un interrogante que quere ser aberto e xeneroso convite a visitar de novo a súa figura e obra, tendo moi presentes palabras que o propio autor de Ogrove estampou nun artigo en 1986, desexando que a data en cuestión fuxise para sempre “desa falsa xeitura de xogos florais, que máis que arrequecer a nosa cultura, o que fai é dar lugar a un exercicio ocioso onde medran os mitos, que sempre foron quen tiveron á nosa terra fundida nun neboeiro elitista”: Para cando un merecido Día das Letras Galegas ao poeta, narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey?



[Publicado orixinariamente no número 24 da revista Aunios (maio de 2019), editada pola A. C. Pineiróns, de Ogrove]

PINTORES DO MAR: ANTONIO FERNÁNDEZ

$
0
0

Autorretrato. Museo Prov. Lugo

As paisaxes do tramo final do Río Miño e as da costa entre a Punta dos Picos e o Cabo Silleiro que acolleron en xullo de 2019 o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais organizado por Culturmar tiveron un intérprete artístico privilexiado ao longo do século XX na persoa de Antonio Fernández Gómez (1882-1970), o pintor de Goián, un dos destacados representantes do que se deu en chamar “escola rexionalista” dentro da pintura galega, a carón de nomes como Francisco Lloréns, Carlos Sobrino ou Felipe Bello Piñeiro. Nas liñas que seguen daremos humilde noticia da súa figura e traxectoria e reproduciremos algunhas das obras que xustifican que o acollamos con todo o merecemento nesta xa veterana sección da nosa revista Nova Ardentía (núm. 11).


O pintor Antonio Fernández Gómez veu ao mundo en Goián (Tomiño) o 16 de febreiro de 1882. Fillo único, con tan só tres anos de idade ficou orfo de nai. No ronsel de tantos outros galegos desa época, emigrou sendo aínda mozo, en 1894, ao Brasil e traballou para sobrevivir en varias fazendas dedicadas ao cultivo e recollida do café na zona de Araraquara e São Carlos do Pinhal.


Na cidade de São Paulo recibiu leccións gratuítas de debuxo e pintura do artista e fotógrafo de orixes alemás Karl Ernest Papf (1833-1910), consolidando unha vocación que xa non abandonaría no resto dos seus días.


Praia brasileira. 1906
Cando regresou por vez primeira ao Vello Continente, en 1901, decidiu viaxar a Italia e alí, tras visitar Nápoles e Roma e asistir a diversas academias e estudios de pintura, acabou instalándose durante unha temporada na vila de Antícoli Corrado, nas montañas dos Abruzzi, perto de Roma, onde coincidirá con outros artistas como Fernando Á. de Sotomayor, o aragonés Mariano Barbasán Lagueruela, etc. As súas casas e rúas, os seus regatos, as súas paisaxes abruptas e nevadas, os seus solpores e os seus rabaños de cabras e ovellas serán obxecto preferente das obras deste período. Ese gusto pola natureza e polas paisaxes (“bucolismo”, “xeorxismo”), como ten salientado o crítico Carlos L. Bernárdez, caracterizará o resto da traxectoria pictórica do goianés, que se enmarca na estética do realismo decimonónico e que amosa sempre unha extraordinaria pericia técnica e compositiva.


Tras conseguir coa axuda dunha tía o peculio que necesitaba para resolver a súa situación de precariedade económica en Antícoli, regresa á Península en outubro de 1903, estuda intensamente moitas obras da pinacoteca do Prado en Madrid (especialmente as do seu admirado Velázquez) e envía o cadro “Rincón de aldea” á Exposición Nacional de Bellas Artes. A xuízo do crítico de El Imparcial Francisco Alcántara (29.5.1904), é unha das obras que nesa mostra “revelan más intensidad de observación”.


Barcos de vela. Centro Espanhol de Santos
Entre 1905 e 1913 reside novamente no Brasil, concretamente na localidade portuaria de Santos. Proba fortuna expoñendo en localidades como a propia Santos, São Paulo e Rio de Janeiro, onde as cousas non corren como era o seu desexo e colleita sucesivos fracasos, que o colocan nunha situación de desánimo e de estreiteza económica moi preocupantes, pero máis tarde, en 1907, consegue un relativo respaldo para as súas aspiracións artísticas e profesionais noutras exposicións en Belém do Pará e Manaus, auténticos emporios da industria do caucho nesa época, con algúns cadros de ambiente mariñeiro como “Docas do Mercado de Santos”, “Praia de São Vicente” e “Barco de carga” e con outros en que recrea paisaxes e lugares de Antícoli Corrado.


A partir de entón, algunhas entidades de Santos, como a Cámara Municipal, a Casa de Misericórdia, o Centro Español e o Real Centro Portugués e algúns clientes potentados, como o portugués António Pereira de Carvalho, encárganlle diversas obras e murais, que acrecentan notoriamente a súa sona artística e lle garanten o sustento. En outubro de 1910 protagoniza, por ese motivo, unha das reportaxes da revista de Jaime Solá, Vida Gallega, de grande difusión entre os núcleos emigrantes galegos de América e Portugal. En Santos recibe, por outra banda, a protección mecenática dun industrial goianés emigrado, Juan Estévez Martínez, que o convida a residir e pintar na súa finca de Itabatatinga.


De regreso á localidade italiana de Antícoli desde maio de 1913 ata o verán de 1919, con algún retorno estacional puntual ao Brasil, traballa sen parar, pintando, segundo as súas propias palabras, “como un desesperado, todo el día”.


Mariña azul
Coa obra producida, retorna en 1919 a terras brasileiras e colleita novos éxitos de crítica e vendas en exposicións que celebra nese mesmo ano en São Paulo e Santos, e, algo máis tarde, en Rio de Janeiro (febreiro de 1920), amosando cadros como “Narrando o combate”, “Amamantando”, “Fontanile de la Ficciola”, “Estrada Velha”, “Luz intensa”, “Ante o abismo”, “Bebedouro”, “Semana Santa”, “Rebanho inquieto”, “Eterna labor”, “Tranquilidade aldeá” e “Volta ao aprisco”. O crítico de arte do Diario Español da localidade paulina, José Eiras-García (fillo), escribe o 3 de outubro de 1919:


Sus lienzos son interesantes, agradables, artísticos y armoniosos; tiene aciertos de composición y de colorido tan esplendentes, poseen en los contornos tantos encantos, compendian en sus triunfales bellezas y embriagadoras maravillas tanta vida, que podemos decir que ante la prodigiosa verdad de los mismos sentimos palpitar en ellos la vida que se encierra en el seno de la naturaleza.

¡Qué técnica sobria y vigorosa y qué predisposición maravillosa para el paisaje! […]

Examinando sus pinturas, se llega á la conclusión inmediata de que el artista procura dar al espectador una honda sensación de arte sincero y una visión perfecta de naturalidad.


Antícoli chama novamente por el e, tras pasar o verán de 1920 en terras goianesas, permanecerá na localidade italiana por última vez entre 1922 e 1926, ano este último en que regresa de xeito provisorio á Península ibérica. Desta época data o seu romance amoroso coa modelo italiana Lucía Ciucci, protagonista de cadros como “Pintor y modelo”, “Baño da cascada” e “Ragazza romana”.


Pena A Torre. Museo Prov. de Lugo
Obras da autoría de Antonio concorren por esta época, entre 1922 e 1927, a varias Exposicións Nacionais de Belas Artes e Salóns de Outono en Madrid e chaman a atención do científico e futuro premio Nobel de Medicina Santiago Ramón y Cajal, quen lle dedicaría varios parágrafos admirativos á súa pintura paisaxística no seu libro El mundo visto a los ochenta años(1959). No Salón de Outono de 1922, segundo testemuña o crítico de arte do Heraldo de Madrid, Blanco Coris, Antonio Fernández expuxo “un cuadro grande de composición muy sentido y honradamente pintado, en el que el artista desarrolla una escena de Semana Santa en el interior de un templo de Pontevedra”. Non foi a única obra de temática relixiosa que pintou nestes anos.


Mariña
Tamén concorreu con obras como “As fiandeiras” e “Rabaño” á Exposición Rexional de Compostela en 1926. No acto de inauguración, Cotarelo Valledor afirmaría que na mostra destacaron como auténticas revelacións o pintor goianés que nos ocupa e o escultor xordomudo Acuña.


Na revista Vida Gallega (núm. 309, 30.6.1926), Valentín Paz Andrade dedicoulle o traballo “Un gran pintor gallego desconocido en su tierra”. Ademais de reproducir tres dos cadros do artista goianés, “Aldea italiana”, “Bosque de oliveiras” e “As fiandeiras”, o entón director do diario vigués Galicia ponderou o seu galeguismo e contou como o artista rexeitara a chantaxe que lle fixera un membro do xurado dunha desas Exposicións Nacionais, que pretendía facerse cun cadro do pintor a cambio de “concederlle” unha medalla no concurso... Da pintura do seu compatriota, o autor de Cen chaves de sombra aseveraba nese traballo que citamos:


En sus telas hay una belleza clara y sencilla, buscada por los métodos más clásicos […] A la paleta de este artista no llegaron ni el impresionismo, ni el expresionismo, ni ninguna de las modernas tendencias de la pintura que han improvisado tantas reputaciones.


Menos compracente foi, con todo, o crítico F. A. [Felipe Fernández Armesto?] en El Pueblo Gallego (27.8.1926), pois comentando a participación de Antonio Fernández na Exposición de Arte Galega celebrada en Compostela, indicaba:


La obra de este artista era desconocida hasta ahora en Galicia. Emigró, todavía muy joven y pasó la mayor parte de su vida en el extranjero, estudiando pintura en Italia. Presenta cinco cuadros, ninguno de los cuales tiene asunto gallego. Pertenece a la escuela “realista” anterior al advenimiento del impresionismo y - claro está - de las tendencias posteriores. Conoce perfectamente la técnica de su arte anacrónico. Muestra en su obra una sensibilidad apocada. Se esclaviza al natural de tal modo que en ocasiones, tal como en su óleo “Borregos”, llega a un “verismo” irritante.

Su obra más bella es, para nosotros, la titulada “Casas”, sólida, bien entonada y construida; la que más se liberta del servilismo al modelo. Tiene toda la sinceridad que le permiten los prejuicios de su escuela. Desdeña la obra ligera o inacabada. Dibuja, define y remata. Nuestros artistas, jóvenes y viejos deben imitar tales virtudes en este maestro; y nada más.


No mes de marzo de 1927, concretamente no día 20, a coñecida revista madrileña Blanco y negro, vinculada ao grupo editor do xornal ABC, levaría á súa portada a obra de Antonio Fernández “Primavera. Flores tempranas”.


San Xián. Mariña
Tras unha nova estadía de arredor de tres anos no Brasil (1927-1929), con novas exposicións en São Paulo, Rio de Janeiro e Santos de cadros como “As fiandeiras”, “Volta ao aprisco”, “Na fonte”, “Vida da aldea”, “Rochelos” e, moi especialmente, “Sexta-feira Santa”, tamén coñecido como “Viernes Santo”, que suscitan parágrafos laudatorios na prensa como os que lle dedica a Gazeta paulina do 19 de marzo de 1928 (“estamos realmente diante de um mestre que sabe pintar, desenhar e compôr”) ou lle tributa o correspondente de El Pueblo Gallego en Rio de Janeiro, A. de España Paramés (“Sorprenden por su plasticidad y perfección los cincuenta lienzos que inspirados en Galicia e Italia presenta el artista en su exposición al público de esta ciudad, y son fieles intérpretes de su genio de pintor, dando idea exacta de su gran dominio de los pinceles”), Antonio Fernández regresa á aldea natal na primavera de 1929 e, con 47 anos feitos, afíncase definitivamente e con moita discreción en Goián, sen deixar nunca de traballar nos seus cadros.


É, con efecto, un artista decidido a centrarse no seu calado labor e a fuxir tanto da farándula como do compadreo. Así e todo, recibe a homenaxe de que se bautice co seu nome a praza da igrexa goianesa e non deixa de enviar algunha mostra do seu quefacer aos Salóns de Outono madrileños de 1932 (cos cadros “Maternidad” e “Na beira do Miño”), 1934 (nesta ocasión con “Paisaje con pécoras”, tipicamente xeórxico, e “Alegoría de la guerra”, tristemente premonitorio) e 1936 (co cadro “Rebaño de ovejas”). Na Semana Cultural Galega celebrada en Porto na primavera de 1935, expuxo “Colo materno”, “Touriña” e “Rincón de aldea”.


É neste tempo, con anterioridade ao estoupido da guerra (in)civil, cando achega algunha que outra colaboración a xornais e revistas de índole progresista, agraria e galeguista como El Heraldo Guardés, El Agro de Tomiño e El Pueblo Gallego, case sempre asinadas con pseudónimo, mais permanece alleo aos novos ventos renovadores e aos debates estéticos que traen consigo os artistas da xeración vangardista (Maside, Seoane, Souto, Colmeiro, Laxeiro…).


Cómodo no tratamento de motivos costumistas e entregado de cheo ao retrato fiel dos elementos da paisaxe e da natureza, “o noso artista foi un creador que sempre se sentiu a gusto coa tradición”, indica o xa citado Carlos L. Bernárdez, “creando un mundo acolledor e íntimo de pastores, rabaños, vieiros entre montes e arquitectura popular, que evidencia un amor fondo polo mundo tradicional”. Nesa perspectiva deben colocarse igualmente, coidamos, as “mariñas” que pintou nos seus últimos anos de vida con algúns emblemáticos lugares da costa guardesa (Portecelo, San Xián, Santa Mª de Oia…) como motivo de inspiración, unhas “mariñas de aire salobre, olor a algas y bramido de rompientes”, en atinada caracterización de Eliseo Alonso.


Nun artigo de prensa editado en 1970, o propio Eliseo acertaba a resumir as esencias temáticas da pintura do seu amigo do seguinte xeito: “La figura, el paisaje, una ola viva en mar abierto apresada en el último centímetro de su altura blanca, las rocas y los árboles queridos. Todo es una fiesta de verdes, azules, ocres. Antonio Fernández en el gran contemplativo de la naturaleza”.


En Goián, na dura época de posguerra, Antonio Fernández cultiva a amizade de escritores como o sacerdote Faustino Rey Romero e o xa citado Eliseo Alonso (de quen nos ocupamos na sección “Letras na almadraba” deste mesmo número da revista). Este último converteuse no divulgador máis constante e entusiasta da súa obra. Ademais, Antonio exerceu claro maxisterio sobre algúns artistas máis novos residentes na zona, como o pintor Xavier Pousa (1931-2000), o escultor Maxín Picallo (1940; autor de coñecidos monumentos na Guarda ao poeta Feliciano Rolán, ao Caudillo Celta e ao Mariñeiro Desaparecido) e, a partir de 1972, o tamén escultor natural de O Hío (Cangas) Xoán Piñeiro (1920-1980), autor dos monumentos dedicados en Tui ao arcebispo Lago González e ao político Calvo Sotelo. Por volta de 1955, en carta a Eliseo Alonso, o sacerdote e poeta Faustino Rey, daquela residente en Amorín, contaba:


Don Antonio Fernández sigue desafiando a la misma naturaleza. El verano pasado visité su estudio. Estaba pintando unas flores. Supongo que sería una alucinación mía: me pareció que se movían y hasta se me antojó percibir su campestre aroma. Desde hace una temporada, dejó la dulzura del Bajo Miño y va a inspirarse en los broncos acantilados de Santa María la Real de Oya.


Costa brava entre A Guarda e Oia, 1954
En 1944, Antonio Fernández realiza a súa primeira exposición individual en Galiza, concretamente no Casino de Vigo. Aínda que a mostra é un éxito tocante a vendas, algunha crítica, como a que asina Cristóbal Cea en La Estafeta Literaria de Madrid (núm. 7, 15.6.1944, p. 27), non deixa de sinalar a falta de innovación estilística da pintura do goianés, que ofrece un “academicismo cerrado, sin concesiones”, “un realismo a ultranza” e que se amosa, asemade, “desplazada de la sensibilidad actual”, se ben manifesta do punto de vista técnico, en compensación, unha fasquía “realmente irreprochable”, unha “cromática brillante” e “una minuciosidad lindera del preciosismo”.


Laxeiro, en declaracións á revista viguesa Cartel (núm. 10, 15.5.1946), englobará así e todo o de Goián na categoría de “mestres” da pintura galega, xunto a Sotomayor, destacando ademais que era “un buen detallista de la realidad”.


Nos primeiros anos da década dos 50 a revista galaico-arxentina Mundo Gallego, que impulsan en Buenos Aires Eliseo Alonso, Teodoro Campos e Xosé Conde, reproduce nas súas páxinas varios cadros seus, como “Na beira do Miño” e “Touriña mamando” (núm. 1), “Paisaje del Miño” e “As fiandeiras” (núm. 2), “Paisaje del Bajo Miño” (núm. 3) e “Na fonte” e “Bodegón” (núm. 4), así como un breve traballo de Xavier Pousa sobre a súa figura (núm. 4). Tamén asoma nesa mesma década a arte do pintor goianés ás páxinas da revista galaico-bonaerense Airiños, que reproduce, por exemplo, o seu “Vuelta al aprisco” no seu número 13 (xaneiro de 1954). Ademais, nas planas de El Pueblo Gallego (21.5.1952), o propio Eliseo Alonso dedícalle o gabancioso artigo “O Miño a través do seu intérprete máis fidel”, ao que pertencen estas liñas:


Antón Fernández Gómez é un grande pintor galego que reflexa nos seus lenzos, pol-o infruxo do seu estro creador, un dos infindos poemas da nosa belida Galiza: as verdecentes ribeiras do Miño. Eisí pódese decir que neste xeito do seu arte, máis que un pintoré un poeta afervoado que canta a Natureza celta co seu pincel.


Costa guardesa, 1958
Pouco despois, concretamente en 1954, Antonio Fernández ilustra unha publicación sobre temas arqueolóxicos de Fermín Bouza Brey e Xosé Mª Álvarez Blázquez, que leva por título Industrias paleolíticas do Baixo Miño. O xornalista Caba, na súa sección “Ángulo de la Peregrina” de El Pueblo Gallego (22.2.1957), escribirá sobre o artista de Goián:


Tenemos prisa por señalar otro fenómeno; cómo un paisaje bello en sí, puede ser poetizado, idealizado por un pincel. Y este es el caso del pintor Antonio Fernández, de Goyán. Una paleta parada, como si se tratara de un reloj del renacimiento, en 1905, fecha de su primera exposición. Y no lo decimos en demérito. Un pintor de hoy, un ultra del grupo no figurativo, no puede concebir que el paisaje, a fuerza de colorido, de transparencia, de pureza atmosférica, deje de ser una reproducción realista para convertirse en una recreación, en algo así como una pintura abstracta, por lo cerebralizada, de lo figurativo. Hemos visto cómo se tratan verdes, azules y ocres hasta conseguir masas forestales lujuriosas, límpidos azules, aguas químicamente puras y piedras talladas y con nuevo oriente como si fueran diamantes y no canchales recelo de marineros que saben que allí pueden estrellarse. Una oveja o un ternero de Antonio Fernández es una variedad sublimada; ni ovino ni bóvido, sino algo tan perfecto, tan rematado, que provoca el desasosiego de no tener, míresele por donde se le mire, nada nuevo que matizar.

Hasta su política pictórica es extraña por el perfecto ajuste que la caracteriza: no sale de Goyán, no expone, no habla la prensa de él... Está fuera de onda del mundo actual. Y allí, a su estudio aldeano, ni cómodo, ni amplio, ni atrayente, acuden sigilosamente sus entusiastas a comprar su obra... A comprarla, cuando quiere venderla. Es un avaro de sus creaciones; avaricia que solo tiene un hándicap en la necesidad de vivir. ¿Se ha resuelto el inmediato problema gástrico...? Pues se acabó la venta. Un extraño superviviente…


En 1959 o Museo Provincial de Lugo dedicaralle unha das súas salas. Así adiantaba a nova J.O.G. [José Otero Gómez], correspondente do diario olívico El Pueblo Gallego en Goián, na súa crónica de 30 de outubro de 1958:


Pastando en Goián. 1956
Cuadros de Fernández para el Museo de Lugo

La ciudad de Lugo, en su afán de reunir en el Museo provincial lo más selecto y representativo de nuestro arte regional, va a contar ahora con una colección de diecisiete cuadros del pintor de Goyán, Antonio Fernández, a los cuales se destinará una sala.

Con este motivo, y con el fin de entrevistarse con el laureado pintor, se han desplazado especialmente a esta villa, dos personalidades lucenses, los señores Fernández y Vázquez Seijas, director este último de dicho museo.

La colección de cuadros cedida por Antonio Fernández, para enriquecer la pinacoteca del Museo de Lugo, está integrada por diversos paisajes llenos de luz y colorido, que evocan las bellezas de nuestra comarca del Bajo Miño.Completan la colección unas mariñas del litoral atlántico de La Guardia, y varios estudios de animales y de árboles, así como algunas telas de su época en Italia.

En resumen, que los trabajos que Antonio Fernández destina a la nueva sala del Musco de Lugo son las más expresiva manifestación del depurado arte de este maestro de la pintura gallega.


Co gallo deste recoñecemento ao artista goianés, a Asociación de Prensa viguesa tributoulle o 4 de novembro de 1959 unha homenaxe “íntima” en forma de “café de redacción” na súa sede social, de cuxas paredes penduraban dous óleos do artista, precisamente.


Portecelo, 1964
Logo de que Eliseo Alonso dese ao prelo o volume La pintura de Antonio Fernández(1959), o crítico Guillot Carratalá ocuparase da súa traxectoria artística nas páxinas do diario madrileño ABC, reivindicando a súa valía, lamentando o descoñecemento que existía sobre a súa obra e destacando cadros como “Viernes Santo”, “Narración del soldado” e “Callejuela de Antícoli”. O artista fará entón doazón de tres dos seus óleos á Real Academia Galega (“Sol matutino”, “Estudio” e “Contraluz”) e doutras tantas obras ao Museo Quiñones de León, de Vigo. Este último aceno de xenerosidade espertará, porén, algunha que outra suspicacia nun dos colaboradores do xornal El Pueblo Gallego, José Mª Signo, pois coincidía a doazón coas vésperas do fallo dun certame pictórico convocado pola Corporación viguesa, co nome de I Concurso Regional de Arte. Tanto o escultor Xoán Piñeiro como o entón conservador do Museo Municipal olívico, Ángel Ilarri, saíron entón á palestra pública para negar calquera afán espurio nas doazóns feitas, mais o citado Signo insistiu en cualificar de “inoportuna” a iniciativa de publicitar a entrega antes de que fose coñecido o fallo do citado concurso (videEl Pueblo Gallego, 19, 22 e 27 de xullo de 1960). Ao final, a pintora Julia Minguillón foi quen gañou o certame e Antonio Fernández contribuíu con algúns cadros, fóra de concurso, para a Exposición que cos traballos presentados se fixo pouco tempo despois en Vigo (El Pueblo Gallego, 1.8.1960).


Argaceiras en San Xián, 1955
Cómpre dicir que en abril de 1960, pouco antes de que este pequeno escándalo o envolvese, Antonio Fernández resultaría nomeado, por unanimidade, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, que presidía entón Ángel del Castillo López. Tamén hai que sinalar que nese mesmo ano o concello de Tomiño, presidido na altura por Troncoso Martínez, iniciou o expediente para nomear fillo predilecto ao pintor goianés, mais o certo é que tal recoñecemento só lle chegaría de xeito póstumo en 2013.


En 1970, pouco antes do seu óbito, que se produciría o 2 de novembro dese ano, Antonio Fernández expuxo unha antolóxica da súa obra no Círculo Mercantil de Vigo, con cincuenta e tres óleos e numerosos debuxos. A mostra foi, no dicir da crónica do Faro de Vigo, “un acontecimiento en la vida viguesa. La dignidad con que se ha montado, la aportación generosa de obras por el artista y por coleccionistas particulares y el sentido antológico de la muestra, redoblan el interés, si no lo tuviera ya por si mismo cada cuadro colgado”.


San Xián, 1966
En 1986 outra ampla exposición organizada por Caixavigo, dentro da serie “Grandes Artistas Galegos”, deu a oportunidade de recuperar idea sobre a relevancia da súa figura, obxecto tamén de homenaxe en varias exposicións celebradas a comezos do século XXI en A Guarda e Goián. Nomeado a título póstumo, como dixemos, “Fillo Predilecto” de Tomiño en 2013, o colexio público de Goián leva hoxendía o seu nome e desde xullo de 2014 está aberta na localidade unha “Aula-Museo Antonio Fernández”, deseñada polo fillo do seu discípulo Xavier Pousa e na que se recollen obras e obxectos persoais do pintor. Ademais, a chamada “Comisión Antonio Fernández” e o Concello de Tomiño habilitaron un espazo na Rede para a divulgación da figura e da obra do pintor (www.antoniofernandezpintor.com). Cada ano convócase un certame de pintura ao aire libre en memoria do artista goianés. Rematemos dicindo que na actualidade, descontadas as moitas dispersas en non poucas coleccións particulares, hai obras de Antonio Fernández en museos como o Provincial de Lugo e o Quiñones de León (Vigo) e en coleccións como as de Abanca-AFundación (Vigo), Fundación María José Jove e Pinacoteca Fernández del Riego (Vigo). Sempre resultará unha regalía para os ollos e para o espírito achegarse ata eses museos para contemplalas.





Para saber máis:


ALONSO, Eliseo (1959): La pintura de Antonio Fernández, Tui

ALONSO, Eliseo (1984): Antonio Fernández, Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Servizo Central de Publicacións.

BERNÁRDEZ, Carlos L. (2013): Catálogo da exposición “Antonio Fernández. Pintor de tres mundos”, Tomiño: Concello de Tomiño.

BUGALLAL Y MARCHESI, J. L. (1970): “Nota necrológica. Don Antonio Fernández Gómez”, en Abren­te. Revista de la Real Academia de Bellas Artes, n.° 2. A Coruña.

PAZ ANDRADE, Valentín (1926): “Un gran pintor gallego desconocido en su tierra”, Vida Gallega, Vigo, núm. 309, 30 de xuño, pp. 7-9.

POUSA, Xavier (1997): Antonio Fernández”, enArtistas galegos, pintores. O Rexionalismo I. Vigo: Nova Galicia Edicións, pp. 140-175.

VV. AA. (1986): Antonio Fernández. Exposición antológica. Vigo, Caixavigo.


DON RICARDO CARVALHO CALERO

$
0
0
D. Ricardo Carvalho Calero conversando comigo na Praza de Mazarelos, en 1986 (Foto de Isabel G. Avión)
Referencias para se achegar ao talento creativo, ao maxisterio intelectual, á figura cívica e ao perfil humano de Don Ricardo Carvalho Calero

Arredor do vindeiro 17 de maio de 2020 teremos oportunidade de festexar e render xustísima homenaxe á figura do sabio ferrolán Ricardo Carvalho Calero (30.X.1910-25.III.1990). 
 
Abonda unha simple enumeración das facetas que desenvolveu ao longo da súa traxectoria para decatarse da relevancia que lle corresponde e da valía e magnitude do seus variados esforzos e contribucións: poeta, dramaturgo, narrador, colaborador de prensa, brillante alumno da Universidade compostelá, activo socio do Seminario de Estudos Galegos, militante galeguista, miliciano e tenente no exército republicano, preso político no cárcere de Jaén ao acabar a guerra, profesor case clandestino de academias e pasantías no seu Ferrol natal durante a inmediata posguerra e logo no Colexio Fingoi de Lugo, docente no instituto “Rosalía de Castro”, primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na Universidade compostelá a partir de 1972, gramático, numerario da RAG, teórico e activista do reintegracionismo, membro de honra da AELG e da AGAL, socio da Academia de Ciéncias de Lisboa, medalla “Castelao” en 1984, Fillo Predilecto de Ferrol (1990)...
 
Foi a súa, en palabras da súa filla Mª Victoria, “umha vida densa e austera, dedicada a trabalhar por Galiza e pola sua cultura”. Fernán-Vello e Pillado Mayor esencializaron o seu perfil asegurando que foi “un home de lúcida palabra, afirmada galeguidade e livre espírito” que soubo manter decote, ademais, “a sua voz insobornável e crítica, radical e elegante, esperanzada e persistente”.
 
No desexo de contribuírmos ao coñecemento da súa variada obra e co ánimo de axudarmos a se orientar na xa nutrida produción bibliográfica que o seu quefacer xerou ata o momento, ofrecemos a seguir este monllo de referencias brevemente comentadas, a xeito de convite a mergullarse durante os días que veñen nelas. Poderemos así levar ás aulas (e ás rúas) toda a riqueza que atesouran convertida en actividades didácticas, culturais e/ou lúdicas, á procura sobre todo desas xeracións máis novas que necesitan beber nas fontes limpas da nosa tradición máis honesta e universal, a que Carvalho Calero tan ben encarnou en vida e que simbolizará xa para todo o sempre.
 
Produción poética
 
Don Ricardo, que deixou dito que “o máis íntimo da miña personalidade está reflexado na poesía”, comezou a súa traxectoria lírica na pre-guerra, con dous poemarios en castelán - o modernista Trinitarias (Imprenta de ‘El Correo Gallego’, 1928) e o juanrramoniano e lorquiano La soledad confusa (Ed. Nós, 1932) -, e outros dous en galego: Vieiros (1931) e O silenzo axionllado (1934). Estes últimos, saídos do prelo de Ánxel Casal, teñen diverso xorne: mentres o primeiro permanece ancorado aínda no simbolismo e no influxo de Rubén Darío, o segundo, acollendo ecos neopopularistas, neotrobadorescos e imaxinistas, representa unha contribución importante para a consolidación das novas correntes estéticas que bebían máis ou menos directamente da sensibilidade das vangardas (sobre todo do creacionismo e algo tamén do surrealismo), aínda que sen chegar a asumir todas as súas audacias.

Tense sinalado que, desde moi cedo, a poesía de Carvalho articulouse nun triplo eixo temático: o transcendente (poemas de corte filosófico e relixioso), o erótico-amoroso e o cultural e/ou clasicista (poemas de referencias míticas, bíblicas, históricas e artísticas). Tamén se ten subliñado o ton cerebral, meditativo, racional de moitos dos seus poemas, en oposición á poesía “apaixonada”. El propio afirmou que “a poesia para min non é outra cousa que catarse, non é un fin en si mesmo: é unha maneira de expresar esa trascendéncia, unha maneira de purificar-se, de purgar as angústias, as preocupazóns do home”. Formalmente, foi un versificador versátil, que apostou unhas veces polo rigor métrico e outras, en troca, polo versolibrismo. 
 
En 1993, Claudio Rodríguez Fer ofreceu no volume Poesía perdida (Eds. do Castro, Serie Documentos, núm. 101) o conxunto da poesía en español escrita por D. Ricardo e agrupada e organizada polo propio profesor en cinco libros, titulados respectivamente Versos para olvidar (con versos escritos entre 1925 e 1930, bastantes dos cales apareceran no libro Trinitarias), Versos para romper (composicións elaboradas entre 1929 e 1944, algunhas das cales fixeron parte do xa citado La soledad confusa), Romancero de apócrifos y canónicos (conxunto de 31 romances escritos entre 1930 e 1941 e protagonizados por figuras bíblicas), Teoría de Eva (conxunto de cen sonetos de fasquía modernista dedicados a diversos protótipos femininos, que foi composto entre 1939 e 1941 no cárcere xienense) e, por último, Avena loca (54 textos poéticos escritos entre 1945 e 1947).
 
Na posguerra, Carvalho Calero fixo a súa contribución para a resurrección poética do galego en plena ditadura franquista, nutrindo cos seus versos varias das tendencias que daquela se manifestaron (culturalista, intimista, existencial…), mais non a “comprometida”, que el propio refugaba en liñas xerais pola moitas veces manifesta desidia desa corrente á hora de atender os aspectos formais e retóricos e polo frecuente esquematismo maniqueo con que presentaba a complexidade dos feitos e condutas sociais. Coas súas palabras: “Un poema pode ser bo ou mao independentemente de que o seu contido ético sexa xusto ou inxusto… O absurdo é crer que abonda con escoller eses temas para facer un bo poema e que o volume do berro ideolóxico suple a altura do ton poético”. Non admira, por iso mesmo, que gabase moito máis nos seus comentarios críticos a produción coeva dun Cunqueiro ou dun Díaz Castro que a poesía combativa dos poetas socialrealistas.

Libros de Don Ricardo contribuíron para as pioneiras coleccións “Benito Soto” de Pontevedra (Anxo de terra, 1950) e “Xistral” de Lugo (Poemas pendurados dun cabelo, 1952), así como para a colección poética “Salnés” da editorial Galaxia (Salterio de Fingoy, 1961, núm. 2). A vertente metafísica, filosófica e existencial é a dominante neles, con continuas referencias a motivos como a finitude humana, a loita entre materia e espírito, a procura de Deus, etc. O seu autor sitúase así preto da chamada “Escola da Tebra”, aínda que con notas moi singulares.

Case todo este ciclo poético en galego de preguerra e posguerra reuniuno o propio autor no volume Pretérito imperfecto (1927-1961), publicado polas Eds. do Castro en 1980, con revisión lingüística e ortográfica da súa propia man. Dous anos despois, Carvalho abría un novo ciclo co volume Futuro condicional (1961-1980), tamén publicado por Eds. do Castro (1982), no que recompilou, ao lado de abundante poesía inédita, algúns dispersos en publicacións periódicas.
 
No terceiro e derradeiro ciclo da súa traxectoria poética, Carvalho Calero acentuou a madurez expresiva e a intensidade emotiva, que se tinxiu claramente de notas melancólicas e estoicas. Se Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (AGAL, 1986) pode lerse como un libro organizado en tres grandes tipos de composicións (as que tratan das relacións humanas e amorosas, enunciadas por voces femininas; as que amosan un certo transfundo histórico, non exento de toques escépticos, e, finalmente, as que se debruzan sobre as eternas cuestións existenciais – o amor, a morte, o correr do tempo, a felicidade imposíbel…-), Reticências… (1986-1989) (Ed. Sotelo Blanco, col. Vento que zoa, 1990), de publicación xa póstuma, traduce con sinceridade conmovedora, axustándose frecuentemente á ríxida estrutura do soneto, os derradeiros latexos do corazón de D. Ricardo no solpor da súa vida.

En 1992, Pilar Pallarés preparou e publicou na Colección Esquío a escolma Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero), cun limiar no que se ofrecen incisivas e moi lúcidas análises e perspectivas sobre a poesía do ferrolán.

Produción narrativa

Dúas son as novelas relevantes que escribiu Carvalho Calero. Por unha banda, A gente da Barreira, que coñeceu diversas edicións desde que se fixo merecedora do premio convocado en 1949 pola editora “Bibliófilos Gallegos”1, inaugurando a narrativa galega de posguerra. Continuadora das mellores esencias estilísticas da prosa do “Grupo Nós”, nomeadamente Castelao e Otero Pedraio, a novela amosa con enfoque realista unha concatenación de capítulos con entidade propia, ambientados na Galiza rural de finais do s. XIX e primeiras décadas do s. XX, poboada por tres xeracións sucesivas de fidalgos e campesiños, señores (morgados ou segundóns) e criados. Como resume Araceli Figueroa, trátase dunha “novela-fresco, mais en miniatura”, que recolle “o momento histórico, social e político dunha sociedade, reflectido a través dos retratos dunha familia”.

Por outra, a tecnicamente prodixiosa Scórpio, merecedora no seu día do Premio da Crítica (1987)2. Este romance caleidoscópico encerra numerosos elementos autobiográficos, pois o personaxe protagonista, “Rafael Martínez Pinheiro”, vive unha peripecia na Galiza e na España das primeiras décadas do século XX que presenta numerosas coincidencias coa que o propio Carvalho Calero desenvolveu, se ben é certo que o final tráxico do personaxe ficcional durante un bombardeo en Barcelona en 1938 non casa coa biografía do escritor.

A maiores, Carvalho tamén escribiu varios relatos breves, algúns deles dados a coñecer inicialmente na revista Grial. En 1984 as Ediciós do Castro reuniron baixo o título de Narrativa completa a súa novela A gente da Barreira e os relatos “Os señores da Pena”, “O lar de Clara”, “As pitas baixo a chuvia”, “Os tumbos”, “A cegoña” e “Aos amores seródios”.
 
“Os señores da Pena” e “O lar de Clara” son dúas novelas breves cun motivo temático común á propia A gente da Barreira: o da decadencia de dúas familias galegas, rural e fidalga unha, urbana e negociante, outra. Tense sinalado o que de autobiografismo pode haber na segunda delas, ambientada nunha cidade con mar (Ferrol?) e protagonizada por un home que semella responder en varios aspectos á figura do propio pai de D. Ricardo. 
 
Tamén se predica este trazo para o relato “As pitas baixo a choiva”, do que hai unha edición relativamente recente, 2008, da man da casa editora ferrolá Embora, con ilustracións de Alberto Toval. A acción (unha anécdota de infancia arredor dunhas galiñas) ambiéntase en Serantes, onde a familia de Don Ricardo pasaba os veráns cando el era neno. O mesmo pode dicirse de “Os tumbos”, que tamén nos transporta á época dos veráns infantís do autor en Serantes e que ten como protagonista unha criada que aguza o seu enxeño para, cunha estrataxema en que intervén o medo e o misterio, tentar precipitar o regreso da familia veraneante á cidade, pois nela atopábase o noivo a quen aquela botaba moito de menos. Pola súa vez, “Aos amores serodios” aborda o mesmo motivo temático que a peza teatral Os vellos non deben de namorarse, mais expón unha tese antitética á do título ideado por Castelao. Por último, o relato “A cegoña” literaturiza unha anécdota que Carvalho lle escoitou contar na mocidade a unha muller que lle daba clases de alemán.
 
Produción dramática

Tamén se manifestou o talento creativo de Carvalho Calero no campo dramático e teatral, ao que dedicou esforzos na faceta propiamente autorial, como crítico, na animación de diversas experiencias no Colexio Fingoi de Lugo e como colaborador entusiasta dos Cadernos editados pola Escola Dramática Galega.

En 1971 a editorial Galaxia publicou o volume Catro pezas: A sombra de Orfeo. Farsa das zocas. A arbre. Auto do prisioneiro. Once anos despois, o autor xuntaba novamente esas catro obras e aínda outras tantas inéditas (O fillo, Isabel, O redondel, Os xefes) para ofrecer, da man das Eds. do Castro, o seu Teatro completo.

O fillo, escrita por D. Ricardo cando apenas contaba 23 anos coa intención (frustrada) de a publicar no boletín Nós e premiada máis tarde, xa na posguerra (1947), nun certame teatral promovido pola colonia galega bonaerense, está protagonizada por unha muller que tenta conciliar os dous arquetipos contraditorios de virxe e mai, nunha loita de instintos que a súa criada soubo non obstante fundir harmoniosamente.

Isabel está protagonizada por un home viúvo, Mario, que recupera en forma de pura ensoñación a súa muller morta.

A sombra de Orfeo xira arredor da figura dun músico talentoso e de grande atractivo, Rafael, que, non obstante, refuga as pretensións amorosas que lle formulan seis mulleres de diversa personalidade para se consagrar por enteiro á súa vocación artística.

A Farsa das zocas está inspirada nun relato popular recollido en terras de San Sadurniño por unha alumna de Carvalho no Colexio Fingoi, Esperanza Carnero Dopico, e amosa un tratamento guiñolesco e caricaturesco dun sucedido que involucra a unha muller defunta de quen intentaron aproveitarse malevolamente o seu marido e a súa cuñada.

Na peza A arbre, Carvalho Calero revisita de xeito abstracto e simbólico o relato bíblico da expulsión do Paraíso para presentar o amor como causa esencial da infelicidade humana. A peza O redondel adapta nun acto o drama O círculo de xiz, do escritor chinés Li Hsing-Tao, inspirado na coñecida historia do rei Salomón e dúas nais que se disputaban un fillo. Foi composta por Carvalho Calero para representar polo alumnado do Colexio Fingoi, baixo a súa propia dirección.

O Auto do prisioneiroé a máis expresionista e existencial das súas pezas, que algúns consideran mesmo algo kafkiana, e nela Don Ricardo tentou, en palabras súas, “refletir numha forma moderna, poética e incisiva, a angústia do home engaiolado na sua finitude, mas com umha fáustica sede de além”. O protagonista, un prisioneiro que non carece de nada na súa cela, interrógase sobre a existencia ou non do director da cadea, que disque é seu propio pai, a quen nunca viu.

Por último, Os xefes ambiéntase nunha guerra para subliñar esquematicamente, con estratexias en que o paralelismo escénico e actancial é moi destacado, o que de semellanza de fondo hai en idearios aparentemente contrapostos e incompatíbeis. Esas semellanzas resúmeas o propio Carvalho alundindo á “escravitude dos chefes com relaçom ás massas e o da manipulaçom das massas polos chefes”. Desa maneira, engade, “escuitamos as mesmas soflamas, contemplamos as mesmas atitudes, observamos as mesmas convençons, estimamos os mesmos valores” nos dous bandos, aínda que traben unha guerra tan feroz como inútil, pois ao final os líderes dos dous exércitos amañan un pacto.

Produción ensaística e investigadora

O campo en que a figura intelectual de Carvalho Calero brilla con forza especial é, sen dúbida, o da produción ensaística e investigadora.

Como filólogo e como gramático, convén sinalar a importancia divulgativa da súa Gramática elemental del gallego común3 (que, en palabras de Montero Santalha, “foi na cultura galega um acontecemento de enorme transcendência”, con nada menos que sete edicións consecutivas) e mais o relevante papel que desempeñou no seo da Real Academia Galega, tanto en 1971 como en 1979, na conformación dunhas Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, antes de que a exacerbación de posicións conducise a un conflito feroz entre “reintegracionistas” (lusistas) e “isolacionistas” (antilusistas), con “caza de bruxas” incluída, que aínda hoxe non demos superado coa suficiente madurez.

Como sociolingüista, o seu contributo lúcido e honesto para a análise histórica do proceso de substitución idiomática que vén padecendo a nosa sociedade e para o deseño de políticas normalizadoras, que se concretou en forma de numerosos artigos, relatorios, conferencias, etc., reúnese esencialmente en catro volumes: Problemas da língua galega (Sá da Costa Editora, Lisboa, 1981), Da fala e da escrita (Galiza Editora, 1983), a primeira parte de Letras Galegas (AGAL, 1984) e Do galego e da Galiza (Ed. Sotelo Blanco, 1990). Tamén ofrece unha escolma dos seus textos sobre a questione della lengua o libro Ensaio sociolingüístico. Antoloxía (1997), preparado por Gonzalo Constenla para a Historia da Literatura editada en fascículos pola AS-PG e A Nosa Terra.

O Carvalho Calero historiador e crítico literario ofreceu dúas monografías imprescindíbeis: Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (Ed. Gredos, Col. Biblioteca Románica Hispánica. II, Estudios y ensayos, núm. 25, 1955), en que plasmou o esencial da súa tese de doutoramento, e a impar e monumental, en todos os sentidos, Historia da literatura galega contemporánea (1808-1936) (Ed. Galaxia, 1ª ed., 1963, 3ª ed. 1981), que, entre outros moitos méritos, deixou definitivamente asente o criterio idiomático para delimitar o corpus da nosa literatura, fronte a calquera tentación asimilista ou subsidiarizante.

De idéntica índole, a xeito de amplificación ou complemento desa Historia…, son os volumes Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán (Fundación Barrié de la Maza / Real Academia Galega, colección Galicia Viva, núm. 1, 1979) e Libros e autores galegos. Século XX (Fundación Barrié de la Maza, colección Galicia Viva, núm. 2, 1982), que D. Ricardo preparou coa axuda de Lydia Fontoira. Mais a achega de Carvalho no campo dos estudos literarios non ficou niso, pois con posterioridade xuntou moitos dos artigos, comentarios e recensións que puntualmente confeccionou sobre obras e figuras da nosa literatura de todas as épocas (medieval, Séculos Escuros, Rexurdimento, contemporaneidade…) en volumes como Letras Galegas (AGAL, 1984) e mais Estudos e ensaios sobre literatura galega (Eds. do Castro, 1989).

No ano 2000, co gallo do décimo aniversario do pasamento de Don Ricardo, Laura Tato editou o volume Escritos sobre teatro (Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor- Universidade da Coruña, núm. 11), unha colectánea de 32 textos, ordenados cronoloxicamente, en que o ferrolán se ocupa de historiar, comentar e analizar obras e autores moi emblemáticos do teatro de noso.

Don Ricardo dedicouse, ademais, a un estudo particularizado dalgúns autores, con volumes como Sete poetas: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo, Manuel Antonio (Ed. Galaxia, 1955).

Ben coñecida a súa rendida admiración polo poeta cambadés Ramón Cabanillas (prologaría, de feito, as súas Obras Completas) e polo escritor ourensán Otero Pedraio, de quen tomou, por exemplo, o nome dun dos personaxes oterianos máis destacados, “Martiño Dumbría”, para asinar traballos na revista Grial. O autor de Arredor de si foi, non por acaso, quen pronunciou o discurso de acollida o día do seu ingreso na Real Academia Galega, o 17 de maio de 1958.

Tamén destaca, nesta mesma perspectiva, a atención emprestada polo profesor a Castelao (con numerosos traballos finalmente recollidos no volume Escritos sobre Castelao, Ed. Sotelo Blanco, 1989 e a preparación dunha Antología bilingüe do rianxeiro), a Eduardo Pondal (coa edición anotada de Versos iñorados ou esquecidos de Eduardo Pondal, Ed. Galaxia, 1961) e a Rosalía de Castro. Á cantora do Sar dedicou o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, Eds. Celta, Lugo, 1959), o volume Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (Ed. Galaxia, 1979) e edicións críticas dos Cantares Gallegos, de Follas Novas e de En las orillas del Sar para editoras hispanas como Anaya e Cátedra.

O afán divulgativo e a necesaria posta en circulación de materiais de primeira man para o estudo do noso feito literario levárono a preparar breviarios, antoloxías e escolmas moi diversas, entre as que podemos citar Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (Real Academia Galega, 1966); Prosa galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós (Ed. Galaxia, 1976), Prosa galega II: Dos novecentistas aos nosos días (Ed. Galaxia, 1978) e Prosa galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo (Ed. Galaxia, 1980); Teatro Nós (Follas Novas, 1979); Cantigas de amor, de escarnio e de louvor do rei Afonso X o Sabio (1983), en colaboración con Carme García Rodríguez; etc.

Conferencias, prólogos (a libros como Gárgolas, de Tomás Barros e Do sulco, de Xohana Torres); discursos, presidencias en diversos congresos e xornadas, orientación de numerosas teses de licenciatura e/ou doutoramento (as de Teresa Otero Sande, Camino Noia, Aurora Marco, Lydia Fontoira, Domingo Blanco, Carlos Casares, Carmen García, Araceli Herrero, Antón Figueroa, Xoán Verdini, Rita Peinado, Sergio Feijoo, Pilar Lorenzo, Mª José Sierra, Carmen San León, Anxo G. Guerra, Manuel Ferreiro, Xosé R. Pena, Méndez Ferrín, Xosé Mª Dobarro…) e un longo etcétera de actividades de índole semellante balizaron o seu labor científico.

En 2010, Pilar García Negro deu ao prelo o libro Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (Eds. Laiovento, col. Ensaio, núm. 268). Trátase dunha recompilación, a xeito de antoloxía disposta cronoloxicamente, de case medio cento de traballos de investigación, ensaios e artigos do sabio ferrolán que a autora considerou, co rigor e bo facer intelectual que a caracteriza, como máis relevante e mesmo “actual” (no sentido interpelativo da palabra) entre a súa produción.

Produción xornalística e publicística

Desde mozo, ademais de ofrecer no Centro Obrero de Cultura ferrolán a conferencia “En torno a las ideas comunistas de Platón” (1929), de pronunciar o discurso inaugural do curso 1930-31 na Universidade compostelá e de axudar a redactar, con Lois Tobío e Alexandre Bóveda, un “Anteproxecto” estatuario galego (1931), Carvalho Calero compuxo traballos literarios, recensións de libros e artigos xornalísticos que viron lume en revistas como Vida Gallega, A Nosa Terra, o boletín Nós, etc. Unha parte deles reuniunos no volume La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (Eds. Do Castro, Serie Documentos, núm. 33, 1987).

Foi o propio Carvalho Calero, pouco antes de morrer, quen seleccionou, ordenou cronoloxicamente, revisou e elixiu o título común para os 101 textos que conforman o volume Umha voz na Galiza. Artigos de jornal (1933-1989) (Ed. Sotelo Blanco, col. Estudos e Investigacións, 1992). Trátase, en palabras da prologuista Carmen Blanco, dunha “obra miscelánea na que se recollen artigos de prensa que xiran en torno aos temas políticos, lingüísticos, literarios e culturais en xeral” e que deixan claramente testemuñada “esa actividade intelectual ininterrompida a favor dun ideal nacionalista que, con distintas modulacións, mantivo sempre”. Foron cabeceiras como El Pueblo Gallego, Galicia (Diario de Vigo), La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Región e A Nosa Terra, basicamente, as que acolleron no seu día esa produción xornalística do polígrafo ferrolán. Co pseudónimo de “Fernando Cadaval” asinou tamén numerosos artigos no diario compostelán La Noche e no Faro de Vigo, neste último sobre todo na época en que o dirixiu Álvaro Cunqueiro.

Epistolarios  
Ata o momento son dúas as coleccións de cartas a ou de Carvalho Calero publicadas, con todo o que iso supón de valiosa ferramenta para o coñecemento da súa traxectoria e do seu perfil. Epistolario a Fernández del Riego (Ed. Galaxia, Col. Memoria, núm. 10, 2006), en edición de Dolores Vilavedra e Montserrat Pena, e Epistolario Ricardo Carballo Calero-Ramón Piñeiro (Historia dun libro) (Centro Ramón Piñeiro, Cadernos, núm. XXXIII, 2015), en edición de Luís Cochón, Luís Alonso Girgado, Xurxo Martínez González e Nuria Rouco Aneiros.

Libros de conversas

Cando estaba xa xubilado como profesor universitario, Don Ricardo aceptou colaborar a mediados dos anos 80 do pasado século en dous proxectos de índole semellante que deron como resultado outros tantos libros de conversas. Eses libros, dalgunha maneira, encerran no seu contido esas “memorias” que o sabio ferrolán non chegou a confeccionar como tal. Referímonos ás Conversas en Compostela con Carballo Calero, de Miguel Anxo Fernán-Vello e Francisco Pillado Mayor (Ed. Sotelo Blanco, col. Realidades, 1986) e ás Conversas con Carballo Calero, de Carmen Blanco (Ed. Galaxia, col. Conversas, núm. 2, 1989).

Posteriormente, xa desaparecido o vello profesor, a propia Carmen Blanco entregou novas páxinas resultantes das súas conversas con el, co título de Carballo Calero: política e cultura (Eds. do Castro, Serie Documentos, núm. 81, 1991), que reúne semblanzas de numerosas personalidades, e Francisco Salinas Portugal fixo outro tanto no volume, Voz e siléncio. Entrevista con R. Carvalho Calero (Eds. do Cúmio, 1991), froito dun encontro verificado en 1989, pouco tempo antes do seu falecemento. O propio Salinas Portugal guionizaría, con base nesa entrevista, un vídeo sobre Carvalho Calero editado pola AS-PG e dirixido ao ensino non universitario.

As catro publicacións anotadas son valiosísimas, tanto polo volume de información biográfica e contextual que ofrecen como polo rigor con que se formulan nelas as cuestións que dan pé ao repaso autobiográfico que dese xeito realiza Carvalho Calero, como, en fin, polo que representan de implícita homenaxe e recoñecemento en vida a unha figura que xa nesa altura padecía notorias marxinacións e abertas hostilidades, basicamente (aínda que non só) por mor da súa posición reintegracionistas no debate sobre a normativización da lingua.

Actas, revistas, estudos e monografías sobre el

Ao pouco tempo de se xubilar como catedrático universitario (outubro de 1980) e cando xa comezaban a ser notorias para el, en certos planos, as consecuencias negativas da súa aposta sobre as orientacións normativas que debía adoptar o idioma, Carvalho Calero recebeu unha homenaxe pública en Ferrol organizada pola sociedade cultural “Medulio”. O ciclo de conferencias e actividades que entón se desenvolveron deron orixe ao opúsculo Cadernos do Medulio. Homenaxe a Carballo Calero (Ferrol, 1982).

Algún tempo despois tamén O Ensino: revista galaicoportuguesa de sociopedagogia e sociolingüística tributou nas súas páxinas unha Homenagem ao Professor Carvalho Calero (núms. 18-22, 1987) e o propio fixeron, xa morto o profesor, a revista Agália (In memoriam Prof. Carvalho Calero, núm. 21, primavera de 1990), a revista da lusofonía Nós (Actas do I Congresso Internacional de Literaturas Lusófonas. En homenagem a Rodrigues Lapa, Celso Cunha e Carvalho Calero, núms. 19-28, 1990/1991) e a Associaçom Galega da Língua-AGAL (Actas do III Congresso Internacional da Língua Galego-portuguesa na Galiza. Em homenagem ao Professor Carvalho Calero, 1992).

Grande repercusión tivo a revista monográfica Ricardo Carvalho Calero. A razón da esperanza, das Edicións A Nosa Terra (col. A Nosa Cultura, núm. 13, 1991), con colaboracións de numerosos especialistas que ofreceron un poliédrico achegamento á súa figura: Fernán-Vello, Carme Blanco, Claudio R. Fer, Fernández del Riego, Francisco Rodríguez, Ramom L. Suevos, Montero Santalha, Henríquez Salido, Pilar García Negro, Domingos Prieto, Francisco Salinas, Elvira Souto, Martínez Pereiro, Araceli Herrera e Aurora Marco.

A propia Aurora Marco non tardaría en ofrecer ao público o seu ensaio Foula e ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero (1910-1941) (1992), repleto de información con apoiatura documental e recompensado co 6º premio Ánxel Fole da Fundación Caixa Galicia e o xornal lugués El Progreso. Pola súa vez, Elvira Souto ocupouse de analizar a fondo a novela Scórpio en Viagens na literatura (1991) e de redixir diversos artigos e relatorios sobre os “exilios” padecidos polo profesor ferrolán e sobre a representación do feminino na súa poesía.
José-Martinho Montero Santalha é autor da monografía Carvalho Calero e a sua obra (Eds. Laiovento, col. Ensaio, núm. 21, 1993), probabelmente a achega individual máis completa que se teña feito á personalidade de quen o propio autor define como “umha das grandes figuras da história da cultura galega”. Está dividida en catro grandes apartados: “A Vida”, “A Obra”, “Esboço de Caracterizaçom” e “Bibliografia anotada”. Anúnciase para 2020 a oportuna reedición deste traballo, capaz de satisfacer por si só a afán de achegamento a todas as vertentes carvalhianas.

Outra discípula directa do profesor Carvalho, Araceli Herrero Figueroa, dedicou varios ensaios á súa obra, que aparecerán recollidos en 1994 no volume Sobre Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero (Eds. do Castro). Entre todos eles, sen menosprezo do valor dos demais, debemos destacar por vivencial o titulado “O Teatro Fingoi, unha experiencia pedagóxica na história da dramatúrxia galega”.

Na Historia da Literatura editada en fascículos pola AS-PG e A Nosa Terra entre 1996-1997, Carvalho Calero é obxecto da atención de Sindo Villamayor nas páxinas 1032-1056, correspondentes ao fascículo 33. Alén diso, algúns textos do ferrolán, como as novelas A gente da Barreira e Scórpio, fixeron parte dos volumes literarios que acompañaron oportunamente as entregas desa Historia.

De Pilar Pallarés e Laura Tato é o caderno didáctico Ricardo Carvalho Calero: a dignidade persoal (Concello de Ferrol, 1994), material de intencionalidade divulgativa sobre a figura do sabio ferrolán á que tamén responderon posteriormente publicacións como Conhecermos Carvalho Calero. Umha vida polo galego e a Galiza (Fundaçom Artábria, Ferrol, 2000) e Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. 1910-2010. Imaxe de cen anos (Concello de Ferrol, 2010).

No ámbito institucional merecen citarse os grosos dous tomos de Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero preparados polo seu discípulo e catedrático de Lingua Portuguesa da USC José Luís Rodríguez e publicados no ano 2000 pola propia Universidade citada e polo Parlamento de Galiza. Como é ben sabido, esta última institución custodia na súa Biblioteca boa parte do legado documental e bibliográfico do escritor ferrolán. Na parte especificamente dedicada á abordaxe da obra carvalhiana neses dous tomos destacan as achegas de Alonso Montero, Ernesta Basanta, Carmen Blanco (que dá a coñecer aquí o breve poemario O trebo das catro follas, datado en 1944 e que o propio Carvalho deixou inédito), Concepción Delgado, Pedro Fernández Velho, Luís García Soto, Carlos Garrido, Mª do Carmo Henríquez, Araceli Herrero Figueroa, Basilio Losada, Mª Carmen Porrúa, Domingos Prieto, Henrique Rabunhal, Claudio Rodríguez Fer, José-Ramom Rodrigues e Darío Villanueva.

Tamén fornecen rigorosa e útil información sobre o profesor os relatorios recollidos nas Actas do Simposio Ricardo Carvalho Calero: memoria do século (2002), encontro organizado no ano 2000 polo Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

Para rematarmos esta aproximación, digamos que Manuel Castelao ofreceu en Elucidacións na Sombra (Eds. Laiovento, col. Ensaio, núm. 267, 2010) unha densa e pormenorizada aproximación analítica e interpretativa de dúas das pezas carvalhianas, A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, entanto Ramón Reimunde reconstruíu con pormenor os quefaceres e penalidades de D. Ricardo durante a súa estadía en Lugo na posguerra no volume Cautivério de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero (Deputación Provincial de Lugo, 2010).

A decisión da Academia de dedicar, por fin!, o 17 de Maio a Don Ricardo ha de ser estímulo poderoso para que durante os meses vindeiros se publiquen felizmente novos traballos4 que nos axudarán, sen dúbida, a coñecermos e valorizarmos aínda máis a figura deste galego, dito sexa ao xeito brechtiano, dos imprescindíbeis.


[Texto escrito antes da pandemia do coronavirus e publicado no número 76 da Revista Galega de Educación, que edita Nova Escola Galega]

 

1Entre esas edicións sinalaremos a da propia Bibliófilos Gallegos, Santiago, 1951; a da libraría compostelá “Follas Novas”, en 1982; a de Eds. do Castro en 1984 no volume Narrativa completa; a de Eds. A Nosa Terra /AS-PG, col. A nosa Literatura, núm. 50, en 1997, ao cargo de Mª Pilar García Negro e, finalmente, a da “Biblioteca 120” do diario “La Voz de Galicia”, en 2002, que modifica non obstante o título converténdoo indebidamente en A xente na Barreira.

2Entre elas non deixaremos de citar a prínceps debida a Eds. Sotelo Blanco, colección Medusa, 1987 e as posteriores de 1989 (2ª) e 1993 (4ª), así como a preparada por Eds. A Nosa Terra/AS-PG en 1997.

3Ed. Galaxia, col. Manuales, núm. 3, 1ª ed., 1966, 2ª ed. 1968, 3ª ed. 1970, 4ª ed. 1974 e 5ª ed. 1976.
 
4Nota bene.- No instante de confeccionarmos estas liñas, temos noticia de que Xulio Pardo de Neyra vén de publicar da man das Edicións Embora ferrolás o libro Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a ‘historia única’ (xénese e análise d’ A xente da Barreira e Os señores da Pena) e de que esa mesma editora prepara, ademais, o volume Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero.

Honrando a Don Ricardo no paseo da Calsada cambadés

$
0
0


CArvalho Calero. Fotografía de Moncho Rama
Hoxe, 17 de maio de 2020, Día das Letras Galegas, o Concello de Cambados organizou un pequeno pero moi lindo acto no Paseo da Calsada, fronte ao monumento a Ramón Cabanillas, para honrar a figura e a memoria de Carvalho Calero.

Intervín brevemente nel para glosar a figura e traxectoria de Don Ricardo e logo, con intermedios musicais dos gaiteiros, bos amigos/as cambadeses como Domingo Tabuyo, Vila Ribadomar, Manolo Núñez, Moncho Caride, Maribel Iglesias e a miña compañeira Isabel recitaron textos do sabio ferrolán.

Na preciosa mañá de maio que gozamos, as súas voces lanzaron os versos do poeta ao vento e aos corazóns. O himno de Pondal e Veiga fechou o evento.

No seguinte enlace pódese ver un vídeo do acto.


A INFORMANTE VIVEIRENSE DO PADRE SARMIENTO: MAGDALENA GARCÍA DE OGANDO

$
0
0

 

Poucas figuras poden competir coa do Padre Sarmiento, na Galiza e na España do século XVIII, á hora de representar o prototipo de persoa sabia tan característico diso que chamamos “Ilustración” ou “Século das Luces”.

Nado en 1695 en Vilafranca do Bierzo (un tanto casualmente, pois seu pai traballaba alí provisoriamente como arquitecto[1]) e morto na cela do seu convento madrileño de San Martín, en 1772, o beneditino produciu e acumulou centos de páxinas manuscritas que abrangueron asuntos relativos a practicamente todas as ramas da ciencia e do saber da época, pero apenas publicou en vida máis que unha Demostración Crítico Apologética del ‘Teatro Crítico Universal’ (1732). Con ela quixo saír ao paso dos ataques que entón se proferían contra o seu admirado Bieito Xerónimo Feixó, irmán na orde bieita e mestre seu nas aulas do convento pontevedrés de Lérez (o famoso “San Benitiño”, máis milagreiro que o de Paredes, da coñecida copla popular).

Aínda hoxe, a pesar dos desvelos bibliográficos que lle dedicaron eruditos como Filgueira Valverde e José Luís Pensado, de citas científicas como o congreso O Padre Sarmiento e o seu tempo (1995), das moitas publicacións que se xeraron arredor del no Día das Letras Galegas de 2002, das varias edicións do seu Coloquio de 24 gallegos rústicos e de lúcidos ensaios reivindicativos do seu papel na cultura galega como o que Anxo Angueira deu ao prelo en 2013 co título Das ‘copras’ de Sarmiento ós ‘cantares’de Rosalía de Castro, ese magno “océano Sarmiento”, hoxe disperso en numerosos arquivos e bibliotecas[2], continúa sendo insuficientemente coñecido.

Antes da súa morte, un aristócrata bo amigo seu, o duque de Medina Sidonia, mandou facer copia e inventario dunha importante cantidade deses manuscritos, que así puideron conservarse na chamada “Colección Medina Sidonia”, máis de 15.000 folios depositados actualmente nun museo de Cádiz.

Mais non parece que na propia orde beneditina á que Sarmiento pertenceu fosen tan conscientes e celosos do valor dos restantes documentos. O Padre Sobreira, que chegou ao convento onde vivira Sarmiento en 1777, cinco anos despois do pasamento deste, entregou á Real Academia de la Historia en 1786 dous tomos de cartas que salvou in extremis da destrución, pois estaban, e son palabras literais súas, “arroxadas por desidia o por desprecio al rincón menos limpio del combento”, o que traducido en román paladino quere dicir que estaban usándose como papel hixiénico nas latrinas conventuais…

Dous investigadores, José Luis Rodríguez Montederramo[3], en 1998, e Ramón Mariño Paz[4], en 2014, téñense debruzado sobre dúas cartas concretas dese nutrido epistolario sarmientino salvado polo Padre Sobreira.Trátase de dúas pezas, unha en galego e outra en castelán, redactadas en prosa por unha das cuñadas do Padre Sarmiento, María Magdalena García de Ogando.

Esa carta en galego é un dos escasísimos textos en prosa escritos na nosa lingua durante o século XVIII, co que o seu valor histórico, filolóxico e sociolingüístico é extraordinario. Está datada en 1755 e pódese consultar nos artigos dos investigadores citados, na páxina web do Instituto da Lingua Galega (ILG) correspondente ao proxecto “Gondomar” (Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna) ou, con actualizacións ortográficas e de puntuación, no volume Sobre a lingua galega (Ed. Galaxia, 2002, páxs. 355-356) preparado por Henrique Monteagudo e X. M. Soutullo. Di, literalmente, así:

Meu irmanciño

Ai moitos coreos que non lle escribin por nono abougar con tantas cartas agora non podo mais esperar sin escribir duas letriñas para decirlle que estou boa e faruquiña e mais toda a parentela Jabier elle un picaro que ben lle pudo escribir duas letras buste ten raçon en queigarse del e mas quando eu lle mando todos os coreos a mosa donde el esta a lebarlle as cartas pero eu discuro una cousa que por ber que eu son tan faborecida de bustede con una corespondencia tan gustosa de que el gusta moito e as miñas cartas as ten por suas pois aunque llas mando pedir despois que as lea non ai remedio ala as enfochaca que para aca non ben asta que el beña mais entonces a de aber estreita conta sabera bustede si non sabe que mariño bai por sargento maior a murcia e o de murcia aqui esta a pique que entre o murcio nel pois aca cando entra na carne de lechon ou na demais cheira que penetra es una lastima el que un cristiano non se poida purgar ben eu funlle e mais faruquina a segar una beiga de trigo o purelo biñemos por santa margarita traballamos moito agora ga podemos ir ala as segas as mongas de santa clara anduberon relucadas de contentas con as suas cartas a todo o lugar as enseñaron bustede e un alborotador de cousas mui mi benditas o padre calderon estalle mui maliño e dicen que todo e malecolia ao noso gran ilustrisimo padre diralle de a nosa parte u millón de cousas de a nosa boa lei a sua sobriña faruciña me dice que de sua parte le diga a bustede que lle quer regale con un rosario de Jerusalen mui guapo con sua borla feita ao uso da corte pois o que ela ten e mui ordinario mire que raro modo de estafar ten a miña filla parece que teño de sacar boa discipula adios meu amigiño que bou a escribir duas letriñas a Jabier e son as nobe da noite de domingo e quero cenar.

Besa La Mano de Vuestra Merced su mas humilde servidora é faborecida ermana

Maria Madalena garcia de ogando

hermano y Señor fray Martin

Antes de casar o 25 de marzo de 1734 na parroquial de San Bertomeu de Pontevedra cun irmán máis novo do sabio beneditino, Francisco Xabier, que nacera o 28 de marzo de 1700 e exercía como “ministro da Mariña” (unha especie de inspector de portos), a citada María Magdalena vivira e educárase entre nós, queremos dicir, na vila do Landrove.

Sabemos que era filla de Manuel García e de Baltasara Ogando. Por parte de pai era neta de Juan García e de Francisca de Orio, mentres que seus avós maternos eran o capitán Alonso de Ogando e a súa esposa Magdalena de Ogando.

Derivará ese “Orio” que aparece como apelido da súa avoa paterna da localidade vasca homónima? E será esa a necesaria “conexión cantábrica” para entendermos, por algún vínculo familiar que hoxe por hoxe se nos escapa, o porqué da residencia da nena Magdalena no Viveiro dos primeiros anos do século XVIII? Desde logo, non era inhabitual que mozos e mozas das estirpes fidalgas das localidades portuarias vascas emparentasen nas vilas mariñeiras da antiga provincia de Mondoñedo. E talvez non sexa irrelevante, neste sentido, que o seu futuro marido, o irmán do Padre Sarmiento Francisco Xabier, fose home dedicado profesionalmente á inspección de portos para a Mariña.

Ou será máis oportuno, como alternativa explicativa, pensar nunha estadía da nena María Magdalena en terras viveirenses vinculada a cuestións formativas, se cadra nalgún dos conventos de mulleres da nosa vila, o de Valdeflores ou o das Concepcionistas? Honestamente, non estamos en condicións de determinalo.

Sabemos, si, que durante a viaxe por Galiza de 1745, Sarmiento conviviu en Pontevedra durante varios meses con seu irmán Francisco Xabier e coa súa esposa. Foi entón cando gañou o xubileu en Compostela e xirou visita en persoa ao poeta e párroco Diego Antonio Cernadas, o cura de Fruíme (Lousame), outro dos grandes cultivadores e defensores do galego no século XVIII. No transcurso desa súa estadía galega, tan decisiva para el, o sabio beneditino gozou de mesa e mantel no domicilio en San Miguel de Marcón (Pontevedra) dunha tía de Magdalena por parte de mai, Francisca de Ogando:

“A la tarde subí al monte de San Cibrán o Cyprián, que está sobre la casa en donde comimos. La dicha casa con viña, dehesa y tomada o gesteira, todo es de doña Francisca de Ogando, tía de doña María Magdalena García de Ogando, mujer de mi hermano Francisco Javier”.

María Magdalena García tivo co seu marido Francisco Xabier, como mínimo, dous descendentes. Un foi o “Alonsiño” por cuxa apropiada educación amosou seu tío en moitas das súas cartas familiares un constante desvelo e unha aguda preocupación, advertindo por exemplo: “Quiero que se le enseñe la lengua gallega con especial cuidado (…). No pienses en que castellanize asta que sepa bien, y con extensión, el gallego”. O nome de Alonso foille posto á criatura probabelmente como homenaxe a un irmán do seu pai e do Padre Sarmiento, Alonso Antonio, que nacera en Vilafranca en 1686 e era presbítero.

O outro descendente foi unha nena, de nome Francisca Clara García Sarmiento, a “Farruquiña” aludida nas cartas familiares, quen probabelmente levase ese nome en recordo da última das irmás do Padre Sarmiento, nada en Pontevedra en 1703 e morta, ao que parece, de xeito prematuro. Esta sobriña do Padre Sarmiento, como se ve na carta arriba citada, pedíalle ao seu tío en 1755 como agasallo un rosario de Xerusalén coa borla ao estilo da corte madrileña.

Mais o papel desempeñado por María Magdalena García de Ogando foi moito máis interesante que o, xa de seu, meritorio de enviarlle cartas ao seu cuñado monxe residente en Madrid para darlle conta dalgunhas novidades familiares e pontevedresas. Como el propio recoñeceu falando do seu Catálogo de voces y frases gallegas,

siempre que hablo de Vivero, no es porque yo haya estado allí, sino porque la mujer de mi hermano Francisco Xavier se había criado en Vivero y a ella oí muchas voces que allí se usan”.

Efectivamente, Magdalena foi unha das “fontes limpas” nas que o sabio bieito puido beber dunha parte do tesouro léxico e fraseolóxico da lingua galega tal e como era falada no Viveiro de comezos da décimo oitava centuria.

Unha parte das verbas dos nosos devanceiros, como ese pícaroque se desliza eufónico e chamativo nas primeiras liñas da carta reproducida e como, tamén, algúns nomes específicos de plantas e froitos (a herba do gorgo, o tarrelo, o esvedro, a xistra, a ameixola, os amorolos, os repinaldos…), de fungos e algas (como cagarría e carallotes), de peixes e moluscos (minchas, mocareos, pastinacas, raias ortiga, mixillós, longueirós, navallas…), etc. pasaron a engrosar desde entón os centos de papeletas lexicográficas e as infinitas anotacións manuscritas sobre vocábulos e etimoloxías que confeccionou Sarmiento desde 1745 e que alimentaron, ademais dese amentado Catálogo, outros proxectos como o Onomástico etimológico de la lengua gallega, a Colección de voces y frases gallegas, o Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, etc.

Referíndose ao adxectivo atustullados (=ateigados, repletos), escribía o Padre Sarmiento no seu Catálogo: “Usolo mi cuñada hablando de barriles bien llenos y atestados”. Da palabra marmarugaindicaba que “llaman así en Vivero a la papada debajo de la barba”. Sobre a palabra cubilote (que, como é ben sabido, serve de agarimoso alcume ao noso benquerido veciño e mestre Antonio Fernández Parapar) apostilaba: “Llaman así en Vivero a la tinaja”. E recolle o sabio beneditino outras verbas como coxillóspara designar as coxas, remol como sinónimo de rescaldo ou brasa, a voz arrandaspara designar as papas de avea, o termo altameacomo cazola de barro e o adxectivo galafate, aplicado a persoas como sinónimo de “soberbio”, “sobrado”, “lanzado”, palabra esta última que lle temos escoitado moitas veces usar ao noso pai Emilio cando refería anécdotas da súa xuventude…

Imaxinamos, en fin, con canta satisfacción tería recibido o noso mestre Lois Tobío, estudoso da figura e das cartas ao conde de Gondomar, esta confirmación efectiva que protagoniza unha moza emparentada co padre Sarmiento e criada no Viveiro do primeiro terzo do século XVIII á súa tese de que os “Séculos Escuros” agochaban un pouco máis de luz e agarimo para a lingua de noso do que se tiña tradicionalmente afirmado.

 

[Publicado previamente no semanario Heraldo de Vivero, 1.8.2020]



[1]O pai do sabio ilustrado, Alonso García de Serage, tiña raíces en Cerdedo (Pontevedra), onde nacera en 1650 e casara logo con Clara Balboa y Sarmiento.

[2]Manuscritos de Sarmiento están depositados nas Academias Galega, Española, da Historia e de San Fernando; no Arquivo Histórico Nacional; no Museo de Pontevedra e na Fundación Penzol (Vigo); no convento de Santo Domingo de Silos; nas bibliotecas nacionais de España e Portugal; nas universitarias de Uvieu e Santiago; nalgunhas bibliotecas de París, Londres e Boston; etc.

[3]Vide Rodríguez Montederramo, José Luis (1998): “Una carta en gallego dirigida al P. Sarmiento: Nota sobre la actitud lingüística del benedictino”, en N. Delbecque e C. de Paepe (eds.), Estudios en honor del profesor Josse de Kock. Leuven: Leuven University Press, páxs. 457-467.
 

[4]Vide Mariño Paz, R. (2014): “A carta en galego de Magdalena García de Ogando a Martín Sarmiento. Edición interpretativa e breve comentario lingüístico”, en Madrygal , Madrid, nº 17, páxs. 67-79.

ECOS DE RIMBAUD EN DOUS POEMAS DE RAMÓN CABANILLAS

$
0
0

 





Introdución

É habitual referirse á poesía finisecular decimonónica francesa como un dos varios ingredientes que fixeron parte da peculiar, orixinal e moi atinada síntese de elementos estéticos que caracteriza a poesía de Ramón Cabanillas, nomeadamente a dos seus primeiros compases, ao raiar o século XX.

Esa achega de tipo decadentista e simbolista sumaríase ao seu gusto polo Romanticismo serodio alemán (Heine), á asimilación indiscutíbel dos xeitos do Modernismo (Rubén Darío), ao pouso clásico greco-latino (Horacio, Virxilio…) - que o de Fefiñáns adquiriu nas aulas do seminario de San Martiño Pinario en Compostela -, á pegada evidente que nel deixou a constante lectura da tríade sublime do Rexurdimento galego (Rosalía, Pondal, Curros) e, sobre todo a partir da segunda década da vixésima centuria, ao influxo do Saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes, Leonardo Coimbra), sen esquecermos a fonte limpa da poesía folclórica popular galega da que o Poeta da Razabebeu desde a máis tenra infancia, en contacto co seu medio social cambadés.

Nas liñas que seguen, coa brevidade que impón o espazo limitado da publicación que as acolle amabelmente, tentaremos concretar dous dos ecos que a poesía dun dos máis caracterizados autores da lírica francesa da fin do século XIX, Arthur Rimbaud, tivo nos poemas do autor irmandiño.

Un poeta “maldito”

Jean Nicolás Arthur Rimbaud (1854-1891), escritor moi precoz, foi un estudante superdotado e desde moi novo amosou unha fervente rebeldía: penduraba cartaces nas igrexas da súa vila natal de Charleville (na rexión das Ardenas) co texto “Morra Deus!”, escandalizaba os veciños deixándose o pelo longuísimo, frecuentaba con xactancia e descaro tabernas e prostíbulos… Abandonado por seu pai, Fréderic Rimbaud (militar de profesión) cando contaba tan só sete anos, Arthur padeceu a sobreprotección e, ao mesmo, a rixidez de criterios morais da súa nai, Vitalie, polo que tentou fuxir de casa en repetidas ocasións durante a adolescencia.Un profesor substituto do liceo no que estudaba, Georges Izambard (1848-1931), descóbrelle o engado da poesía e as técnicas da retórica e convértese nun verdadeiro referente para el, sacándoo de máis dun apuro.

En maio de 1870, Rimbaud envía os seus primeiros poemas, cando contaba apenas 16 anos, a un dos principais colaboradores da revista Le Parnasse Contemporain, o escritor Théodore de Banville (1823-1891), quen, así e todo, non llos publica.


En 1871, após varios intentos previos frustrados pola súa nai, Rimbaud instálase por fin en París. Théodore de Banville acólleo na súa casa durante algunhas semanas, mais axiña xorden entre eles serias diferenzas estéticas e persoais, que levan á ruptura da súa relación e ao afastamento do poeta novo das propostas parnasianistas. Foi tamén moi comentado nos círculos da bohemia parisiense o seu violento enfrontamento co fotógrafo Étienne Carjat durante unha borracheira.

A seguir, un Rimbaud que conta tan só 17 anos inicia unha tempestuosa e bohemia relación amorosa co tamén poeta Paul Verlaine (1844-1896), dez anos máis vello ca el e home casado. Esa relación estará salferida de viaxes (Londres, Bruxelas…), de inacabábeis discusións e de “coloques” de alcohol, haxix e láudano. Realmente escandalosa no seu tempo, acabou en traumática separación dous anos despois, após un intento frustrado de asasinato a tiros de Rimbaud por parte dun bébedo e enlouquecido Verlaine, que chegou a ser xulgado e encadeado por tal motivo.

Rimbaud compuxo dúas coleccións de poemas en prosa. Na primeira, Une saisson en l'enfer (Unha tempada no inferno) (1873), en que recrea a súa axitada vida con Verlaine, explica tamén que a dedicación á poesía é unha tarefa que se consegue mediante o “desarranxo de todos os sentidos” (coa axuda do alcol e outras drogas, no seu caso). Tal desarranxo, profundamente antiburgués, causa sufrimento no poeta, mais págalle a pena porque lle permite chegar á perfección, a un estado de “videncia” que conduce ao sublime e ao inefábel. A segunda colección poética intitúlase Les Illuminations (As Iluminacións) (1886) e nela leva o automatismo verbal ao extremo de facer textos que se prestan ás interpretacións máis contraditorias, aínda que cheos de maxia e suxestión.

Aos 21 anos de idade, Rimbaud chegou á conclusión de que o poema perfecto era aquel que non se escribía, polo que abandonou totalmente a escrita e, tras convivir por un breve período en Londres co escritor Germain Nouveau durante 1874, residir algún tempo na cidade alemá de Stuttgart, viaxar por Suíza e Italia, vagabundeou logo por diversos países asiáticos, africanos e do Oriente Próximo, dedicándose ao comercio de armas, marfil, café e ouro (algunhas fontes indican que tamén ao tráfico de escravos, mais disto último non hai total certeza). Residiu así sucesivamente na cidade exipcia de Alexandría (1878), en Chipre, no porto de Adén (Iemen) e, a partir de 1880, en Harar (Abisinia).

En 1891, non obstante, Rimbaud foi repatriado a Francia, xa enfermo dun tumor que lle fixo perder primeiro a perna dereita e padecer logo unha gangrena que acabou provocándolle a morte en Marsella o 10 de novembro dese mesmo ano, cando contaba tan só 37 anos. Atendido nos derradeiros intres pola súa irmá Isabelle, finou sen ter publicado nin un só dos versos que deixara escritos. Sería Paul Verlaine, a pesar de todos os pesares e vencendo a férrea oposición da irmá Isabelle a que se publicasen, quen xuntou, ordenou e editou en 1895 as súas Poésies complètes. Grazas a iso, o autor das Iluminacións recibiu a rendida admiración dos novos poetas, nomeadamente dos da vangarda surrealista (André Breton, Paul Éluard…), converténdose nunha referencia imprescindíbel no catálogo dos grandes poetas universais.

Traxectorias en contraste

Pouco, ben pouco ten de semellante a traxectoria humana e literaria de Rimbaud coa de Ramón Cabanillas, que tan ben nos soubo relatar o queridísimo amigo Luís Rei na súa Crónica de desterros e saudades(2009). Se o escritor francés tivo unha vida curta, aventureira e intensa, o galego viviu un “camiño longo”, con penalidades máis comúns e prosaicas. Mentres Rimbaud ficou case que inédito en vida, o cambadés publicou numerosos volumes, tanto na preguerra como na posguerra franquista, algúns con segundas edicións:No desterro, Vento mareiro, Da Terra asoballada, Na noite estrelecida, A rosa de cen follas, Camiños no tempo, Da miña zanfona, Samos... Fronte ao francés, que causou escándalo e rexeitamento moi xeneralizado en vida por mor do seu comportamento anticonvencional e provocador, propio dun enfant terrible, o de Cambados recibiu aplauso practicamente unánime nunha parte non pequena da súa traxectoria, o que non o librou, porén, de diversos apuros e estreiteces económicas en varios instantes, de complicadas situacións en relación co seu núcleo familiar e da malquerenza dos que non pensaban coma el. Pouco ten a ver a iconoclasta personalidade do francés en materia moral e relixiosa co perfil de Cabanillas, abrazado con vigor á fe relixiosa. E se o autor das Iluminaciónstendeu case sempre ao rebelde individualismo, tanto na vida como na poesía (deixemos de banda a súa puntual simpatía coa revolta da Comuna parisiense), o galego mantivo explícitos compromisos cívicos e políticos e puxo a súa lira ao servizo de diversas causas (agrarismo, galeguismo…), converténdose nun poeta “representativo”.


Indiscutíbel é, en todo caso, que Cabanillas foi, ademais de escritor, un lector constante e apaixonado de poesía. Como é ben sabido, publicou en 1955, da man da editora compostelá “Bibliófilos Gallegos”, un volume titulado
Versos de alleas terras e de tempos idos. Paráfrases galegas, no que presentou versións moi persoais para a lingua de noso de textos de arredor de corenta poetas de diversas épocas e latitudes que facían parte, digámolo así, da súa “listaxe de favoritos”. O libro aparece estruturado en tres grandes apartados: “Paráfrases do grego”, con textos de Safo, Anacreonte, Mosco, Baquílides e Meleagro; “Paráfrases do latín”, con textos de Marcial, Ovidio, Estacio, Tibulo, Propercio e Fedro e, por último, “Varia”, con textos de poetas en alemán (Heine, Goethe, Schiller, Niembsch e Werfel), en inglés (Byron, Tennyson, Longfellow, Goldsmith, Montgomery, Payne, Leig Hunt, William Jones, Sara H. Adams, John Wesley, Óscar Wilde e Cristina Rosseti), en italiano (Guarini, Carducci, Bértola di Giorgi e Gaspara Stampa) e en francés (Charles Baudelaire, Jean Richepin, Théophile Gautier, Jean Morèas, Joséphin Soulary, Albert Semain e Émile Verhaeren).

Faltan na listaxe chamativamente, como pode comprobarse, os poetas franceses Paul Verlaine e Arthur Rimbaud, a pesar de que, como imos tentar demostrar a seguir para o caso do segundo deles, resultou lectura decisiva para o de Fefiñáns nos seus anos de formación autodidacta e deixou algún eco ou pegada indiscutíbel en, cando menos, dous dos poemas do seu primeiro libro édito, No desterro. Visións gallegas(Habana, 1913). Imaxinamos que a ausencia deses dous “escandalosos” poetas decadentistas franceses nesa persoal escolma do cambadés se debeu á inconveniencia de traelos a colación nun clima de censura e estreiteza moral como era o do nacionalcatolicismo franquista entón dominante. Secomasí, ten máis sentido aínda o traballo de analizar e restituír o verdadeiro influxo estético que eses poetas “malditos” exerceron no seu día sobre o de Fefináns.

De tabernas e raios de sol

O primeiro dos poemas que cómpre traer aquí a colación titúlase “Na taberna”. Fixo parte este soneto, como dixemos, do primeiro poemario de Cabanillas, No desterro. Visións gallegas, se ben cómpre advertir que coñeceu publicidade previamente na revista galaico-cubana Suevia(núm. 6, 17 de marzo de 1912):


Os mozos mariñeiros da fiada

lémbranse rindo alleos de coidados;

cheira a aceite e pemento requeimados

rustido de xurés en caldeirada.


Conta o patrón nun corro a trebonada

do ano setenta, -hestoria de afogados;-

e empuxándose, inando, entran mollados

os homes dunha lancha de enviada.


Pasa de man en man a xerra roiba

de albariño, e namentras cai a choiva

e o vento fai tembrar a casa enteira,


detrás do mostrador crarexa o ceo

nas trenzas de ouro, no mirar sereo,

na surrisa de luz da taberneira.


Repárese agora no poema “Au cabaret-vert. Cinq heures du soir”, de Rimbaud, escrito en 1870 e recollido no volume Poesías completas(Orbis-Fabri, Madrid, 1997), por onde o citamos:


Depuis huit jours, j’avais déchiré mes bottines

Aux cailloux des chemins. J’entrais á Charleroi.

- Au Cabaret Vert-: je demandai des tartines

De beurre et du jambon qui fût à moitié froid.


Bienheureux, j’allongeai les jambes sous la table

Verte: je contemplai les sujets très naïfs

De la tapisserie.- Et ce fut adorable,

Quand la fille aus tétons énormes, aux yeux vifs,


- Celle-là, ce n’est pas un baiser qui l’épeure!-

Rieuse, m’apporta des tartines de beurre,

Du jambon tiède, dans un plat colorié,


- Du jambon rose et blanc parfumé d’une gousse

D’ail – et m’emplit la chope immense, avec sa mousse

Que dorait un rayon de soleil arriéré1.


Son numerosos os elementos comúns a ambos textos. En primeiro lugar, a fórmula sonetística e os versos hendecasílabos empregados en ambos casos, se ben Cabanillas emprega rimas abrazadas onde Rimbaud usa rimas cruzadas. Tamén comparten os dous poemas en cuestión a abundancia de referencias sinestésicas, algunhas odoríficas (no poema de Cabanillas cheira a rustrido, no de Rimbaud a allo…) e outras de carácter ambiental xenérico (humidade e vento fóra fronte ao ambiente cálido do interior da taberna, no texto caballiniano; cansanzo da camiñada de oito horas fronte ao pracer de estricar as pernas por riba da mesa e ter compañía, no de Rimbaud). En sentido semellante funcionan os toques colorísticos: a xerra roiba e as trenzas de ouro, no poema do cambadés, o prato con xamón rosado e branco, no poema do francés. O retrato contrastivo entre o confort no interior tabernario e a hostilidade do mundo exterior (por mal tempo, por traballo ou polo cansazo da camiñada) é común aos dous textos, como tamén o é a pincelada erótica a propósito da beleza e atractivo da moza taberneira, se cadra algo máis tosca en Rimbaud (referencia ao tamaño dos peitos da taberneira e ao seu carácter decidido no trato cos homes - “non é das que se asustan por un bico”-), moito máis recatada (alusión ao “mirar sereo”) en Cabanillas.

Por último, cabe salientar dous “desprazamentos” que o de Cambados introduce no seu texto a respecto do de Rimbaud, que sen dúbida lle serviu de pauta. O primeiro ten a ver co protagonismo exclusivamente individual no poema do francés (o suxeito da enunciación é un camiñante-vagabundo que fai parada na taberna para xantar e repoñer forzas), que se torna colectivo no do cambadés: son os mariñeiros de Fefiñáns (os mozos mariñeiros da fiada, os da lancha de enviada, o vello patrón que conta historias de naufraxio e os que lle fan corro para escoitalo) os protagonistas da poesía2, aínda que no seu final o foco fique posto nos sentimentos particulares do emisor, ata entón confundido como un máis entre os seareiros do local. E o segundo “desprazamento”, aínda máis destacado, está relacionado co raio de sol que ilumina a escena: mentres no poema rimbaudiano o que alumea é a xerra escumante de cervexa, no caballiniano deita a súa luz sobre o sorriso da taberneira.

Natura, amor e pensamento

O segundo e derradeiro poema de Cabanillas que queremos proxectar sobre o fondo da obra do escritor decadentista francés tamén apareceu en No desterro, sen título, e di así:


Bicado polo sol é craro espello

o remanso cinguido de salgueiros.

Cai unha folla, e o cristal crebado

desfaise en brandas ondas que, crecendo,

borran o coadro máxico e enloitan

o brilador espello.


Está como ágoa do remanso, en calma,

o pensamento meu. Fíreo o recordo,

- folla que cai do arbre duns amores, -

da túa imaxe lonxana, e pouco a pouco

vai crecendo, crecendo, como en ondas,

até que o enloita todo!


Repárese agora no poema de Arthur Rimbaud titulado “Sensation”:


Par les soirs bleus d’été, j’irai dans les sentiers,

Picoté par les blés, fouler l’herbe menue:

Rêveur, j’en sentirai la fraîcheur à mes pieds.

Je laisserai le vent baigner ma tête nue.


Je ne parlerai pas, je ne penserai rien:

Mais l’amour infini me montera dans l’âme,

Et j’irai loin, bien loin, comme un bohémien,

Par la Nature, - heureux comme avec une femme3.


Os cuartetos de arte maior de Rimbaud convértense en Cabanillas en sextetos, e as rimas totais do francés derivan en versos pares asonantados no de Cambados, mais hai entre as dúas composicións un innegábel fondo argumental común: o contacto con Natura (a herba miúda, os restroballos, a folla da árbore, o salgueiro, o remanso …) provoca reaccións no espírito do poeta, un estado de concentración case hipnótico (“Je ne parlerai pas, je ne penserai rien”, indícase no texto de Rimbaud; “Está como ágoa do remanso, en calma, o pensamento meu”, dise no de Cabanillas), que, non obstante, resolverase finalmente en sentimentos de índole antitética: en amor, ledicia de vivir e despreocupación nun caso (Rimbaud) e en tristura, loito e desconsolo noutro (Cabanillas).

A xeito de conclusión

Cando falamos de “ecos” de Rimbaud na poesía do cambadés descartamos que a intención de Cabanillas fose facer tradución, versión ou paráfrase dos orixinais do escritor francés. Hai un “diálogo” con eses textos que dá pé á creación dun novo, orixinal e persoal. Ou dito doutro xeito: Cabanillas “fai pé” nos dous poemas de Rimbaud en cuestión, “dálles unha volta”, mais non os copia, nin moito menos os plaxia. Os motivos temáticos e algúns dos recursos estilísticos presentes neles, como a sinestesia, sérvenlle ao de Cambados de estímulo para a creación, mais operando mudanzas e reorganizacións tan relevantes no enfoque, no tratamento, nos personaxes e na substancia do asunto que os poemas resultantes deveñen enteiramente seus, “distintos” aos de Rimbaud.

En todo caso, parece innegábel que tanto “Na taberna” como o poema que comeza“Bicado polo sol é craro espello…” de Cabanillas naceron da impresión e do gozo que a lectura dos textos de Rimbaud espertaron na alma, tan sensíbel, do poeta de Fefiñáns, de maneira que fica corroborada máis unha vez a destacada influenza que a poesía decadentista e simbolista francesa de finais do século XIX exerceu no seu proceso de formación estética4. Fica pendente a tarefa de comprobar e analizar a pegada, adiantemos que para nós máis que evidente tamén, da obra poética de Paul Verlaine no escritor cambadés, mais esa haberá de ser fariña para outra muiñada.


1 Ofrecemos a seguinte paráfrase do poema de Rimbaud na nosa lingua: “Logo de oito días, rompera as miñas botas nas pedras dos camiños. Entrei en Charleroi, na Taberna Verde: pedín rebandas de xamón con manteiga morniñas. Contento, estriquei ben as pernas por debaixo da mesa e contemplei os motivos sinxelos da tapizaría. Foi delicioso cando a moza de enormes tetas e ollos vivos - ela non é das que se asustan por un bico! –, a sorrir, me trouxo as rebandas de xamón con manteiga morna nun prato de cores, - o xamón rosa e branco perfumado cun dente de allo - e me encheu a enorme xerra coa súa escuma, que douraba un serodio raio de sol”.

2Luís Rei deixou precisa e preciosa información en Ramón Cabanillas: crónica de desterros e saudades (2009: 59-62) sobre os estabelecementos tabernarios que había no Cambados de entre dous séculos: a taberna de Ramón Botana no peirao vello, a de Aniceto, a de Vitorio na Modia (onde o poeta confeccionaba textos para o xornal satírico El Cometa), o local de Serafín de la Peña, o salón-taberna de Laureana, os cafés da fonda de Calixto Pereira e do Casino, a taberna da Segorella e, como non, a taberna do “Potro”, isto é, Antonio Álvarez Vidal, pai de Eudosia Álvarez, a esposa de Ramón Cabanillas.

3 Ofrecemos a seguinte paráfrase galega deste poema de Rimbaud : “Nas tardes azuladas do verán, irei polos camiños pisando restroballos e herbiñas. Soñador, sentirei o seu frescor nos pés e deixarei que o vento bañe a miña cabeza núa. Non falarei, nada pensarei, mais un amor infinito subirá á miña alma, e marcharei lonxe, ben lonxe, como un bohemio, pola Natureza – feliz como con unha muller”.

4 O profesor Ricardo Carvalho Calero, na súa monumental Historia da literatura galega contemporánea (1981, 3ª ed.: 578) entendeu, non obstante, que o vocabulario e a fraseoloxía de “Na taberna” ten máis que ver co Modernismo rubendarista.



PUBLICADO PREVIAMENTE NO SEGUNDO NÚMERO DA REVISTA CENFOLLAS, DE CAMBADOS

As formas xenuínas dos nosos nomes: os casos de Vilalonga, Figueiroa, Fefiñáns e Valadares

$
0
0

"Memoria sempre", de Saúl Otero

Introdución

A restauración das formas toponímicas (nomes de lugar) e antroponímicas (nomes e apelidos) xenuínas da nosa Terra é un dos labores culturais, patrimoniais e identitarios máis importantes que, sine ira e cum estudio, debemos encarar colectivamente.

Séculos de absurda pancastelanización en aras dunha noción uniformista e excluínte da realidade idiomática e cultural diversa do solar hispánico teñen feito da onomástica galega, ata épocas ben recentes, “campo de agramante” onde o capricho, a arbitrariedade, a impericia e o descoñecemento filolóxico por parte das instancias oficiais estatais e dalgúns sectores profesionais e sociais con elas identificados (curas párrocos, funcionariado de rexistros, notarías e xulgados, membros da oligarquía fidalga e burguesa…) chegaron a campar sen freo, provocando numerosas deturpacións, adaptacións manifestamente deficientes e formas indefendibles baixo ningún punto de vista. Que por ignorancia ou inercia continúen usándose entre nós hogano non nos exime da obriga de explicarmos unha e outra vez as razóns da súa impertinencia e tampouco nos libra dun paciente e sostido esforzo por deixalas atrás, como testemuño doutras épocas que demandan definitiva superación.

Desde certa mentalidade dominante nas Españas, moi viva nos anos da ditadura franquista e aínda presente por desgraza en determinados sectores da nosa sociedade, sostense que os topónimos e antropónimos en lingua galega, por máis que milenarios, non deberan existir e perdurar na súa forma autóctona, nin sequera para seren usados na súa propia terra. Resultaría mellor, disque, que fosen proscritos e substituídos en favor dos “equivalentes” na lingua oficial do Estado, o castelán, visto este como idioma presuntamente “mellor”, máis “culto”, “fino” e, sobre todo, “patriótico”. Nos Séculos Escuros, cunha estrutura estamental da sociedade e nun contexto de mala imaxe proxectada sobre todo o relacionado con Galiza (“reino infeliz… de España muladar”, en célebres versos de Góngora), non poucos procuraron a través da castelanización dos seus apelidos aparentar maior “limpeza de sangue”, “dignidade” e “lustre” e desimular así as raíces galicianas das súas liñaxes. Familias nobiliarias e fidalgas abrazaron entón con entusiasmo digno de mellor causa a tarefa de desterrar “marcas de galeguidade” evidentes nos seus apelidos: os Sarmento, Monteiro, Mosqueira, Lousada, etc. pasaron así a se autoproclamaren *Sarmiento, *Montero, *Mosquera, *Losada, etc., ao igual que os Vilariño deviñeron *Villarino, os Sueiro *Suero e os Soutelo *Sotelo…

Mais claro, dicimos nomes “equivalentes”, entrecomillando, porque son infinitos os casos en que esa presunta “equivalencia” entre a forma orixinaria galega e a nova forma castelanizante non foi tal. Onde os asimilistas pretendían cambiar unha forma galega prístina por unha forma castelá, o que fixeron en tantísimas ocasións, por desleixo, ignorancia ou “comodidade”, foi cambiar unha forma auténtica galega por outra híbrida, “castrapeira”, imperfecta.Os exemplos son abundantes, mais entre eles cabe poñer catro que nos tocan de cheo: Vilalonga, Figueiroa, Fefiñáns e Valadares, convertidos arbitrariamente no transcurso da historia en *Villalonga, *Figueroa, *Fefiñanes e *Valladares, respectivamente.

E por que son “híbridos” inadmisibles? Porque, como tantos outros casos, resultan castelanizacións parciais, deficientemente perpetradas, incorrectas desde as perspectivas dun “verdadeiro castelán” e dun “verdadeiro galego”, en definitiva “inauténticas”, ademais de innecesarias: pastiches froito dunha época e dunha mentalidade que, insistimos, é bo deixarmos dunha vez por todas atrás. Expliquémonos.

Pegada salgada, de Saúl Otero
 

Vilalonga vs. *Villalonga

O elemento VILA, que inicialmente en latín portou o significado de    ‘posesión rural, predio rústico, granxa’ e está tan presente na toponimia galega, foi complementado en numerosas ocasións cun adxectivo para indicar algunha característica destacable do enclave poboacional en cuestión: a súa maior ou menor antigüidade (Vilavedra, Vilavella, Vilanova, Vilanoviña…), a súa posición (Vilalta, Vilasuso, Vilameá, Vilachá, Vilacova, Vilacampa, Vilancosta…), a súa cor ou luminosidade (Vilaverde, Vilalba, Vilaescura, Vilamoura….), o seu tamaño (Vilapouca, Vilagrande, Vilapequena, Vilamaior ou Vilamor, Vilariño, Vilameor… ), o seu estatuto xurídico (Vilafranca), a súa calidade canto ao clima ou feracidade do chan (Vilaboa, Vilafría, Vilaseca, Vilerma…), etc.

Reciprocamente, o adxectivo galego longo/a, derivado do latín LONGUS-LONGA-LONGUM, pasou a facer parte de numerosos topónimos compostos, como indicador desa característica. Por Galiza adiante rexistramos así Agrolongo, Arealonga, Baralonga, Campolongo, Fragalonga, Leiralonga, Meirolongo, Montelongo, Pedralonga, Riolongo, Silvalonga, Soutolongo, Torrelonga, Valongo, Valonga e Veigalonga.

Vilalonga, núcleo pertencente ao concello de Sanxenxo, é nome xenuíno galego, que tería que se traducir a bo castelán como Villalarga ou, máis exactamente, Villaluenga. Quen quixer pode comprobar que existen, efectivamente, localidades así denominadas en diversos puntos da xeografía hispana: en Palencia (Villaluenga de la Vega, na comarca da Saldaña; Villaluengo, no concello de Santibáñez de la Peña), en Burgos (Villaluenga, no municipio de Valle de Losa), en Araba (Villaluenga, no municipio de Ribera Alta), en Teruel (Villaluengo), en Toledo (Villaluenga de la Sagra), en Cáceres (Villaluengo), en Cádiz (Villaluenga del Rosario)…

A que logo seguir a usar a forma híbrida e castrapeira “Villa” [elemento castelán] + “longa” [elemento galego]”? Coherencia e rigor: ou Vilalongagalega ou Villaluenga castelá, pero non a mestura inxustificábel e espúrea *Villalonga.

Figueiroa vs. *Figueroa

Como explica pormenorizadamente Gonzalo Navaza no seu estudo Fitotoponimia galega (2006) do latín FĪCUS, ‘figo’, sumado ao sufixo latino –ARĬA, procede o nome da árbore FĪCARĬA. Por evolución, ese FĪCARĬA latino deu como resultado en galego figueira, do mesmo xeito que o latín FĬLĬCARĬA evoluíu a filgueira, NŬCARĬA a nogueira, ILĬCĪNARĬA a aciñeira, SALĬCARĬA a salgueira etc. Na obra Fonética e Fonoloxía Históricas da Lingua Galega (2017: 73), o profesor Mariño Paz indica que “a elipse do substantivo do sintagma latino ARBŎRE FĪCARĬA descargou no adxectivo, do que por transcategorización procede o substantivo galego figueira, todo o contido semántico do sintagma orixinal (‘árbore que dá os figos’)”.

En castelán, pola contra, a evolución desde o mesmo FĪCARĬAlatino conduciu a higuera, perdendo o f- inicial (un fenómeno típico da lingua cervantina que moitos lingüistas atribúen ao influxo sobre ela do euskera) e carecendo, ademais, da ditongación do sufixo característica da nosa lingua (cf. primeiravs. primera, madeira vs. madera, etc.).

En numerosos pobos de España existe, por iso mesmo, o fitotopónimo La Higuera, mentres que na nosa Terra e en Portugal a forma sistemática é, pola contra, Figueira, con diversos derivados ou variacións: A Figueira, As Figueiras, A Figueiriña, Figueiralba, Pedrafigueira, Chan da Figueira, O Figueiro, etc.

Xa en 1287 hai referencia nun instrumento escrito do convento de San Xoán de Poio a un tal “Johã Pelaez das Figueyras”. En 1310 atopamos nunha escritura de compravenda entre o abade de Lourenzá e o veciño de Mondoñedo Clemente Eanes unha referencia aos “terreos que iazẽ as Figueyras de Tortores”. Numerosos documentos do Libro do Concello de Santiago (1416-1422), editados por Ángel Rodríguez González en 1992, recollen o nome dun bacharel en decretos chamado Martin das Figueiras e en varios instrumentos de 1421 cítase un procurador da confraría dos ferreiros chamado Juan de Figueira o Vello. O Padre Sarmiento fartouse de recoller no seu tempo referencias botánicas para o seu Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetablesrelacionadas cun enclave da cidade pontevedresa denominado Molino das Figueiras ou das Figueyras, como pode comprobarse na edición crítica desa obra realizada polo profesor José Luís Pensado para a Universidade de Salamanca en 1986.

Aconteceu, así e todo, que ao nome latino dalgunhas árbores e plantas se lle engadiu en moitas ocasións un sufixo, ben para indicar a concentración de exemplares da mesma especie nun mesmo terreo, ben para indicar o reducido tamaño ou extensión da propia finca. No primeiro caso temos abundancia de nomes rematados en -edo/a, do latín –ETUM/-ETAM, como Figueiredo, Fiolledo, Carballido, Reboredo, Cerdedo, Freixedo, Salcedo, Carracedo, Codesedo…, tamén en feminino: Reboreda, Carballeda, Cerceda, Freixeda, Salceda, Touceda, Codeseda…. No segundo, o máis frecuente foi engadir o diminutivo latino -ŎLU / -ŎLA, de maneira que sobre a base de FĪCARĬA (figueira) naceu o topónimo FĪCĀRĬŎLA / FĪCĀRĬŎLO, que está na orixe das formas toponímicas Figueiroa, Figueiroá, Figueirúa e Figueiró (plural Figueirós). A mesma explicación cabe para outros topónimos como Cerdeiroa, Folgueiroa, Nogueiroá, Negueiroá, Nogueiró, Pereirúa, Pereiró, Prexigueiró…

Efectivamente, o sufixo diminutivo latino –ŎLA perdeu no seu paso a galego o -l- intervocálico, a diferenza do que lle aconteceu na súa evolución a castelán, en que o conservou. Compárense AVĬŎLA›*AVŎLA› avoaou avó fronte ao castelán abuela ou MŎLA› moa ou fronte ao castelán muela. De aí que os nosos Figueiroa, Figueiroá, Figueirúa e Figueiró orixinais teñan exacta correspondencia nas formas castelás Higueruela e Higueruelo, respectivamente, o mesmo que os nosos Queiró, Queiroá e Queirúacorresponden ao castelán Quiruelas, topónimo e apelido moi presente na Senabria zamorana, sen irmos máis lonxe.

Sobre o reparto xeográfico desas terminacións tense debruzado Carolina Pérez Capelo no ensaio Toponimia e variación dialectal en galego. Os topónimos rematados en -oa, -oá,-úa, -uá (2015). A este respecto a filóloga Rosario Álvarez no seu relatorio para o I Congreso Internacional de Onomástica Galega Frei Martín Sarmiento, celebrado en 2002:

Os topónimos que integran a terminación diminutiva –òla mostran unha distribución diatópica [xeográfica] entre a solución en –ó do cadrante SW de Galicia (Figueiró, Pereiró…), a solución tipicamente lucuauriense en –oá (Figueiroá, Cabreiroá…) coa variante -uá, unha solución –úa moi minoritaria na marxe mindoniense e lucense oriental (Figueirúa) e mais a solución maioritaria en –oa(Figueiroa, Eiroa…), que ocupa o resto do territorio e se solapa parcialmente coas anteriores nas reepectivas áreas.

Daquela, por que resulta deturpada e, xa que logo, incorrecta a forma *Figueroa? Desde a perspectiva do galego xenuíno, pola ausencia do ditongo (-ei-), convertido “a la castellana” en –e. E desde a perspectiva do castelán xenuíno, polo emprego de F- inicial e pola presenza do sufixo -oa en vez de -uela. Ou o que é o mesmo: o correspondente castelán verdadeiro do noso topónimo ou antropónimo Figueiroa, Figueirúa, Figueiró ou Figueiroá non é *Figueroa, forma híbrida, senón Higueruela, topónimo que encontramos, por exemplo, na provincia de Albacete e mais no concello de Atarfe, na andaluza Sierra de Elvira, ben pertiño de Granada.

"Soños roubados", de Saúl Otero

En realidade, os ditongos decrecentes, tan característicos do idioma galego, foron unha das principais “vítimas” no proceso de castelanización perpetrado contra a nosa toponimia e antroponimia durante varios séculos. Os casos son incontables: ademais de *Figueroa por Figueiroa, padecemos *Arosa por Arousa, *El Barquero por O Barqueiro, *Montoto por Montouto, *Noguerol por Nogueirol, *Orense por Ourense, *Osera por Oseira, *Otero por Outeiro, *Oterino por Outeiriño, *Ribero ou *Rivero por Ribeiro, *Soto por Souto, *Sotelo por Soutelo, *Vivero por Viveiro… A arbitrariedade e o capricho oficial tiveron moita importancia nese proceso, pois constatamos que ao lado das formas castrapizadas citadas perviviron “sen problema” moitas outras xenuínas, ás que (afortunadamente) nunca a ninguén con mando en praza se lle ocorreu mudar o ditongo -ei por -e: Cedeira (nunca *Cedera), San Miguel de Deiro(nunca *Dero), Pantrigueira (nunca *Pantriguera), Mosteiro (nunca *Mostero)…

En todo caso, son moitos os documentos medievais conservados que testemuñan a autenticidade e antigüidade da forma galega Figueiroa. Amable Veiga, no libro Algunas calas en los orígenes del gallego (1983: 104-105 e 212-213), informounos de que xa en 975 pergameos do mosteiro de Celanova recollían a forma Figariola; outros da catedral compostelá de 1090 e 1154 empregaban as formas Figeyrola e Figueyrola, respectivamente, e aínda outros máis do convento de Oseira, de 1199 e 1202, achegaban cadansúa proba do uso das formas Figeiroa e Figueiroaa. Pola súa vez, José Antonio Souto Cabo transcribiu en Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII (2008: 151-152) o documento de venda ao mosteiro de Montederramo, en 1261, dunha herdade de “Lourenzo Garzía caualeyro de Figeyroáa”, actuando como testemuña, entre outros, o monxe “Domingo Pérez de Figeyroáá”. Na mesma obra encóntrase transcrita a escritura de venda ao citado mosteiro por parte de Marina Rodrigues, en 1269, de “quanta herdade eu ayo en Ffigeiroáa”.

O investigador Francisco Pérez Rodríguez transcribiu e publicou en 2004 documentos medievais do convento de Toxos Outos, nos que encontramos en 1234 a Pedro Varela doando unha herdade en Figeiroa; a Martíns Eáns, alias “Calado”, facendo outro tanto en 1236 coa súa propiedade en Figueyroa; a Martiño Fernandi doando en 1237 terras súas de Ficairoa e ao crego Nuno Eáns de Urdilde deixando en doazón ao citado convento en 1252 unha herdade en Figeyroo. Pola súa vez, Clarinda de Azevedo Maia cita na súa História do Galego-Português (1986: 201) un documento de 1295 polo que o abade de Santa María de Oia aforaba a “Domĵgo Figeiróáe a uossa moller dona Marina” unhas terras no lugar de “Figueiróo et en Portezelo”.

O sacerdote e filólogo Eligio Rivas Quintas menciona no seu estudo sobre Onomástica persoal do Noroeste Hispano (1991: 560) varios instrumentos medievais con referencias a individuos como “Iohan Rodríguez de Figueyroaa” (ano 1259), “Domingo Pérez Figueyroaa” (1261), “María Fernández de Figueyroa” (1314), “Pero Lourenço de Figueyroaa” (1314) e “Gonçalvo Varva de Figueyroa” (1458)…. Do mesmo xeito, en varios documentos do notario rianxeiro Álvaro Pérez, de 1457, é amentado “Johán Ares deFigeyroa, morador eno Araño”. Nun dos textos medievais incluídos no volume Historia de La Coruña. Edad Media (1988), coordinado por González Garcés, rexistramos igualmente a forma Figueiroaen 1399. Na Colección diplomática de Santa María de Oseira editada en tres volumes por Romaní Martínez (1989-1993) aparece nun documento datado en 1281 a forma Figueyroaa. Varios pergameos de 1364 e 1383 pertencentes á colección de instrumentos do convento de San Estevo de Ribas do Sil, editados en 1972 por Duro Peña, testemuñan igualmente a forma Figueiroá. En A vida e a fala dos devanceiros (1967), de Ferro Couselo, atopamos máis exemplos: fálase de “heredade de Figueiroa” (1399); “Ysabel Fernandes de Figueiroaa” (1459), “Fernando de Figueiroa” (1526)... O historiador Anselmo López Carreira, en fin, infórmanos en A cidade de Ourense no século XV (1998) da existencia dun escudeiro ourensán en 1409 chamado “Gómez Fernández de Figueiroá”…

Cómpre recoñecer, así e todo, que a castelanización de Figueiroa en *Figueroa resultou exitosa no plano antroponímico (ou sexa, como apelido), talvez polo poderoso “exemplo” que significou que adoptasen a forma deturpada algunhas ilustres familias da aristocracia galega de entón, que logo emparentaron cos Valadares de Fefiñáns. Durante os chamados Séculos Escuros o papel aculturizador do clero parroquial e dos notarios e o afán imitativo da fidalguía, unido xa a partir do XIX ao celo uniformizador dos oficiais dos rexistros civís, acabaron por desterrar totalmente da documentación oficial relativa aos nomes de persoa a forma galega Figueiroa, cando o certo é que nunca antes do XVI se rexistrara a forma castelanizada: “Gonçalo Barba de Figueroa” (1548), “Fernán Reimóndez de Figueroa” (1548), “Aldonça Cordera vezina de Figueroa” (1564), “Ares Pardo de Figueroa” (1621), “Baltasar Pardo de Figueroa” (1675), BenitoFigueroa (1717), Ventura Figueroa Barreiro (bispo no séc. XVIII), Benito Pardo de Figueroa(1755), etc.

No entanto, un simple repaso a todas as concorrencias da forma toponímica Figueiroa ou Figueiroáque se rexistran por Galiza adiante aínda a día de hoxe, como formas vivas na fala popular, resulta esclarecedor sobre a autenticidade desa forma fronte á espúrea *Figueroa. Chámanse Figueiroa, efectivamente, parroquias como San Paio (Arzúa), San Martiño (Cerdedo) e San Miguel (Abegondo), rexistrándose a forma Figueiroánas parroquias de San Xillao (Paderne de Allariz) e San Salvador (Sober). Son, así mesmo, Figueiroalugares existentes nas parroquias de San Lourenzo de Agualada (Coristanco), Santiago de Arteixo, San Pedro de Buxantes e Santa Baia (Dumbría), San Martiño de Cameixa (Boborás), Santa María de Castrofeito (O Pino), San Martiño de Cores (Ponteceso), San Martiño de Ermedelo (Rois), San Xoán de O Freixo de Sabardes (Outes), Santa María de Galdo (Viveiro), San Cibrao de Las (San Amaro), San Salvador de Maceira (Covelo), Santa María de Morquintián (Muxía), Santa María de A Pedra (Cariño), Santiago de Sísamo (Carballo), San Pedro de Tállara (Lousame), San Xián de Torea (Muros), Santa María de Vilela (Punxín) e San Paio de A Estrada, no concello homónimo.

Cantares populares da zona acreditan que ata naqueles enclaves onde a forma espúrea *Figueroa chegou a arraigar e naturalizarse con máis forza, como foi o caso do territorio orixinario do marquesado de Figueroaen Abegondo, co seu pazo e torre, a forma galega prístina perviviu en labios do pobo. Rita Couceiro recollía en Abegondo para o Boletín da Real Academia Galega (nº 92, 1915, p. 204), entre moitos outros cantares populares, o seguinte: “A Virgen de Sarandós / Ten unha mantilla nova / Para ir a visitar  / San Miguel de Figueiroa”.

De idéntico xeito, moitos escritores galegos cultos de finais do XIX-comezos do XX, colegas e contemporáneos de Juan Armada y Losada, Marqués de Figueroa, non deixaron de recoller e usar a forma orixinaria e lexítima Figueiroa nos seus escritos.Benito Losada Astrai en Soazes d’un vello (1886) alude nun dos seus poemas ao casamento dunha moza, filla do xastre, con “Xan Figueiroa” e o betanceiro Fernando García Acuña en Orballeiras (1887) pon en boca dunha muller avellentada estes versos: “Xa non son aquela moza / qu’en Figueiroa bailaba […] / e hastra os mozos d’Abegondo / fan risa de min n-as tascas”. Pola súa banda, Galo Salinas, na peza teatral A torre de peito burdelo (1891), prologada polo propio Juan Armada y Losada, relata por medio do personaxe Bermudo os feitos lexendarios que están na orixe da presenza de seis follas de figueira no escudo heráldico dos Figueiroa, para concluír:

 

D’hoxe por auceón tan boa

D’o escudo suas armas son

As ponlas de Figueiroa

O máis precaro brasón.

Uxío Carré Aldao presentou á Festa da Lingua Galega (que se celebrou en Compostela en 1924) un traballo titulado “A lenda de San Amaro o Pelengrino”, que foi logo publicado no boletín Nós (nº 19, 25.7.1925) precedido da seguinte xustificación: “Damos, pois, á continuación a leenda tal cal a ouímos de labios aldeáns, na feigresía de Figueiroa (Abegondo) onde se celebra unha romería para festexar o Santo tan abegoso”. E o bardo de Ponteceso, en fin, escribiu o poema “A Torre de Figueiroa”, recollido por Carvalho Calero no volume Versos iñorados ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961) e ao que pertencen estes fragmentos:

 

O viaxeiro que conoce

de Galicia a nobre historia,

descendendo de Santiago

na Carrilana que voa;

cando baixa a costa de Herbes

coidando nas patrias glorias,

a súa man estendendo,

aos compañeiros amostra

aló no val de Abegondo

a torre de Figueiroa.

[…]

O trovador vagabundo

que entre as altas uces soña,

e da raza de Breogán

os altos feitos memora,

do Figueiral figueirido

a doce canzón recorda,

e limpando as tenras vágoas

que plo semblante lle rodan,

con entusiasmo escrama:

¡A torre de Figueiroa!

[…]

Coidamos que o absoluto paralelismo evolutivo existente entre as formas galegas Figueira / Figueiroa / Figueiroá / Figueirúacon outras como Ferreira / Ferreiroa / Ferreiroá / Ferreirúa ou Pereira / Pereiroa / Pereiroá / Pereirúa obriga a que os defensores a ultranza da presunta pertinencia actual da forma *Figueroa respondan a esta cuestión: deberemos considerar igualmente necesarias, válidas e oportunas unhas hipotéticas castelanizacións *Ferrera e *Ferreroa e mais *Perera e *Pereroa, sen o ditongo -ei- na segunda sílaba, que fixésemos para os correspondentes topónimos auténticos galegos? A resposta, coidamos, cae de caixón e Figueiroa non ten por que seguir padecendo semellante deturpación intolerable. Nese sentido é moi de agradecer que os autores do Diccionario de Apellidos Españoles publicado por Espasa en 2001 sinalasen claramente que a forma *Figueroa non é senón “variante castellanizada de Figueiroa” (páx. 415).

Fefiñáns vs. *Fefiñanes

Nos seus Estudos de Lingüística Histórica Galego-Portuguesa (1989: 43), o profesor Joseph-Maria Piel ensínanos que

boa parte do léxico toponímico do noroeste hispânico […] é constituída por nomes de antigos possuidores rurais, que estes, desde a época latina e através dos séculos medievais, deixaram vinculados às terras que ocuparam, exploraram e transmitiram aos seus herdeiros. Este considerável conjunto de nomes de senhorios apresenta, em princípio, a característica morfológica particular de se radicar na forma do genitivo, precisamente “possessivo”, dos antropónimos respectivos. Nos nomes […] de origem visigoda a desinência –ANIS ou também –I.

O predominio da antroponimia xermánica na antiga Gallaecia prolongouse, cando menos, ata o século XII. Desa orixe é o nome de varón Fáfila ou Fávila (coas correspondentes variantes en que se produciu desprazamento acentual de esdrúxula a grave: Fafila e Favila), que presenta unha terminación común en moitos outros nomes de idéntica procedencia “bárbara”: Abila, Aldila, Andila, Ansila, Atila, Bechila, Brandila, Dadila, Egila, Fradila, Framila, Franquila, Froila, Frutila, Gaudila, Gúndila, Itila, Iudila, Mirila, Quintila, Requila, Sindila, Sunila, Totila, Vegila, Vintila, Ulfila… Moitos teñen correspondencia feminina mediante o sufixo –ilo: Froilo, Gudilo, Riquilo, Sunilo… Famoso foi un rei Fáfila ou Fafila que morreu devorado por un oso, segundo relata a Crónica Geralmandada facer por Afonso X o Sabio…

O sacerdote e filólogo Eligio Rivas cita no seu Onomástica persoal do Noroeste Hispano (1991: 165) varios instrumentos medievais de Galiza, Portugal e Asturias en que se documentan as formas onomásticas Fafila, Fafia, Fafila, Faffianis, Fafilanis, Fafilani e Fafilane. Clarinda de Azevedo Maia (1986: 205), pola súa vez, recolle exemplos documentais datados en 1296 en que aparecen as formas Fafiaes, Ffafiães e Ffafiáés.

Dese nome de varón Fávila/ Favila ou Fáfila/ Fafila creáronse o xenitivo posesivo latinizado FAFILANIS e o acusativo FAFILANEM (Piel, 1989: 136 e 155-156). De ambos derivan varios topónimos e antropónimos galaico-portugueses actuais, como Fafiães, Fafiás, Fafián e, desde logo, Fefiñáns. Hai unha Quinta deFafiães en Matosinhos, así como unha aldea Fafiães entre Penafiel e Marco de Canaveses, non lonxe do curso do río Támega, na área de influenza de Porto. Fafiásé un lugar da parroquia de Toiriz, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Coa forma Fafián (procedente do acusativo) rexistramos núcleos de poboación nos concellos de Ribeira e Sarria e nas parroquias de San Xiao de Vea (A Estrada), Pías (Lugo), Santiago de Fafián (Rodeiro) e Trasmonte (Oroso). Na provincia de Zamora atópase a localidade de Villafáfila,mentres que en Asturias hai un Fafilánna parroquia de Tresona, en Corvera de Asturias, perto de Avilés.

Arco da Praza de Fefiñáns
 Se da forma latinizada en acusativo dese nome xermánico deriva claramente o topónimo Fafián (como de Atta, Atáns, castelanizado como *Atanes), da forma en xenitivo deriva o noso Fefiñáns. Para explicar a mudanza da sílaba inicial FA- en FE-, talvez teñamos que ter presentes outros casos como Tareixa / Tereixa, onde se produciu un cambio vocálico parecido. E para o paso de -L- a -Ñ- (desde o orixinario Fafilanisata chegar a Fefiñáns) talvez haxa que considerar o influxo que puideron exercer outros sufixos toponímicos da zona da ría de Arousa rematados en –ñán, como Galiñáns, Triñáns ou mesmo Padriñán(este último derivado de PATRINIANI).

A evolución do sufixo xenitivo posesivo “-ANIS” que afecta ao nome de lugar cambadés Fefiñáns non foi, nin moito menos, caso único. Do xermánico Uimara, Vimara, Wimara ou Guimara deriva o xenitivo VIMARANIS ou GUIMARANIS, que evoluíu en catalán a Guimerà e en galego-portugués medieval a Guimarães. Aínda está presente en territorio galego hoxe coas formas e variantes Guimarás, Guimaráns e Guimeráns, todas elas obxecto, como indica Piel (1989: 97) de “castelhanização violenta” no híbrido *Guimaranes.

Do xermánico Gúndila(con latinización en caso xenitivo GUNDILANI) temos hoxe derivados como Gundián, Gundiás, Gundiá e Gundiñáns. Do xermánico Sunila, através do xenitivo latinizado SUNILANI, temos o topónimo e apelido Soilán. De Sándila-SANDILANIS deriva, igualmente, Sandiás. Do xenitivo QUINTILANIS procede o galego Quintillán, como de FROILANIS,Froiláne de MUGILLANIS, Magalláns (en portugués Magalhães). O GANDILANIS xermánico evoluíu a Gondiáns, da mesma maneira que GAUDILANIS(xenitivo de Gaudila) se transformouenGoián(s), FREDILANISen Freáns e BARUIANISen Baruxáns. Así mesmo, de IQUILANIS, xenitivo do nome xermánico Ikila, aparece en galego Anguiáns, ao igual que do xenitivo BELLITANIS xurdirá Bilidáns, de TRUDILANIS nacerá Troáns, de MAGANIS, Magán e de RIKAMANNIS a forma Recamáns. A maior parte destes topónimos galegos (algúns convertidos tamén en apelidos) padecerán a mesma pésima sorte castelanizadora ca Fefiñáns, rexistrándomos por iso mesmo híbridos como *Sandianes, *Goyanes, *Freanes, *Bilidanes, *Troanes ou *Barujanes.

A documentación medieval despexa dúbidas sobre a orixe e pertinencia da forma Fefiñáns. O historiador Sindo Mosteiro recolle no seu A torre e a sombra (2018) fragmentos dun documento publicado no seu día polo cóengo compostelán López Ferreiro relativo á partición que asinaron en 1421 Lopo Sánchez de Ulloa e Fernán Eáns de Soutomaior, no que podemos ler: desde la fonte de Cambados segun corre o rigueiro fasta o mar e fasta fefiñans. No Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos (1457), editado por Fernando R. Tato Plaza en 1999, varios documentos aluden tamén ao topónimo que nos ocupa. Nun deles, feito no porto de San Tomé do Mar a 12 de xaneiro de 1457, recóllese que Sueiro Gomes de Soutomaior arrendou a un tal “Fernad Gomes d’Ouçẽça, notario de terra do Salnés, morador en Fefiñaas, o benefiçio de Santa Maria de Sjmes”. Noutro, feito en San Tomé no mesmo ano, “Garçía Gomes, juís de Fafiñaas” actúa como testemuña nun pacto entre Gomes de Cortiñas e Fernand Gonçalves, ambos moradores “en Coruillõ” (ou sexa, Corvillón, con v efectivamente).Na mesma colección documental rexistramos varios instrumentos que certifican o apelido Galiñáns (“Affonso de Galljñaas, morador en Meaño”), tamén vítima de castelanización aberrante como *Galiñanes e o apelido Rubiáns (“filigrisía de Santa María de Rrubiãs”), logo castelanizado tamén como *Rubianes.

No Libro do Conçello de Pontevedra, actualmente conservado no Museo de Pontevedra, alúdese nun asento de marzo de 1445 a un tal “Afonso Yanes de Fafinãas”. Tamén tomamos de Sindo Mosteiro a noticia de que no Tombo Vermello de don Lope de Mendoza, escrito arredor do 1400, se anota que “en Fafina͂as ha el arçobispo [de Compostela] seys barcos”.

A derivación do sufixo xenitivo latino -ANIS con nomes xermánicos para unha terminación –ánsen galego (Guimeráns, Freáns, Gundiñáns, Fefiñáns etc.) non autoriza a traducir ese –áns como unha marca de plural semellante á de casos como can-cans ou man-mans, que é, en definitiva, o abuso ou incorrección que está detrás da indebida creación no seu momento, en plenos Séculos Escuros, da forma espúrea *Fefiñanes. Por iso mesmo cómpre restituír en toda a súa plenitude de usos a forma auténtica e orixinaria, usada literariamente xa en 1842 por Xoán Manuel Pintos nos poemas que escribiu exercendo como xuíz de primeira instancia en Cambados e corroborada máis tarde polo gran Ramón Cabanillas, que non é outra que Fefiñáns.

Valadares vs. *Valladares

O topónimo e apelido Valado (frecuentemente escrito con b, Balado) procede do latín VALLUM (‘defensa feita con troncos’), a través de VALLĀTU (‘muro de separación ou contención, valado’). Coma el derivan do mesmo étimo moitos outros presentes en territorio galaico como A Valada, Valada Grande, As Valadiñas, O Valo, O Valado, O Valón, O Valadiño, Valadelo, Entrevalos, Suvalos… Non falta quen atribúa a esta mesma orixe tamén o topónimo vigués Balaídos.

O adxectivo latino VALLATARES, formado sobre VALLA (plural de VALLUM), como explica Gerardo Sacau na súa obra Os nomes da terra de Vigo. Estudio etimolóxico (1996: 159-160), é orixe do topónimo e antropónimo Valadares, saído da “simplificación e substantivación posterior do sintagma FUNDI VALLATARES, isto é ‘ terreos pechados, protexidos, acoutados’.

A forma xenuína Valadares e outras derivadas de VALLUM xa citadas están ben documentadas na época medieval. Unha cantiga de escarnio e maldizer de Estévão da Guarda comeza cos versos: “D’ũa gram vinha que tem em Valada / Alvar Rodriguez nom pod’haver prol…”. Cítase en 1268 “Laurentio Suerii de Valadares”; en 1369 “Álvaro Fernandes de Valadares”; en 1401, “Basco Fernandes de Baladares”; en 1411, “Santa Eulália de Valadares” (Monção). No xa citado Libro do Concello de Santiago (1416-1422), que publicou Ángel Rodríguez González en 1992, achégase un documento de 1417 en que se nomea como fiel da alcabala da cera en Compostela a “Rui Peres de Valadares”. No legado do notario Álvaro Pérez, que exerceu na terra de Rianxo e Postmarcos durante 1457, rexistramos dúas referencias a “Sã Migell de Valadares”.

O nobre Álvaro Fernández de Valadares, no seu testamento de 1397, condicionaba a transmisión da súa herencia ao fillo da súa irmá ao feito de que “tome as armas et o apelido de Valadares”. En 1475 Gregorio de Valadares, rexedor de Pontevedra, dispuña que no intre da súa morte o seu corpo fose “sepultado en o moesteyro de Santo Domingo da dita villa de Pontevedra, onde jaz meu padre Gonçalo de Valadares, que Deus aja” e que, ademais, “a o tenpo de minas honrras quebren por mi una duzea d’escudos et arrastren meus pendons pintados das armas de Meyra et Valadares et Canba, et den a meus criados et amos et amas, a cada un, sua capa de loyto”. Boa parte dos seus bens deixáballos ao seu fillo, “Pedro Vaasques de Valadares”.

A castelanización dese orixinario Valadaresen *Valladares documéntase a partir do século XV. Decisivo, neste sentido, foi o influxo do posterior marquesado homónimo, creado no século XVII (1673). Con todo e con iso, o médico de orixes viveirenses Nicolás Taboada Leal, tan decisivo no combate do cólera na cidade olívica, anotaba a mediados do século XIX na súa Descripción topográfico-histórica de la Ciudad de Vigo que a forma xenuína Valadares era a que antigamente “se nombraba más comúnmente” e engadía, a maior abondamento, que “todavía muchos naturales del país y con especialidad los vecinos de la parroquia, la denominan de este último modo”. As normas toponímicas actuais na nosa Terra alentan, loxicamente, a recuperación da forma xenuína Valadares, que se mantivo intacta no viciño Portugal en concellos como Viana do Castelo, Vila Nova de Gaia e Viseu. 

A xeito de remate

A actuación restauradora da orixinaria e xenuína toponimia e antroponima galega equivale, se nos é permitida a comparación, á actividade de restauración das cores primixenias do Pórtico da Gloria, felizmente efectuada en datas recentes na catedral compostelá. Non vale alegar que debemos conformarnos coa obra do mestre Mateo “escurecida”, “despintada” e “alterada” pola acción dos séculos ou por intervencións espúreas doutras mans: temos os coñecementos e os medios técnicos para restaurala conforme é debido e só houbo que ter vontade para facelo. Así tamén coa nosa onomástica persoal e xeográfica, creación cultural colectiva do pobo galego durante séculos que non merece xa nin máis maltrato nin máis deturpación por parte de ninguén.

Nas ribeiras do mar da Arousa, en novembro de 2020

 [Publicado orixinariamente na revista O Umia, editada pola Asociación de Amig@s de Fefiñáns]

Novas probas cartográficas sobre o topónimo San Cibrao (Cervo)

$
0
0

 

En 2010 publiquei co selo do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e impreso nos talleres das Gráficas Neira Brochs o volume Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo), intentando resumir de maneira científica e documentada as razóns polas que tivo e ten todo o sentido recuperar para o porto das miñas raíces familiares maternas a denominación tradicional galega, perdida no seu día e restaurada de xeito oficial felizmente pola Xunta de Galicia a partir dos anos 80 do pasado século.

Ao longo das páxinas dese meu traballo, expuxen a grandes trazos a evolución histórica dese enclave de poboación, a orixe da devoción ao bispo de Cartago que motivou o renomeamento do antigo castro do Porto do Arriba e a evolución fonética que se experimentou desde o latín Ciprianusao galego Cibrao. Tamén me detiven a contrastar a presenza do mesmo topónimo noutros lugares da Península Ibérica e da propia Galiza e a reconstruír, na medida do posíbel, o proceso histórico polo que o primitivo nome de San Cibraofoi sendo substituído a partir do século XVI pola forma castelanizante San Cipriano ou San Ciprián.

En concreto, tiven o prurito de reproducir numerosas referencias documentais dos arquivos mindonienses, rescatadas no seu día polo competentísimo D. Enrique Cal Pardo, que non deixaban lugar a dúbidas sobre a denominación do enclave ao longo de todo o período medieval e aínda nos primeiros séculos da era moderna (XV e XVI), desde o máis antigo documento, que remonta ao 1291 e que aludía á pesca da balea en “San Cibrao”, ata o que recollía en 1599 o nomeamento polo Cabido mindoniense do licenciado Juan Alonso como xuíz de “San Cibrao”, documento este último no que, en chamativo contraste, xa se lle chamaba a Viveiro Vivero e ao Valadouro Valle de Oro

No meu traballo, documentei tamén como a partir de finais do s. XVI, os instrumentos eclesiásticos e burocráticos comezaron a adaptar a forma galega SanCibraoreferida a este porto cantábrico ás súas equivalentes castelás SanCebrián(ou Cebrán) e SanCibrián (ou Cibrán), como paso previo ao rebautizamento definitivo por medio da forma máis próxima ao étimo latino, San Ciprián, que se documenta por vez primeira en 1550, nun instrumento polo que o Cabido mindoniense cede en foro a Miguel de Lastra un anaco de terra no “Arenal de San Ciprián” e que, respaldada e imposta polos poderes civís e eclesiásticos lingüisticamente uniformizadores, acabará triunfando total e definitivamente sobre a forma autóctona a partir da segunda metade do século XVIII.

En axuda da miña reconstrución histórica, citei tamén numerosos mapas e cartas náuticas, nas que fica patente que ata a primeira metade do século XVIII conviviron unha denominación co grupo BR orixinario (Cibrián), que só ten sentido se partimos do orixinario galego Cibrao, e outra co grupo PR (Ciprián), que á prostre acabou impoñéndose desde a segunda metade da citada centuria na cartografía oficial, auspiciada sen lugar a dúbida pola nova dinastía borbónica e o seu funcionariado obedientemente pancastelanista e uniformizador.

Desde a Carta Náutica de 1424 que fai referencia á “íxola de San Zibrian” ata o Atlas Portátil y Geographico de la Península de las Españas, de Tomás López de Vargas Machuca, de mediados do século XVIII, son innumerábeis as cartas náuticas e os mapas holandeses, franceses, ingleses e hispanos que aluden ao “porto alegre” que cantou Leoncio López de las Casas, non como “San Ciprián”, con -PR-, senón como “San Cibrian”, “San Cibrián”, “San Sibrian”, “San Sebrián” ou “S. Cebrán”, con –BR-, e todas estas formas, insisto, teñen que derivarse por forza da adaptación idiomática e fonética a castelán dun primitivo, orixinario e autóctono “San Cibrao” galego, ese que proclama sen fisuras como único nome do enclave toda a documentación anterior ao século XVI.

Tiven o pracer de reencontrarme en datas relativamente recentes, tras longos anos de non saber que fora del, cun meu antigo alumno das aulas pontevedresas en 1991, Pablo Carballo, convertido agora en competente funcionario do Instituto Geográfico Nacional. Co gallo dese reencontro, achegoume como precioso agasallo, non só os saborosos recordos e simpáticas anécdotas daquel tempo, senón tamén un exemplar do catálogo Cartografía de Galicia, 1522-1990, editado polo Instituto Geográfico Nacional, precisamente.

No interior dese magnífico e completo volume fun dar con novas referencias de mapas e cartas que non coñecía e que non fan máis que corroborar as teses por min expostas no libro Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo de San Cibrao (Cervo). Reproduzo por iso con estas liñas as imaxes dalgúns fragmentos deses mapas que confirman claramente a forma “San Cibrián”, que non “San Ciprián”, como a usual nos séculos XVI, XVII e aínda parte do XVIII, inspirada sen lugar a dúbidas no “San Cibrao” de toda a documentación medieval precedente e reveladora do proceso de substitución que algúns, en contra de todas as evidencias e levados por non sei que obstinación digna de mellor causa, seguen empeñados en manter.

Velaquí están esas imaxes, con indicación do título do mapa ou carta, data de confección ou impresión, autoría, no seu caso lugar de impresión e páxina do citado catálogo cartográfico sobre Galiza do Instituto Geográfico Nacional en que se recolle:

 

Imaxe 1. Reyno de Gallicia y de León, 1600, Anónimo, páx. 39 do catálogo do IGN.

Imaxe 2. Gallicia, Legio, et Asturias de Oviedo, 1606, Anónimo, páx. 40 do catálogo do IGN.

Imaxe 3. Galecia: Descriptio Galleciae et Asturie in Hispania, 1606, Anónimo, páx. 41 do catálogo do IGN.

Imaxe 4. Galitiae Regnum, 1608?, Anónimo, páx. 42 do catálogo do IGN.

Imaxe 5. Galicia, 1632, Amsterdam, Mercator, páx. 43 do catálogo do IGN.

Imaxe 6. Partie Septentrionale des Etats de Castille ou se trouve le Royaume de Gallice, 1749, Franza, Robert de Vaugondy Fils, páx. 59 do catálogo do IGN.

Imaxe 7. Galicia, 1756, Tomás López, páx. 63 do catálogo do IGN.

 

[Publicado previamente no semanario Heraldo de Vivero, 7 de maio de 2021]

Un alcalde vilagarcián preso en San Simón: Valentín Briones Rey

$
0
0


Valentín Briones Rey
Desde o 15 de outubro de 1936, o antigo lazareto para leprosos da illa de San Simón, fronte a Cesantes-Redondela, na ría de Vigo, converteuse en cadea e a el foron conducidos moitos partidarios e defensores da República. Entre eles, a persoa sobre a que xirará este artigo: o alcalde de Vilagarcía de Arousa Valentín Briones Rey.

A historia dese penal, recollida polo preso galeguista pontevedrés Evaristo Antonio Mosquera (1909-1976) no libro Cuatro años a bordo de una isla(Eds. do Castro, 1984) e analizada no volume Aillados, publicado no ano 2000 por Edicións Ir Indo da man de Antonio Caeiro, Clara Mª de Saá e Irene García, constitúe un dos monumentos máis dolorosos e ao mesmo tempo significativos da barbarie despregada en Galiza durante a guerra civil polo bando que resultou finalmente vencedor.

Fernando Lago Búa, ex-militante esquerdista (concretamente do Partido Republicano Radical-Socialista) e carniceiro de profesión, elevado á categoría de primeiro director do penal; o crego xesuíta Padre Nieto; o tenente da Garda Civil Francisco Rodríguez (a) 'O Rabioso' e, por último, o médico forense Francisco Bustelo (natural de Arca-O Pino) son o tráxico cuarteto que mellor personifica o terror, a brutalidade e a ideoloxía fascista que se abate sobre os prisioneiros en todas as formas imaxinábeis: humillacións, maltrato, extorsións, torturas, privacións, “paseos”... Consta, ademais, que algúns dos oficiais de prisións que traballaban no penal eran cambadeses de orixe, con apelidos como Padín e Cunqueiro.

Tanta foi a súa criminal vesania que o propio Lago Búa, unha vez descuberta en novembro de 1936 a rede de extorsión e asasinato paralegal que montara aproveitándose da indefensión dos presos e das familias destes, acabou sendo pasado polas armas polos seus camaradas falanxistas o 5 de xaneiro de 1937, en Vigo. No seu descargo só pode dicirse que lle salvou a vida ao seu parente Xosé Núñez Búa, un dos líderes do galeguismo en Vilagarcía, que puido así fuxir ao exilio arxentino.

Preso en San Simón após ser condenado a cadea perpetua estivo, como adiantamos, Valentín Briones Rey, deposto como alcalde de Vilagarcía o 24 de xullo de 1936 polas novas autoridades franquistas na localidade, encabezadas por Frutos Cerecedo, Emiliano Porto Rial e Wenceslao Oubiña. Compartiron esa penalidade carceraria con el outros vilagarciáns e arousáns en xeral, como o policía local Bienvenido Lago, o xuíz Luís Pando Rivero, Jesús Villaverde Rey (alias “Achiño”, irmán do tamén ex-alcalde vilagarcián Elpidio Villaverde), os galeguistas Dámaso Carrasco Duaso e Luís Bouza-Brei (“Lucho”), Ramón Torrado Torrado, Manuel Oubiña López, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores, o mestre e alcalde de Ogrove Xacobe Barral Otero, seu tío o médico Jacobo Otero Goday, o cenetista meco Arturo Mascato Otero, o socialista tamén mecoManuel Otero Barral, o patrón maior do Pósito cambadés Antonio Chaves del Río e un triste e longuísimo etcétera.

A damnatio memoriae provocada por corenta anos de ditadura e algúns lustros máis dunha “transición intransixente”, como a cualificou no seu día Lueiro Rei (e ben que o entendemos hoxe, vendo os turbos asuntos e a innobre “espantá” protagonizada polo Borbón disque “emérito”) fixo que a figura de Valentín Briones ficase borrosa, cando non ignorada, en moitos aspectos da súa traxectoria. 

 Outra foto de Valentín Briones, tomada do web Nomes e Voces

Sabemos que naceu en Vilagarcía o 4 de outubro de 1889 e que se dedicou profesionalmente desde cedo ao negocio da hostelaría. Fíxoo primeiro como rexente da fonda “La Argentina”, en nome da que acudiu en marzo de 1907 a Madrid para unha asemblea estatal de fondistas e hoteleiros, pero máis tarde administrou un dos estabelecementos estelares do turismo arousán nas primeiras décadas da pasada centuria: o Balneario da Concha. En 1924 vémolo citado tamén como apoderado da fábrica de aserrar madeiras “La Caneda”, con delegacións abertas en Bilbao e Madrid.

Valentín casou en 1928 con Carmen Gómez e con ela tivo cinco fillos, o primeiro dos cales veu ao mundo en novembro de 1929. Unha irmá súa, Carme Briones Rey, obtivo en 1915 o título de mestra na Normal de Pontevedra, casou co perito mercantil Ramón A. Buylla e morreu en Vilagarcía a finais de maio de 1936, con 41 anos de idade, cando Valentín exercía como alcalde. Outro irmán, Ricardo, industrial, casou nese mesmo ano con María Martínez.

Ao comezar xaneiro de 1924, Valentín Briones convértese en flamante presidente dunha das moitas entidades recreativas que funcionaban entón en Vilagarcía, o “Recreo Liceo”, tendo como homólogos a Wenceslao G. Garra no Real Club de Regatas, a Adolfo Llovo no Círculo Artístico Mercantil, a Manuel Ramos no Centro Recreativo e a Luciano Buhigas no Nuevo Club. Desde ese posto, organizou diversas actividades lúdico-festivas no propio Balneario da Concha que rexentaba. Así daba conta o xornal El Pueblo Gallego (2.9.1924, p. 8) dun deses eventos:

Los Bailes.- La verbena celebrada en el balneario el sábado, resultó una de las fiestas más animadas de este verano, consiguiendo uno de los mayores éxitos su organizador, el Recreo-Liceo, y siendo muy felicitado el presidente D. Valentín Briones. El mujerío asistió a la fiesta con mantones de Manilla, llenando de animación las terrazas y el salón, convertido en un pintoresco salón japonés. A media noche se sirvió un chocolate a la numerosa concurrencia, que no abandonó el lugar de la fiesta hasta bien entrada la mañana. 

Mais na traxectoria do noso protagonista non faltaron tragos amargos. En agosto de 1908 perdeu unha irmá, Juana, cando esta contaba unicamente dezasete anos. En xuño de 1927 tivo a desgraza de atropelar involuntariamente unha rapaza de catorce anos chamada Josefa Menéndez Conde. El mesmo a conduciu no vehículo ata o posto de socorro (El Progreso, Pontevedra, 21.6.1927, p. 3).

No momento da súa detención en xullo de 1936, Valentín era un dos máis destacados dirixentes locais de Izquierda Republicana, o partido de Manuel Azaña, mais a súa actividade política comezara en realidade moito tempo atrás.

Efectivamente, Briones Rey foi un dos mozos, canda o seu curmán Elpidio Villaverde e os irmáns Gómez Paratcha, entre outros, que formou en 1917 na súa vila natal a chamada “Juventud de Defensa”, entidade impulsora do xornal El Heraldo de Arosa. Nas lexislativas de febreiro de 1918 achegáronse ás Irmandades da Fala para tentar romper a absoluta hexemonía dos partidos do “turno” na política galega e o certo é que ese obxectivo rexenerador acabaríase plasmando co acceso á alcaldía da vila do río Con por parte de Laureano Gómez Paratcha, por volta de 1922. Briones acompañouno como concelleiro. En febreiro de 1924 saíu en defensa da xestión de Paratcha, polemizando no xornal El Compostelano con Rey Daviña sobre o cobro do imposto de consumos.

A inquina que lle dirixiron a Briones as autoridades gubernativas provinciais de Pontevedra, afectas ao Marqués de Riestra, a González Besada e a outros prebostes da política nesa época, traduciuse nun rosario de multas (20 pesetas en novembro de 1922, 75 pesetas en xaneiro de 1923...) baixo o pretexto de que non facilitaba coa debida celeridade as listaxes de hóspedes do seu negocio á Inspección de Policía... Por iso non admira que no momento en que Primo de Rivera deu o seu golpe de estado en setembro de 1923, moitos demócratas como Briones Rey e Elpidio Villaverde, ilusamente claro está, corresen a poñerse á súa disposición en tanto directivos da Cámara de Comercio de Vilagarcía para a tarefa de limpeza e rexeneración das institucións que cumpría facer.

 
 
Pouco é o que sabemos da actividade cívica concreta de Valentín durante os anos da ditadura primorriverista (1923-1930), mais non é difícil deducir que debeu de ser significativa en sentido pro-democrático, pois non foi por acaso que ocupase en xuño de 1931, xa proclamada a 2ª República, a segunda tenza de alcaldía da corporación vilagarciá, presidida por Elpidio Villaverde. Canda el figuraron, entre outros, Amadeo Brumbeck, José Moreira Casal, Luís Bouza Trillo, Manuel Oubiña López e Segundo Abalo. No reparto funcional dentro da Corporación correspondeulle facer parte da Comisión de Abastos e mais da de Goberno Interior, así como encargado da inspección da Banda de Música. No desempeño desta última función, precisamente, xurdiralle un incidente que acabou sendo solventado nos tribunais de xustiza. A crónica de xulgados do xornal pontevedrés El Progreso(29.3.1932, p. 2) é ben elocuente sobre o particular:

Del de Cambados, contra Andrés Fiuza Iglesias. Según relato del Ministerio Fiscal, en la noche del 30 de septiembre de 1931, se les hizo saber en el ayuntamiento de Villagarcía, por el teniente alcalde D. Valentín Briones, que le había retirado la gratificación mensual que como archivero de la banda municipal disfrutaba el Fiuza; y a consecuencia de esto empezó a insultar al Sr. Briones, y como hubiese acudido el alcalde Sr. Villaverde, también fué insultado y amenazado con una navaja. En las conclusiones provisionales se le pedía la pena de 1 año, 8 meses y 21 días de prisión y multa de 150 pesetas pero en el acto del juicio se tuvo en cuenta la atenuante séptima del artículo 9 del Código, y en su consecuencia se le pidió la pena de 4 meses y 1 día de arresto y multa da 125 pesetas. Defendieron los Sres. Landín y Gestal.

Que o talante de Valentín era conciliador próbao o feito de que se prestase a presidir en 1931, en nome da Corporación Municipal, o desfile relixioso con motivo da festividade de San Roque. Como nese mesmo verán se tiña desatado unha onda de anticlericalismo moi forte que desembocara nalgunhas localidades en vandálicas queimas de templos, non admira que o periódico católico coruñés El Ideal Gallego(18.8.1931, p. 5) sinalase que esa comedida actitude de Briones “le valió unánimes elogios de todo el pueblo villagarciano”. Do mesmo xeito, en febreiro de 1936, cando a multitude se agolpou diante do edificio do Concello vilagarcián para celebrar a vitoria da Frente Popular, o alcalde Briones dirixiuse brevemente a ela para lle prometer “que recogía el saludo y que lo transmitiría al Gobierno, cual era deseo unánime de los manifestantes, rogándoles al final se disolvieran pacíficamente para dar ejemplo de máxima sensatez y cordura que distinguen al pueblo soberano” (El Pueblo Gallego, 21.2.1936, p. 13).

Xa en pleno “Bienio negro”, foron continuas as campañas de descrédito que se argallaron desde o goberno civil, en mans dos lerrouxistas, e desde os sectores dereitistas da propia sociedade vilagarciá, contra os concelleiros da esquerda republicana, buscando a súa deslexitimación. En agosto de 1934, ata catorce deles son acusados dun presunto delito de falsidade en documento público a propósito do alugueiro da escola de Bamio, sendo defendidos polo avogado galeguista Valentín Paz-Andrade (El Pueblo Gallego, 30.8.1934, p. 2). O propio Briones ten que se facer cargo interinamente da alcaldía, forzado polas circunstancias. En setembro, Briones Rey perde a condición de concelleiro no medio dunha profunda “purga” da Corporación, auspiciada manu militari desde o Goberno Civil, en mans dos lerrouxistas, e que desembocou no acceso á presidencia da Comisión Xestora por parte de Carlos Francisco Poyán González.

A finais de maio de 1935, Valentín Briones é un dos varios asinantes dunha denuncia pública ben significativa, da que se fixo eco El Pueblo Gallego(23.5.1935, p. 11):

[...] es público y notorio en Villagarcía que en la casa de la que es propietario y habitante D. José Barreiro Meiro, notario público, que tiene por frente o fachada la que da a la plaza de Martín Gómez Abal, y por fondo un salido o patio cerrado con muro y con una puerta, se están realizando determinadas obras de apertura de huecos convirtiendo dicho muro en fachada y modificando el interior de la finca, todo ello sin el obligado permiso de esa corporación, que aun caso de existir sería contrario a lo establecido en las Ordenanzas municipales, especialmente en su artículo 653. [...] los que suscriben, previo este recordatorio, a la corporación municipal suplican que [...] se ordene que por los agentes municipales sean suspendidas las obras que en dicha casa se verifican subrepticiamente, como asimismo se conmine a su propietario para que deje las cosas en el mismo estado en que se encontraban anteriormente, previniéndole que de no hacerlo, se mandarán ejecutar a su costa, con los perjuicios a que pueda haber lugar.

En xaneiro de 1936 ten lugar a reposición da Corporación municipal vilagarciá saída das urnas en 1931. Como o reposto alcalde Elpidio Villaverde desexou ficar só na condición de concelleiro, procedeuse a elixir novo mandatario: Valentín Briones obtivo 18 votos a favor e 2 en branco. No breve discurso que pronuncia a seguir “da las gracias por el nombramiento de que se le hace objeto y la confianza que en él se deposita, y dice sabrá corresponder a todo, haciendo una labor de austera administración y de defensa de los intereses del pueblo, a la vez que de engrandecimiento y prosperidad del mismo” (El Pueblo Gallego, 21.1.1936, p. 13).

Desde a súa responsabilidade, Briones obtivo do entón Subsecretario do Ministerio de Traballo, o pontevedrés Fernández Osorio Tafall, axudas por valor de 3.000 pesetas para os damnificados polo desbordamento do río do Con e de 20.000 pesetas para obras de encauzamento. Tamén se debe a el a adquisición dos terreos da Lomba para campo de fútbol municipal e a elaboración dunhas bases para a adxudicación por concurso dos servizos da praia e do parque na praia Compostela. Grazas ás xestións do deputado Elpidio Villaverde tamén conseguiu unha subvención estatal de 45.000 pesetas para adoquinado da zona anexa á Praza de Abastos. En contraste, continuaron os seus conflitos cunha parte dos integrantes da banda de música municipal, por asuntos salariais.

En xaneiro de 1936 o alcalde Briones expresou as condolencias do Concello ao almirante da escuadra inglesa fondeada na ría, sir Roger R. C. Backhouse, polo falecemento do monarca Xorxe V e días despois fixo de anfitrión dos oficiais dunha flotilla de submarinos franceses.

Nas vésperas do plebiscito do estatuto de autonomía para Galiza, promulgou como alcalde vilagarcián o seguinte bando, que citamos por El Pueblo Gallego (21.6.1936, p. 16):

Don Valentín Briones Rey, alcalde constitucional de Vilagarcia.- Fago saber: Que o día 28 do presente mes é o sinalado pra plebiscitar o dereito que ten Galiza a labourar por sí mesma as leises en que se ha de artellar a sua vida autonómica. 

Ao cabo de moito tempo deuse conta o pobo da anormalidade que para a nosa Terra siñificaba o feito de que os problemas de caraite xenuinamente galegos estiveran rexidos por leises que non lle eran propias; comprendeu ao fin, todo o que había de aldraxante neste vivir de prestado, nesta cotián disparidade entre as necesidades populares e as solucións na lex.

Conscentes de unha vida propia, recolleron os partidos políticos os anceios do pobo galego, e non quixeron sacrifícalo aínda mais nas aras de un uniformismo estéril que o escraviza, que o mingoa i-emprobece. E nun xuntoiro de todal-as aspiracións galegas resumiron nun Estatuto amprísimo os anceios de toda a Rexión dende os mais lonxanos lugares da montana ata a beiramar.

O día 28, pois, será a data máis groriosa que terán na sua historia todol-os galegos; na que dempois de moitas centurias, veráse erguer un pobo con ansias de vida e liberdade, cara a cara aos seus propiops destiños. 

Ningún outro acto pode diñificar tanto a Galiza, como o de pedir a sua liberdade, a sua autonomía; con prena concencia da sua vida económica, cultural, política, que quere rescatar de unha vergoñenta hipoteca.

Votar pois o Estatuto de Galiza, é un acto de diñidade de todo galego e o omitilo é unha traición que se lle fai a Terra.

Vilagarciáns, Galiza pídevos a vosa opinión e o voso voto pra rexer os seus propios destiños.

Así como non ademetides tutelas no orde privado, no nas ademitades no orde civil.

Vilagarciáns, quen non preste ouvidos ao chamar da Terra, non merez ser chamado seu fillo. 

Votade o domingo, día 28 o Estatuto galego! 

Nos días confusos que rodearon o 18 xullo de 1936, Briones intentou garantir sen éxito a lealdade do xefe do cuartel da Garda Civil, teniente Velay. Días despois, en agosto, foi preso, xulgado (é un dicir) en Pontevedra en novembro, condenado finalmente a cadea perpetua e enviado logo ao penal de San Simón. Alí realizou labores administrativos, censando a poboación reclusa, anotando traslados, etc. Mais en vez de limitarse a cumprir o ordenado polos seus carcereiros, levou en paralelo un censo “oficioso” en que anotaba os compañeiros de infortunio que acababan sendo “paseados”. Entre eles outro alcalde (o de Bueu) tamén escritor, Xosé Gómez de la Cueva, Johán Carballeira.

Despois de ser provisoriamente trasladado ao penal de San Cristovo, en Iruña-Pamplona, Briones Rey daría novamente cos seus osos na illa de San Simón, a mediados de 1938. Sobrepóndose ao drama diario e tirando do sentido do humor nun contexto en que semellaría que só prantos poderían xurdir da súa voz, escribiría un curioso poema, de ton moi quevedesco, intitulado “Autofigura”. Con ese poema, que adopta a forma dun soneto de rimas abrazadas e con estrambote, poñemos fin a estas liñas de recoñecemento e homenaxe:

El pelo todo blanco y rasurado

Ojos hundidos, pómulos salientes;

La armadura de arriba sin tres dientes

Y el mentón muy agudo y pronunciado.

La cara un higo seco y arrugado;

El cuello con las cuerdas muy tirantes;

Una gran nuez, que no tenía antes

Y la nariz, ya larga, se ha afilado.

La estatura parece se ha achicado,

Porque las piernas se me han encogido

Y la espalda y el pecho se han curvado.

No queda, pues, del mozo tan plantado

Y que tú conociste tan fornido,

Más que un viejo carrán y derrengado.

He aquí mi retrato

que además de bien hecho

es muy barato.



[PUBLICADO ORIXINARIAMENTE NA REVISTA AUNIOS, nº 26, 2021]

Presentación dunha monografía sobre o poeta viveirense decimonónico Luís Sipos Magniac

$
0
0

 


O vindeiro sábado 19 de marzo, a partir das 20 horas, terá lugar na libraría “Nobel” de Viveiro (antiga “Porta da Vila”) o acto de presentación do libro Del pobre cantor oscuro. O poeta viveirense Luís Sipos Magniac (1845-1879), do que é autor o catedrático de ensino medio, escritor e ensaísta Emilio Xosé Ínsua.

Nese acto intervirán, ademais do propio autor da obra, o fotógrafo, mestre xubilado e poeta Jaime Oroza, autor de libros como Dende mañá (2013) e Soños como xógaras (2017), e o impresor Juan Carlos Neira.

Trátase do segundo volume da “Biblioteca Emilio Antonio Ínsua García de Estudos Viveirenses”, unha iniciativa posta en marcha no pasado 2018 cunha obra sobre o tamén poeta local Xoán Pla Zubiri.

Nesta ocasión o traballo ocúpase da traxectoria dun poeta que practicamente só tiña asomado con anterioridade ás páxinas de historia literaria pola polémica que suscitou no seu día a cuestión da súa verdadeira orixe, ferrolá para uns, viveirense para os que, finalmente, demostraron ter a razón do seu lado.

A monografía reconstrúe con detalle, ata onde foi posible, a breve biografía do poeta Luís Sipos, estudante nas Escolas de Comercio de A Coruña e Madrid, celador-escribán no porto de Viveiro e funcionario do Ministerio de Facenda na capital hispana. Antes de morrer na flor da vida, cando aínda non cumprira os 35 anos, logrou non obstante despuntar co seu talento nos círculos literarios da citada capital, cun tipo de poesía no que resultan palpables os influxos do alemán Heine, do asturiano Campoamor e, sobre todo, do sevillano Gustavo Adolfo Bécquer.

Para facer máis intelixible ese devir biográfico do poeta, a monografía achega abundante información sobre o contexto histórico, económico e cultural do Viveiro en que naceu e no que transcorreu a súa primeira mocidade.

Tamén se deita atención na obra ao contexto literario galego e hispano da época, para encadrar o poeta Sipos na corrente das letras hispanas habitualmente denominada Post-Romantismo e remarcar a súa total ausencia dos círculos e xornais afectos ao Rexurdimento.

A monografía escrita por Ínsua ofrece, por último, un total de corenta das súas composicións, todas elas en castelán e publicadas no seu momento en revistas como o Almanaque de Soto Freire, La Ilustración Española y Americana, La Moda Elegante, El Bazare El Telégrama, e xa postumamente, na primeira época do semanario Heraldo de Vivero.

Dado que a edición do volume ten carácter non venal, o público asistente á presentación será agasallado cun exemplar da obra. Con posterioridade tamén se poderán retirar na propia Libraría Nobel e mais en Gráficas Neira Brochs.


Intervención na homenaxe a Luís Rei organizada polo BNG de Ogrove o sábado 6 de agosto de 2022.

$
0
0

 

Acto de Homenaxe a Luís Rei.
Fotografía de Paco de Xenxa

Obriga elemental de quen intervén nun acto público coma este é comezar por agradecer aos seus organizadores o convite a facelo, máxime se, como é o caso, non existe na actualidade vínculo organizativo ningún entre quen lles dirixe a palabra e as siglas promotoras desta, en todo caso, necesaria, oportuna e xustísima homenaxe a Luís. Graciñas, pois, xentes do BNG de Ogrove, por me permitirdes ocupar hoxe esta tribuna.

Hai algúns meses, presentando na Sala das Cunchas do Concello de Ogrove o décimo terceiro número da revista galega de cultura marítima Nova Ardentía, co benquerido Moncho Meis aínda entre o público e falando a propósito do importantísimo papel que Luís xogou no movemento pola cultura marítima e fluvial e mesmo noutras facetas da vida pública galega e local, dixen con toda a humildade de que fun capaz mais tamén en voz ben alta que me parecía que a vila de Ogrove, e nomeadamente as súas institucións representativas, tiñan aínda unha débeda pendente de memoria, recoñecemento e homenaxe cara ao seu veciño Luís, falecido en agosto de 2015.

As comparacións, din, son odiosas, pero ás veces poden ser oportunas e reveladoras, sobre todo se serven de acicate para corrixir canto antes erros involuntarios e esquecementos inconscientes.

Cambados, a vila en que Luís desempeñou durante moitos anos o seu labor profesional como técnico de cultura, con maiorías absolutas da dereita política, rendeulle dúas homenaxes en vida, en 2010 e 2015, respectivamente, e, unha vez morto Luís en agosto dese mesmo último ano citado, non tardou nin semanas en adoptar por iniciativa do daquela concelleiro de cultura Vítor Caamaño (que me precedeu hoxe aquí no uso da palabra) e da entón alcaldesa socialista Fátima Abal, por unanimidade de todos os grupos da Corporación (sublíñoo, todos os grupos, incluído o popularliderado polo ex alcalde Luís Aragunde), o acordo de bautizar a biblioteca municipal co nome do noso querido amigo.

Do mesmo xeito, no Museo Cabanillas, no Paseo da Calzada da vila do Albariño, inaugurado hai agora pouco máis dun ano (o 3 de xuño de 2021), a figura e o nome de Luís ocupan, como non podía ser doutra maneira, un lugar moi preferente, pois non en balde é autor da máis brillante e completa biografía do “poeta da Raza”, publicada en 2009 pola editorial Galaxia co título de Crónica de desterros e saudades e referencia obrigada desde entón de calquera traballo, estudo, artigo que sobre Cabanillas e sobre a cultura galega do seu tempo queira escribirse.

E non só é Luís, grazas a ese libro citado, á edición facsímile que fixo con Xabier Camba dos xornais cambadeses El Umia e El Cometa (2001), á súa peza teatral Camiño longo (2004) representada pola compañía Teatro do Aquí que fundara Roberto Vidal Bolaño, a varios traballos seus publicados en prestixiosas revistas como Cuadrante, Casa da Gramática, Grialou A Trabe de Ouro, “máxima autoridade” no coñecemento da vida e da obra do autor de No desterro, Vento mareiro e Da terra asoballada. Non, aínda hai máis.

No inverno de 2021, confabulado quen vos fala con outro grande amigo e camarada de Luís, Antón Mascato e coa súa produtora/selo editorial Lobisome, contando co xeneroso epílogo de Fernández Rei e coa axuda, de novo, do Concello cambadés mercé ao seu concelleiro Tino Cordal, tiramos do prelo unha edición da biografía do líder agrarista Basilio Álvarez que Luís estaba a elaborar cando veu a morte arrebatárnolo. Unha biografía que, incompleta e todo, agora editada co título de Basiliana, coloca novamente o nome de Luís entre as referencias bibliográficas fundamentais para toda persoa interesada en coñecer con rigor a situación económica, social, política, literaria e cultural da Galiza das primeiras décadas do século XX.

Ocórreseme pensar no significativo que resulta para coñecer a ética rexa (alguén dixo “rabuda”, e non lle faltaba algunha razón) coa que Luís se desenvolveu durante toda a súa vida, o feito de que un dos anacos discursivos do abade de Beiro que máis admiraba, ata o punto de sabelo de memoria e recitalo cando a ocasión era propicia, diga literalmente, no castelán orixinario: “El día que me veáis claudicar, fusiladme por la espalda. ¡Viva Galicia redimida!”. Valería como lema da vida do propio Luís, abofé.

Sabela Rei intervindo na homenaxe
a seu pai. Fotografía de Paco de Xenxa

Outra entidade, Culturmar, a Federación Galega pola cultura Marítima e Fluvial, rendeu tamén homenaxe a Luís editando en 2020, en plena pandemia da COVID, un volume co título de Farol perpetuo na néboa. Luís Rei e a cultura marítima, en edición preparada polo académico da Galega Francisco Fernández Rei e por quen agora vos está a falar.

Nese volume aparecen reunidos multitude de artigos, ensaios, propostas de traballo, proxectos expositivos, entrevistas, fotografías e moitos outros materiais de diverso xorne que deixan patente, para quen queira velo, que Luís é un dos nomes máis relevantes, por non dicir imprescindíbeis, á hora de entender como Galiza é desde o ano de 1993 en que botou a andar a amentada Federación un dos lugares de Europa onde o movemento pola recuperación, estudo e divulgación da cultura marítima, cos seus barcos e aparellos tradicionais, coa memoria das súas xentes e traballos, coa catalogación do seu patrimonio material e inmaterial, etc. está máis e vivo e ten máis forza que en ningures.

Efectivamente, se nas rías galegas de hoxe en día vemos acotío a fasquía viva e navegante de ghamelas, chalanas, botes, bucetas, dornas, dornas-mecas, lanchas xeiteiras, racús, ghaleóns, traiñeiras ou balandros e se en moitos dos portos do país atopamos entidades e colectivos que traballan diariamente no mantemento, estudo, exaltación e divulgación desa cultura mariñeira tan de noso, chámense Amigos da Dorna Meca en Ogrove, Piueiro na Guarda, Os Galos en Bueu, Dorna na Illa de Arousa, A Reiboa en Poio, Mar de Muros, Patexeiros  en Oleiros e un longo etcétera, en parte, en boa parte, débese sen lugar a dúbidas ao traballo organizativo e ao esforzo divulgativo e reivindicativo ben orientado que realizou Luís, canda outras moitas persoas xaora, ao longo de varios lustros.

Unhas veces como membro do Colectivo Etnográfico Mascato (canda Lino Lema, Lola Varela, Dionísio Pereira e o debuxante Pepe Gondar, entre outros), outras veces como director da revista Ardentía e colaborador do boletín O Apupoe outras aínda como directivo da propia Culturmar, o Luís non parou de argallar actividades que redundasen na posta en valor dun patrimonio material e inmaterial, “de vento e de sal”, que está na raíz máis xenuína do pobo que somos.

Deseñou paneis e dípticos divulgativos. Ideou e foi comisario de exposicións e pavillóns para que a presenza dos barcos da Galiza tivese verdadeiro impacto en citas internacionais como as que se celebraron nos portos bretóns de Douarnenez (2004) e Brest (2008). Levou o peso da organización do Encontro de Embarcacións Tradicionais en Cambados en 2005 e puxo o seu experto quiñón en moitos outros Encontros. Escribiu numerosos artigos (ben lembraredes os que deitaba con grandes doses de humor e sabedoría popular local na revista Sustansia ou os que publicaba nos suplementos comarcais arousáns do diario Faro de Vigo, por citar algúns exemplos). Colaborou no volume Tendendo cabos (2007), editado polo Museo do Mar de Vigo. Deu conferencias en incontábeis localidades e para entidades de toda índole sobre historia mariñeira, tipos de embarcacións, patrimonio ribeirán construído, actividades marisqueiras, industria conserveira, o mar como espazo para o lecer.... Coordinou os traballos para a realización polo Etnográfico Mascato desa pequena enciclopedia do mar galego que foi a Axenda do Mar 2008. E un longo etcétera

Visionade, se tedes ocasión, o documental Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna, de Vítor Gallego e Bruno Ordóñez, e veredes nel a Luís, nas instalacións museísticas de Punta Moreiras, non por casualidade, despregando todo o seu saber, todo o seu entusiasmo e todo o seu lexítimo orgullo de estirpe familiar á hora de falar da dorna-meca, a embarcación emblemática deste mar que nos anaina co seu abalo, nos alimenta co seu peixe e nos namora co seu azul.

E, se non se toma como fachenda pola parte que nos toca no asunto, aínda deberíamos mencionar hoxe aquí que o Consello da Cultura Galega, unha das máis altas institucións culturais do país, fíxonos en datas recentes a encarga de elaborar a entrada sobre Luís para o chamado “Álbum de Galicia”, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos e que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. Tal encarga é unha mostra máis, por se fixese falta, da relevancia e da repercusión prestixiosa acadada polo traballo de Luís e cando esa entrada no “Álbum” se publique, a vila de Ogrove terá outro motivo máis para presumir.

Non pode admirar, xa que logo, que veñamos render homenaxe hoxe aquí ao fillo de Ricardo Rey Naveiro (mariñeiro nos xélidos caladoiros de Terranova e Groenlandia, mariño logo na mercante holandesa e alemá e mariñeiro finalmente da frota de baixura meca) e mais da señora Esther Núñez Barral (traballadora da conserva primeiro en Rons e logo na de Escuredo en Meloxo, tendeira-taberneira en Terra de Porto). Ao sobriño da admirada Tía Pastora e ao irmán do entrañábel e sempre inquedo e ocorrente Javier. Ao pai das queridísimas Sabela e Sara, dúas papoulas sempre florecentes no seu corazón vivo. Ao marido sucesivo de Loli e de Rosa Reboredo, que compartiron con el na travesía da vida as xornadas co vento de popa e os días de temporal. Ao avó de Daniel, ese meniño galaico-britano de rasa que sabe desde o minuto cero do seu existir que persoa fóra do común foi o seu devanceiro...

Evocamos, louvamos e queremos con orgullo indestrutíbel ese Luís meniño admirador do forzudo Taurus dos cómics de El Jabato. O Luís que comeu un mundo de bocadillos de pataghillón e gharreou todo o que lle deixaron co señoritismo cambadés cando estudante do seu instituto. Ese Luís que nunca caeu enfermo do “mal de Holanda” e que odiou con toda a forza da súa adolescencia os xeitos dunha ditadura que se resistía a morrer matando, torturando, reprimindo e batendo. O Luís mociño, O Trosko de chata, que quixo facer a “revolusión permanente” para varrer a roña de tantas inxustizas que había e hai no mundo que non se curan con resignación nin pasividade. O Luís concelleiro da oposición, que, axudado por Manolo Mascato, por Xesús Mª, por Xosé Manuel, por Lina, por Carlos, por Anselmo e por tantos outros e outras que me desculparán que non cite, confrontou con humor e dureza dialéctica a partes iguais durante varias lexislaturas os proxectos e as medidas que se poñían enriba da mesa para facer, en derradeira instancia, como moi ben dixo hai un anaco o propio Anselmo falando do sentido da política, un Ogrove mellor, unha Galiza mellor, un Mundo mellor.

Ese Luís, e tantos outros Luís que moitos dos aquí presentes coñecestes e levades no corazón e na memoria para sempre, merece sen lugar a dúbidas e sen máis demora das xentes todas de Ogrove e, sobre todo, das institucións que as representan un recoñecemento que estea á altura do valor do seu traballo, da transcendencia das súas realizacións e da xenerosidade ilimitada da súa entrega.

Mais o certo é que, a día de hoxe, ningún edificio, ningunha xornada ou congreso, ningunha rúa, ningunha placa, ningún evento, ningún certame de investigación, ningún elemento artístico no espazo público, ningún recinto museístico ou cultural, nada, nada, nada, como non sexa o seu recordo perenne nos corazóns de moitísimos mecos e mecas, lembra a quen viñer ata esta península marabillosa que aquí naceu, medrou, amou, viviu, traballou, militou e escribiu Luís Rei. Semellante circunstancia non debe prorrogarse máis, a risco de que caia sobre a vila que el tanto amou e pola que tanto traballou o terríbel ditado de ingrata e sobre as institucións que a representan o dicterio de inxustas e arbitrarias.

Inxustase arbitrarias, dixen ben, pois, mentres boto en falta o nome de Luís Rei por algures, vexo merecidamente recollidos no rueiro grovense ou denominando algúns dos seus edificios e espazos emblemáticos os nomes de figuras da cultura e da historia nosa como Castelao, Bóveda, Pablo Iglesias e Luís Seoane, ou da intelectualidade grovense de diversas épocas, ideoloxías e perfís como Luís Antonio Mestre, Jaime Solá, o pintor Ernesto Goday, Manuel Lueiro Rey ou Xoaquín Álvarez Corbacho. Sinceramente, non vexo que méritos poden botarse en falta na persoa e na traxectoria de Luís Rei Núñez para non facerlle un sitio digno e acolledor a carón de tan importantes, ilustres e ben lembrados referentes locais.

Sabela e Sara Rei, dúas papoulas a florecer eternamente
no corazón de seu pai. Fotografía de Paco de Xenxa

Así pois, xa case no remate desta miña intervención, atrévome a formular desde a cordialidade e a sinceridade, sen interese oculto ningún, sen dobrez de ningunha caste unha petición, ou se o preferides, un rogo:

Dialogade, representantes do pobo de Ogrove, entidades cívicas, culturais e sociais, concelleiros e concelleiras de toda sigla, sobre o que e sobre e o comorender a Luís Rei a homenaxe que merece, como facelo da mellor, máis inclusiva e máis perdurábel das maneiras, e non caia por favor ninguén na tentación de usar e arrebolar o nome de Luís en van para debates e disputas nos que el xa non pode intervir e para contas que non lle corresponde a el saldar, desde o momento en que, ausente fisicamente de entre os vivos e fora da melée da inmediatez, fai parte xa por dereito propio e méritos máis que sobrados do patrimonio de todos os mecos e mecas e camiña na Historia nesa santa compaña laica e inmortal dos que viviron algún día para facer que Galiza como pobo e as raíces de salitre nas que asenta Ogrove non morran nunca.

Como escribiu Antón Mascato en decembro de 2020, na segunda edición dese libriño insubstituíbel titulado Luís Rei. Crónica de traballos e amizades, en palabras que fago totalmente miñas,

Queremos tanto a Luís, deixounos tal baleiro nas vidas compartidas, que non imos permitir que o que marchou co vento permaneza alonxado das memorias, alleo ás vontades, porque non estamos dispoñibles para que vire en baldío, ermo, o territorio de quen practicou coma ninguén o cooperativismo social e cultural, o traballo político comunitario, as amizades, a entrega xenerosa aos demais.

Remato xa.

Que de hoxe nun ano, poidamos volvernos a xuntar arredor da figura de Luís Rei coa certeza de que as institucións mecas, co respaldo cordial do seu pobo, souberon encontrar a fórmula máis acaída e con apoio unánime para que o nome do noso admirado amigo sexa un referente visíbel máis desta sociedade e para que o seu recordo brille na memoria colectiva con toda a forza da que é merecente quen se converteu nun imprescindíbel “farol perpetuo na néboa”.

Mentres ese día chega, unha aperta fraterna para todos os que vos sentides apelados e convocados coma min por este acto de homenaxe a Luís e para el, que andará a navegar imaxino, plácido e feliz, por algún remoto mar do alén, un rendido e eterno saúdo de amizade: Saúde e Terra sempre, camarada!






Na morte de Saleta Goy

$
0
0

 






Agora que es xa ausencia

-         porque a vida é tamén

chegares ao seu reverso -

dirémosche por sempre, Saleta,

como íntima homenaxe

á túa voz decote acolledora:

Galega imprescindíbel

do noso tempo.

Muller afouta.

Amor ao idioma.

Activa musa.

Os libros por bandeira.

Caricia na paisaxe.

O mellor verso do Manuel.

E choraremos a túa marcha

agradecendo a túa vida,

abenzoando o teu exemplo.

 

 

Vilagarcía de Arousa,

11 de setembro de 2022

Dez poemas a Mondariz do escritor cordobés Antonio Fernández Grilo (1845-1906)

$
0
0

 




Para Pilar Avión Carrera e Emilio González Vázquez,

meus benqueridos sogros, in memoriam

 

1.      Introdución

Na súa monografía El poeta y el burgués (Universidade de Sevilla, 1990: 42), a investigadora Marta Palenque indica que o nome de Antonio Fernández Grilo (Córdoba, 1845- Madrid, 1906) ocupou un lugar moi privilexiado na chamada “poesía de salón” que triunfou na literatura española durante o derradeiro terzo do século XIX, na medida en que, “traído y llevado por reyes y nobles, se convirtió en un poeta ‘imprescindible’ en los salones de mayor importancia y alcurnia”.

Indica a mesma autora tamén (1990: 169) que o escritor cordobés, alén de ter excelentes calidades como recitador e improvisador que facían da súa presenza un auténtico atractivo en veladas e festas aristocráticas, atendía “a cualquier suceso en el seno de la buena sociedad para cantarlo en sus versos”, de maneira que “sus poemas circunstanciales y de salón” acababan enchendo as principais revistas literarias e ilustradas editadas nese período. Tratábase, por regra xeral, de “versos dedicados, celebrando tal boda o tal nacimiento, llorando la muerte de un hijo o una madre, loando la belleza de una dama, acompañando un regalo…”.

Nesa descrición ofrecida por Palenque cómpre engadir aínda o conxunto de dez poemas que Fernández Grilo escribiu durante as súas varias estadías no Balneario de Mondariz, oito deles publicados no Almanaque para 1894 da revista madrileña La Ilustración Española y Americana, outro manuscrito no Álbum de Honor do mesmo cara ao ano 1896 e outro máis aínda recollido nun Álbum-Guía. Las Aguas de Mondariz de 1899. Son eses dez poemas os que hoxe temos o pracer de contextualizar, rescatar e compartir con todas as lectoras de Mondaricus.


2.      Un poeta de sona mimado pola aristocracia


Comecemos por dar breve noticia da traxectoria deste autor, hoxe caído no case total esquecemento, mais que gozou en vida dunha sona sen apenas parangón con ningún outro escritor finisecular, talvez coas únicas excepcións de Zorrilla e Campoamor.


Antonio Fernández Grilo comezou a despuntar literariamente na súa Córdoba natal ao gañar en 1862, con tan só dezasete anos feitos, os Xogos Florais convocados pola sociedade cultural e recreativa “Círculo de la Amistad”. Colocado desde entón baixo a protección de varios mecenas aristocráticos locais, como Ricardo Martel (Conde de Torres-Cabrera) e Julio Valdelomar Fábregues (Barón de Fuente de Quinto), publicaría o seu primeiro libro en 1869, co título de Poesías.


A segunda edición do mesmo, en 1879, xa en Madrid e con prólogo de José Selgas, supuxo a súa consagración definitiva nos círculos literarios da capital e, de feito, algúns dos seus poemas mesmo chegarían a ter a partir de entón intensa difusión en cartillas e enciclopedias de uso escolar: “Las ermitas de Córdoba”, “La Virgen de la Fuensanta”, “La Noche Buena”, “El invierno”...

Ademais de colaborar sucesivamente na redacción de xornais como El Contemporáneo (1860-1865, do que foi tamén redactor Gustavo Adolfo Bécquer), El Debate (dirixido por Benito Pérez Galdós entre 1871-1873), La Libertad e El Tiempo (órganos estes dous últimos da facción do Partido Conservador liderada por Silvela), Grilo axiña encontrou eco nos ambientes máis aristocráticos, refinados e elitistas da sociedade madrileña e, de feito, gozou da confianza persoal da raíña Isabel II e do seu fillo, o futuro Alfonso XII, a quen dedicou en 1870 o opúsculo Oda al príncipe Don Alfonso y a las damas españolas e de quen recibiu, en contrapartida, a concesión dunha paga vitalicia e mais da Gran Cruz da Orde Civil. Disque a propia Reina Castiza foi quen financiou en 1891 a edición en París pola casa Sánchez & Cía. do seu segundo libro, titulado Ideales (Poesías escojidas).

Da súa ideoloxía conservadora, ademais de monárquica, dan boa mostra algúns poemas como “El adiós al convento” (crítico coas medidas secularizadoras levadas a cabo polo progresismo español durante o Sexenio democrático), “Elegía a la memoria del Excmo. Sr. Conde de San Luís” (en que enxalza a figura dese político marcadamente reaccionario) e “El dos de Mayo” (onde plasma un patriotismo de corte militarista que, articulado xa desde comezos do século XIX, terá moito e tráxico predicamento con posterioridade).

Aínda que en 1906 resultou elixido membro da Real Academia Española para ocupar a cadeira C, Fernández Grilo non chegou a ingresar na Corporación, pois semanas despois dese nomeamento padeceu un accidente doméstico con serios danos nun brazo que terminarían causándolle a morte.

Xa postumamente, a colección “Los Poetas” (núm. 26, 1929), que se editaba en Madrid, ofrecería con prólogo asinado por Alberto de Segovia unha antoloxía baixo o título de Sus mejores versos, mais críticos posteriores como José Mª de Cossío descualificarían o conxunto da súa produción poética, cualificándoa por exemplo no ensaio Cincuenta años de poesía española (1960) de “palabrera, rutinaria y superficial”.

 3.      Un poema manuscrito e outro editado nun Álbum-Guía do Balneario en 1899

Un poema en honra a Grilo composto polo escritor Neira Cancela e publicado en La Ilustración Española y Americana(22 de agosto de 1885, p. 110) permítenos datar a que probabelmente fose unha das primeiras viaxes do escritor cordobés a terras galegas, acompañado da súa filla Magdalena. Aínda que inicialmente o seu destino vacacional era a comarca de Ferrol, onde permaneceu ata mediados do mes de setembro, se cadra foi xa esa tamén a primeira vez que puido achegarse ata as marxes do Tea para coñecer o enclave termal de Mondariz.

Confirmación hemerográfica de visitas súas ao núcleo mondarizano encontrámolas, en todo caso, no xornal católico herculino Diario de Galicia de 29 de xullo de 1894, que o cita “entre lo más granado de la concurrencia doliente” ao balneario, e tamén de 9 de xullo de 1896, que anuncia expresamente: “Ha llegado á Mondariz el eminente poeta don Antonio Fernández Grilo”.

O negocio iniciado en 1873 polos irmáns Gumersindo Ramón e Enrique Peinador Vela (Casa de Baños-Fonda de Peinador, no seu enunciado primixenio) coñecía nese preciso instante unha dinámica de intensa expansión empresarial, converténdose en referencia para o lecer de moitos elementos da aristocracia e da plutocracia da época, tanto española como portuguesa e aínda doutras latitudes.

En reforzo desa imaxe de Mondariz como destino turístico chic, eficaz centro termal curativo, relevante punto de encontro social e remanso natural paradisíaco, ademais de contratar os servizos do prestixioso médico Isidro Pondal Abente e de concorrer con mostras de auga embotellada a diversos Certames e Exposicións Internacionais (Barcelona, Bruxelas, París...), os irmáns Peinador convidaron a pasar estadías no seu Balneario, non sabemos se de xeito totalmente gratuíto ou mediante descontos ad hoc, a determinadas figuras relevantes das artes, das letras e das ciencias daquela época, tentando unha especie de “transferencia mutua de prestixio” da que todos saían beneficiados.

Unha desas figuras foi, evidentemente, a do poeta cordobés Antonio Fernández Grilo, que se sumou así a unha listaxe ben ilustre na que cabe salientar, cinxíndonos aos lustros finais do XIX, personalidades literarias como Gaspar Núñez de Arce, José Echegaray, Carlos Arniches, Gonzalo Cantó, Vital Aza, Luís Taboada ou Emilia Pardo Bazán, entre outras moitas.

Os resultados desa estratexia publicitaria e prestixiante da “Compostela del enfermo” (como lle chamou o tribuno republicano Emilio Castelar a Mondariz) foron notorios e o estabelecemento dos Peinador non deixaría de dar pasos adiante no seu progreso: en 1886 inauguraría o seu Álbum de Honor, destinado a recoller autógrafos dos visitantes máis ilustres; en 1887 faríanse os primeiros estudos para a construción do tranvía Vigo-Mondariz, que non obstante tardaría aínda lustros en poder inaugurar o seu primeiro tramo, Vigo-O Porriño (1920); aparecería tamén por entón a revista La Temporada, cuxos exemplares máis antigos conservados remontan non obstante a 1888; e, así mesmo, en 1893 poríase a primeira pedra do edificio do Gran Hotel, obra do arquitecto Xenaro de la Fuente, que se inauguraría finalmente no ano do “Desastre” colonial (1898). Outro importantísimo avanzo na relevancia do Balneario nos compases finais do século foi a obtención en decembro de 1888 do título de “proveedor de la Real Casa” e do permiso para empregar en facturas e etiquetas o debuxo das Armas Reais. Se cadra puideron ter algo que ver nesa obtención as eventuais xestións realizadas en tal sentido polo poeta Antonio Fernández Grilo, moi estreitamente vinculado, como xa explicamos, ao clan borbónico que ocupaba entón o trono hispano.

O relevante é, en todo caso, que por este tempo, coidamos que en 1896, o poeta Grilo estampou no Álbum de Honra do Balneario de Mondariz, manuscrita, unha supitánea composición titulada “A Enrique Peinador”, que está recollida de xeito facsimilar no Libro de Ouro do Balneario de Mondariz editado pola Deputación pontevedresa en 1999 e que di así:

 

A ENRIQUE PEINADOR

 

Fuente benéfica y pura,

Manantial de Mondariz,

Yo no sé qué hay en tus aguas

De sagrado para mí!

Reinaban nuestras dos madres

En el corazón feliz

Y Fuensanta y Avelina

Marcaban el porvenir!!

Fuensanta ya está enterrada;

Tu hogar está un su zenit;

Ella y tu madre defienden

El manantial desde allí!!

Cada gota es una lágrima

De la anciana que al morir

No midió toda la suerte

Que Dios te concede al fin!

La salud está en tu casa;

No hay enfermo que al salir

No rece a la Providencia

Por tus hijos... y por tí!!!

Outra composición de Grilo tamén dedicada ao Balneario de Mondariz foi escrita en 1898, co gallo da inauguración do edificio do Gran Hotel. Ese poema fixo parte dun dos Álbum-Guía editados nos anos finais do século XIX, concretamente no de 1899, dirixido por Alfredo Vicenti e impreso na casa tipográfica Sucesores de Rivadeneyra, de Madrid e foi reproducido anos despois na propia revista La Temporada de Mondariz (Ano XXXV, nº 2, 17 de xuño de 1923, p. 6) baixo o rótulo “De nuestro archivo literario”. Di así:

 

ANTE EL NUEVO EDIFICIO DE MONDARIZ 


Con tu cúpula soberbia

Y con tu torre gallarda,

Del trabajo y de la industria

Todas las grandezas cantas.

Sobre los hoteles viejos,

Sobre las antiguas casas,

Serenamente desplegas

Tu majestad de monarca.

Una fuente humilde y sola,

Unas milagrosas aguas,

Dieron el sér á tus ricas

Viviendas hospitalarias;

Y de tu incansable dueño

La fe, el genio y la constancia,

Lo que ayer fué despoblado,

Trueca en mansión soberana.

El sol besando tus bóvedas

Cuando asoma en la montaña,

En rayos de tornasoles

Se deshace en tus ventanas;

Y cuando la noche tiende

Sus túnicas enlutadas,

La luz eléctrica finge

Al sol que vuelve la espalda.

Cuántos vendrán á buscarte

Del dolor con la nostalgia,

Logrando bajo tus techos

El sueño que no lograban!

¡Cuántos sentirán consuelos

En las tristezas del alma,

Con sólo ver el paisaje

Que te sirve de guirnalda!

Pronto serás ante el mundo

De la salud el alcázar,

Como eres hoy el primero

De los hoteles de España.

4.      Oito poemas máis nunha revista luxosa e de grande difusión

Alén dos xa reproducidos, oito poemas máis a Mondariz de Antonio Fernández Grilo viran lume con anterioridade, como adiantamos, no Almanaque para 1894 da revista La Ilustración Española y Americana.

Esta nacera en Madrid o 25 de decembro de 1869 como continuadora de El Museo Universal, presentándose a si propia como “Periódico de ciencias, artes, literatura, industria y conocimientos útiles”. Editouna e dirixiuna o empresario gaditano Abelardo de Carlos y Almansa (1822-1884).

O xeneroso formato (41’5 x 29 cms.), o tipo de papel (couché), a disposición a tres columnas, o nutrido número de páxinas (16, cando o habitual era que os xornais non pasasen de 4 nin as revistas de 8), a abundancia de reclamos publicitarios e a inserción de excelentes gravados, entre outros elementos, fixeron dela unha revista preciosa e elegante, que só se vendía mediante subscrición (28 pesetas anuais en provincias e 25 en Madrid). O seu público lector habitual era, desde logo, un “obxectivo” perfecto para calquera estratexia de captación de novos clientes que quixese despregar unha empresa termal e turístico-vacacional como era a dos irmáns Peinador en Mondariz.

A revista medrou especialmente durante o período da Restauración grazas ao seu ton moderado, ao seu carácter ideoloxicamente conservador disfrazado de “apoliticismo” e a unha moi nutrida e variada nómina de colaboradores, tanto literarios como artísticos, que integraba por igual figuras xa consagradas (Campoamor, José Selgas, Manuel del Palacio, José Jackson, o propio Fernández Grilo...) e moitísimos aspirantes ao Parnaso naquel Madrid convertido por obra e graza do centralismo en destino imprescindíbel para calquera que quixese facer carreira na esfera pública.

Tamén contribuía para o seu éxito a variedade de contidos das súas moitas seccións: “Crónica general”, “Nuestros grabados”, “Actualidad”, “Por ambos mundos”, “Artículos científicos”, “Pasatiempos”, “Narraciones varias”, “Álbum Poético”... Só a partir da aparición das súas directas competidoras Blanco y Negro (1891), Nuevo Mundo (1894) e máis adiante Mundo gráfico (1911) e La Esfera (1914), a sorte da publicación que nos ocupa mudaría de signo, iniciando un proceso de paulatina decadencia que, así e todo, aínda lle permitiría resistir ata decembro de 1921.

A nómina de galegos colaboradores de La Ilustración Española y Americana non foi moi nutrida, mais tampouco resultou irrelevante: Celso García de la Riega, Victorino Novo, Remigio Caula, Benito Losada, Neira Cancela, Aureliano J. Pereira, Concepción Arenal, Emilio Fernández Vaamonde, o viveirense Luís Sipos, etc.

Centrándonos neses oito poemas de Antonio F. Grilo dedicados a Mondariz na revista en cuestión diremos que presentan un estilo caracterizado pola brevidade, a sinxeleza expresiva e o predominio das rimas consonantes. Así e todo, manéxanse neles diversas combinacións e medidas de versos, tanto de arte maior como menor, o que sen dúbida dota de certa variedade propositada o conxunto.

Tres son as notas temático-ideolóxicas que merecen destacarse, coidamos, nese pequeno feixe poético. En primeiro termo, a exaltación paisaxística e dos encantos naturais da zona, representados polas fontes de Gándara e Troncoso, loxicamente, mais tamén polos camiños, os bosques de piñeiros, as parras, as montañas, o río, o val...

En segundo, a relixiosidade. Disque a curación por intercesión da Virxe da Fuensanta cordobesa dunha doenza que padeceu na vista durante a súa mocidade foi determinante para un arraigado sentimento devoto en Antonio F. Grilo, que se plasmou en numerosos poemas e que aparece de cheo, como pode comprobarse, nesta serie dos oito poemas ambientados en Mondariz. A propia condición salutífera das augas non deixa de ser vista por el como un don precioso e gratuíto da divindade; a crenza no seu poder curativo repousa asemade na devoción relixiosa e as belezas e encantos do val do Tea permiten contemplar mellor que en ningures a omnipotencia divina.

Polo demais, un deses poemas constitúe un canto á Capela de Troncoso, dedicada nesa altura aínda á Virxe do Carme e retratada durante unha misa dominical, á que acoden as bañistas ataviadas con algunhas galas “castizas”, como a mantilla. Esa capela, como é sabido, pasaría a ser igrexa parroquial en 1904, coa Virxe de Lourdes como nova veneranda, mentres que nas inmediacións do futuro Gran Hotel ergueuse e inaugurouse algo máis tarde, o 16 de xullo de 1898, outra capela, coñecida como “do Bosque”, que asumiu a advocación carmela abandonada pola de Troncoso. Nesa Capela do Bosque casaría en 1925 unha filla do empresario, Avelina Peinador Porrúa, con Isidro Parga Pondal.

Dos oito textos a Mondariz publicados por Grilo en La Ilustración Española y Americana foi ese titulado “La capilla” o único que reproduciu algún tempo despois nas súas planas a revista La Temporada de Mondariz. Fíxoo, concretamente, no exemplar correspondente ao ano XXXIII, núm. 7, 24 de xullo de 1921, páx. 2. Outro poema do cordobés, aínda que sen relación temática directa con Mondariz, vería tamén lume no exemplar de La Temporada correspondente ao 23 de xuño de 1918. Referímonos ao titulado “El salón de máquinas”, que se publicara orixinariamente no Álbum-Almanaque de La Ilustración Española y Americana para 1897.

A terceira e derradeira nota ideolóxico-temática do conxunto de poemas dedicado por Grilo a Mondariz, en fin, ten a ver co “hábil caneo” por parte do escritor dalgúns dos aspectos socialmente menos xustos e moralmente máis “conflitivos” que lle coubo contemplar, inevitabelmente, na súa estadía en terras do Tea. Tal é o caso da mendicidade e da pobreza infantil, encarnadas pola nena xordomuda coa que se atopou camiño da fonte e pola rapariga que amenizaba con música de arpa os opíparos banquetes dispensado aos hóspedes do balneario. En ambos casos, Grilo envolve e mitiga a crueza do que ve en compensadoras alusións e etéreas referencias de teor relixioso, que no seu xeito de ver debían servir de presunto consolo para o drama desas dúas meniñas representantes dos estratos máis desfavorecidos naquela sociedade.

Debemos reparar, por último, no implícito diálogo que Grilo estabelece nalgún dos versos do seu “Mondariz al anochecer” co poema “Unha noite no xardín sentada” de Curros Enríquez, de quen, polo que se deduce, foi atento lector. Non sería descartábel que, aínda coñecéndose e tratándose con anterioridade nos ambientes literarios e xornalísticos madrileños, Grilo e Curros coincidisen nalgún momento como usuarios do balneario mondarizano.

Eses oito poemas de Grilo a Mondariz din así:

 

LA FUENTE

 

¡Oh dulce manantial sabroso y tibio!

¡Oh fuente de salud férvida y sana!

Aquí la puso Dios para el alivio

Y aquí perpetua y solitaria mana.

En medio de estas plácidas orillas

Franca es la entrada y la salud es cierta;

Llegad hasta la fuente de rodillas;

¡La botica de Dios tenéis abierta!

Aislada en un peñasco del camino,

Ni salta en ondas ni murmura recio;

Otro vaso al enfermo peregrino

Y á rezar y á creer; ¡ese es el precio!

 


MONDARIZ AL ANOCHECER

 

A lo lejos se ve el caserío

Del crepúsculo envuelto en la luz;

El relente ya tiene rocío;

Ya está obscura la margen del río,

Y la selva, y la ermita y la cruz!

En la rústica choza cerrada

Ecos tristes oyéndose están;

Tal vez es la mansión encantada

Donde llora una nena coitada

Os desdéns de un ingrato galán! 



CAMINO DE LA FUENTE

(A UNA MENDIGA, NIÑA SORDO-MUDA)

 

Muda y sorda es la niña: ¡bendita sea!

Ni me escucha ni habla; ¡Dios lo ha querido!

Y cuando tan risueña va por la aldea,

¿Qué le dirán los ángeles en el oído?

¡Ay! tal vez aquí abajo Dios la mantiene

De su propio silencio siendo cautiva,

Porque nadie descubra de dónde viene

Y que ninguno sepa lo que hay arriba !!

 


LA MENDIGA DEL ARPA

(EN LA MESA DEL BALNEARIO)

 

Todos á la mesa están;

La niña canta y sonríe,

Y su mirada se engríe

En un pedazo de pan.

Ni escucho el aire ligero

Ni oigo la doliente letra,

Que en mi corazón penetra

Como una punta de acero!

Sus notas se van ahogando

De la mesa en el estruendo;

¡Todos comiendo y comiendo!,

¡Y ella cantando... y cantando!

Mas si otra niña la besa

Y la ampara dulcemente,

¡Quizá la Virgen se siente

Por las noches á su mesa!

 

BAJO UNA PARRA DE MONDARIZ.

 

De un gallo acerca el aire

La voz lejana;

Se filtra por las hojas

El sol poniente;

Y al eco melancólico

De una campana,

Se destrenza llorando

Sola la fuente.

La luna blanquecina

Como un sudario,

Borrosa en claridades

De luz febea,

Se asoma al hueco roto

De un campanario,

Para ver lo que pasa

Dentro la aldea.

 


LA CAPILLA

 

¡Hoy es domingo! Toda de gala

La alta capilla recibe al sol,

Y con la púrpura de una bengala

Finge la ojiva su tornasol.

No hay cara hermosa sin la mantilla;

¡Con la mantilla las hay que ver!

Á sus mujeres la dió Sevilla,

Y es el encanto de la mujer.

Su último toque da la campana;

Ya el sacerdote vestido está,

Y á misa acude la caravana

Que el agua pura bebiendo va.

De mansedumbres cristianas llenos,

Todos dan gracias al Redentor;

Los que están buenos… porque están buenos;

Los que están malos… para ir mejor!

¡Se alza la Forma! La luz pasando

Le hace de rayos arco triunfal,

Mientras las notas van resbalando

De la sonora marcha Real.

Blanca y humilde, pobre y sencilla,

Bajo su nave me hallo feliz;

Soy un devoto de la capilla,

De la capilla de Mondariz!

 


LOS PINOS DE MONDARIZ

 

Pinares de las cumbres solitarias

Ola verde que ondula desigual;

Testigos de las citas legendarias;

Escolta del divino manantial;

Llenáis de vida el campesino ambiente

Y completáis del agua la virtud;

¡Vivid! vivid para velar la Fuente

Que devuelve al enfermo la salud!

 


AL PIÉ DE LA MONTAÑA

 

¡Omnipotente Señor

Que la luna alzando vas

Sobre el valle seductor!

¡Aquí te descubres más,

Porque te miran mejor!

Debemos poñer fin a estas liñas, mais non sen antes engadir que, morto Antonio F. Grilo en 1906, os responsábeis do Balneario de Mondariz tiveron a gala homenaxealo posteriormente en, cando menos, dúas ocasións.

Efectivamente, o recitado da composición “Las ermitas de Córdoba” dese poeta “al que tantas veces admiramos”, en palabras do propio Peinador (La Temporada de Mondariz, ano XIX, núm. 13, 25 de agosto de 1907, p. 2), fixo parte do programa da velada celebrada no Balneario en honra ao bispo de Madrid-Alcalá a finais de agosto de 1907. Nesa ocasión foi o mozo mallorquino Antonio Font o encargado do recitado.

Da mesma maneira, no verán de 1911 e no transcurso dun concerto que tiña como obxecto recadar fondos con destino aos bañistas pobres do Asilo de Mondariz (La Temporada de Mondariz, ano XXIII, núm. 10, 6 de agosto de 1911, p. 2), outro mozo chamado Eduardo Galván recitou novamente ese mesmo poema do vate cordobés.


[PUBLICADO ORIXINARIAMENTE NA REVISTA MONDARICUS, 2022]

Article 0

$
0
0

 

PRESENTACIÓN DA EDICIÓN FACSÍMILE DE VERDADES COMO PUÑOS, DE TALADRID CATÁ.

Consello da Cultura Galega, Compostela, 17/7/2024

 

En primeiro lugar, quero expresar o meu sincero agradecemento ao Consello (Núñez Seixas, Rosario Álvarez...) pola encarga no seu día do Limiar que compuxen, pola confianza que tal encarga demostra e pola oportunidade que así tiven de mergullarme nun tema e nunha figura que remiten, en derradeiro extremo, para a vila en que nacín, sempre foco do meu interese investigador. A obra que hoxe presentamos alude e relaciónase cun anaco polémico e controvertido da historia local viveirense, mais contén ingredientes que a fan asemade reveladora e sintomática a ollos de calquera persoa curiosa da propia historia colectiva galega e española.

En segundo lugar, quero destacar a oportunidade da reedición facsimilar dun texto moi difícil de encontrar xa en librarías de vello ou de lance e de presenza tamén moi escasa nas bibliotecas públicas. É de agardar que ao facilitar agora o acceso a esta fonte, moitos traballos e reflexións sobre o mundo educativo, o fenómeno das sociedades de instrución en América e sobre a dinámica política do período histórico de referencia se beneficien dela. Tornar accesíbel esta obra permitirá, estou certo, que se corrobore un dos obxectivos que, en palabras de Charo Álvarez, tivo desde o primeiro día esta colección de “Clásicos da Emigración”, isto é, “coñecer polo miúdo, fóra de estereotipos e simplificacións” o fenómeno migratorio galego, con todas as súas influencias e derivadas na sociedade.

En terceiro lugar, gustaría de subliñar que o autor de Verdades como puños, Justo Taladrid Catá (Magazos, 1864-A Coruña, 1938) encarnou no seu tempo coma poucos o prototipo de indiano e de líder étnico dentro das comunidade galega, particularmente viveirense, emigrada en Cuba, con todas as súas luces e sombras.

Emigrante na Pérola das Antillas desde case a nenez e empresario de éxito canda varios irmáns no sector do tabaco e da sedaría na Habana, Taladrid, á calor das propagandas rexeneracionistas feitas en América polo catedrático Rafael Altamira e polo seu asistente Francisco Alvarado Albo (viveirense), puxo en marcha en 1910 en Cuba, axudado por Vicente Otero Cao, Tomás Ramos Riguera e outros, a sociedade de instrución “Vivero y su Comarca”, que chegou a contar coas súas propias publicacións: Vivero en Cuba (1911-1957, con interrupcións), Pro-Galicia (1911-1912, só catro números) e Labor Gallega (1913-1917). Todas elas editáronse na capital cubana.

Co seu esforzo e liderado, Taladrid foi quen de mobilizar un colectivo humano de moitos centos de persoas, de crear delegacións en moitas capitais e de promover a construción e dotación de máis de medio cento longo de centros escolares en todos os concellos da Terra de Viveiro: a propia vila do Landrove con todas as súas parroquias en mais en Muras, Ourol, Xove, Cervo e Riobarba (actual O Vicedo).

Mais aconteceu que, entrecruzado con ese labor filantrópico, despregou tamén Taladrid, desde o primeiro día, un destacado rol de axente político, recadador de votos, diñeiros e influencias, para o deputado Soto Reguera, que monopolizou a representación electoral do distrito viveirense nas Cortes entre 1910 e 1923 e prolongou o seu dominio na zona durante toda a Ditadura primorriverista. Semellante enfeudamento a un dos bandos da política “turnista” e caciquil foi criticado xa desde un comezo por non poucos sectores da sociedade viveirense, entre os que cabe lembrar os irmáns Villar Ponte.

Esa conexión política con Soto Reguera levou a Taladrid a escribir e publicar en 1931, cando o furacán republicano varreu as vellas hexemonías políticas, un folleto titulado Progreso del Distrito de Vivero en los años 1910 a 1923, que en moitos sentidos cabe considerar precedente do Verdades como puños posterior, na medida en que en ambos transloce o afán reivindicativo, cabe dicir auto-xustificativo, da propia traxectoria pública seguida polo autor.

Neste sentido, non pode catalogarse Verdades como puños senón como un libelo polémico, co que Taladrid tentou rebater as múltiplas voces que na sociedade viveirense da época o sinalaban, e non sen razóns, como principal causante da continua demora no proceso de consecución dun ansiado Grupo Escolar, demanda que fora formulada por vez primeira nas planas do semanario Heraldo de Vivero en 1923 e que non atinxiría plena realización ata os primeiros anos da posguerra franquista, tras sucesivos intentos de ser levada adiante.

Os diferentes alcaldes de Viveiro nesa etapa (José Santiago Seijo, Eugenio Pérez Abadín, Ramón Villar Ponte, de novo Santiago Seijo, Balbino Cerdeiras Rei...), interesados loxicamente en que o Grupo Escolar fose adiante, atoparon en Taladrid un poderoso freo, na medida en que mobilizou as súas moitas influencias nos despachos oficiais, os seus diñeiros e durante un tempo tamén a propia sociedade de instrución que representaba, “Vivero y su Comarca”, para, por dicilo graficamente, poñer todo tipo de paus na roda do proxecto. Nada resulta máis revelador e elocuente en todo o proceso, neste sentido, que o feito de que acabase producíndose unha ruptura total entre os directivos da entidade en Cuba, encabezados polo tamén indiano rico Antonio Rodríguez Vázquez, e a figura do seu presidente-fundador.

Semellante actitude obstrucionista por parte de Taladrid Catá espertou asemade a suspicacia, primeiro, e a ira, despois, de variadas organizacións sindicais e políticas, desexosas de que o ensino fose para os nenos e nenas de Viveiro un dereito universal e realmente accesíbel, que tal era o que estaba en xogo nesa polémica, en derradeira instancia, mais tamén do inspector educativo Luís Soto Menor e da Asociación de Mestres Nacionais do Partido de Viveiro, animada por docentes como José Mª Pereda e Ángel Fraga Orosa, os cales redactarían e publicarían a comezos de 1936 unha resposta impresa ao libelo de Taladrid, baixo o título de Pulverizando insidias o verdades como montañas.

Finalmente, gustaría de sintetizar o miolo de Verdades como puños salientando que nel se entrecruzan e se ventilan, desde a particular visión que Taladrid Catá tiña deles, tres grandes asuntos ou cuestións de debate público naquela época:

-         Cal debía ser o rol dos emigrados e das súas sociedades de instrución no alargamento do sistema educativo e en que medida debían aqueles coordinarse e supeditarse ou non á acción estatal, ministerial e pública. O “intrusismo” de Taladrid e o seu afán de influír e determinar as decisións públicas sobre a xestión do ensino público na zona están na base de toda a polémica creada.

-         Que visión do ensino debía predominar nos enfoques didáctico-pedagóxicos a aplicar nas escolas: coeducación ou segregación por xénero?; preparación de enfoque meramente utilitarista ou formación integral do alumnado?; marxinación da lingua galega nas aulas e nos materiais educativos ou inclusión dela como principio elemental, ao xeito do feito por Ánxel Casal desde 1924 nas súas Escolas do Ensiño Galego na Coruña?, etc, etc. Non haberá que dicir que as posicións de Taladrid Catá neses e noutros debates de índole semellante abeiraron sempre aos enfoques máis refractarios a toda innovación e ás filosofías máis conservadoras, mesmo reaccionarias.

-       Que sectores da sociedade local viveirense ou que grupos de poder debían exercer a hexemonía institucional e pública naquel Viveiro de finais dos anos 20-comezos dos 30, con mudanza de réxime polo medio. A deriva ideolóxica de Taladrid acompasouse decote á do seu admirado Soto Reguera, o cal quere dicir que facía parte, como tamén o prologuista da obra, Salvador Pérez-Labarta Pillado, das hostes do Bloque Nacional calvosotelista nas vésperas de que se producise o golpe de estado falido contra a República e se iniciase a guerra do 36. Nesa tesitura, o apoio público e financeiro de Taladrid Catá ao bando dos sublevados foi tan notorio como abundante, o que axuda a entender, en ollada retrospectiva, todo o conflito que se viviu arredor do Grupo Escolar e a circunstancia de que un dos contraditores principais de Taladrid, o mestre da escola de Vieiro Ángel Fraga Orosa (parente, por certo, de Manuel Fraga Iribarne), fose un dos primeiros fusilados na represión feroz que se abateu entón sobre o país.

Remato xa subliñando o detalle, seguramente intranscendente para a Historia con maiúscula pero decisivo para a miña particular, de que eu que prologo agora esta edición de Verdades como puños gocei na miña infancia da condición de alumno dese Grupo Escolar viveirense. Se non hai certeza posíbel sobre a predestinación e o destino, se cadra detalles como este axudan a pensar que talvez existan... Dixen.

Article 0

$
0
0

 


NOVO VOLUME DA BIBLIOTECA “EMILIO ANTONIO ÍNSUA GARCÍA” DE ESTUDOS VIVEIRENSES

A Biblioteca “Emilio Antonio Ínsua García” de Estudos Viveirenses acaba de publicar o seu terceiro volume, despois dos anteriores dedicados aos literatos Xoán Pla Zubiri e Luís Sipos Magniac.

Nesta ocasión a figura abordada é Vicente Sergio López, un dos compoñentes no seu día da célebre comparsa dos “Armantes”. Rescátanse no libro máis dunha vintena de textos da súa autoría e reconstrúese a súa particular peripecia vital, truncada en flor cando apenas contaba trinta e tres anos de idade.

Esta edición de Vicente Sergio López (1848-1881). Unha promesa truncada das letras viveirenses, preparada por Emilio Xosé Ínsua, ten carácter non venal. As persoas interesadas en dispoñer dun exemplar poden recollelo de maneira totalmente gratuíta no local das Gráficas Neira Brochs, na rúa da Zapatería, núm. 27, de Viveiro, no horario habitual de atención ao público do establecemento.

En vindeiras datas está previsto que se realice unha presentación pública do libro en Viveiro, que será anunciada oportunamente.

Viewing all 101 articles
Browse latest View live